Abadía de Saint-Remi
O Museo Saint-Remi é un museo de arqueoloxía e museo de arte en Reims, Francia. O museo atópase na antiga Abadía de Saint-Remi, fundada no século VI e que gardaba desde 1099 as reliquias de San Remixio (o bispo de Reims que converteu ao rei franco Clodoveo I ao cristianismo no 496). A Basílica de Saint-Remi, adxacente a ela e consagrada en 1049, foi a súa igrexa abacial. Ambos edificios están catalogados como parte dun Patrimonio da Humanidade da UNESCO desde 1991 debido á súa arquitectura e importancia sobresaliente na monarquía francesa primitiva.[1]
Tipo | museo | |||
---|---|---|---|---|
Localización | ||||
División administrativa | Reims, Francia | |||
Localización | Abadia de Saint-Remi (pt) | |||
| ||||
Actividade | ||||
Visitantes anuais | 33.440 (2014) | |||
Premios | musée de France (en) | |||
Páxina web | musees-reims.fr… | |||
Edificio
editarOs escuros[2] orixes da gran abadía de Reims atópase nunha pequena capela do século VI dedicada a San Cristovo. O éxito da abadía baseouse na adquisición das reliquias de San Remi no 553, posteriormente chegáronlle agasallos de piadosos doadores. No século IX a abadía posuía uns 700 dominios e quizais era a máis ricamente dotada de Francia. Parece probable que os sacerdotes seculares fosen os primeiros gardiáns das reliquias, pero foron sucedidos polos beneditinos. Desde o 780 ata o 945 os arcebispos de Reims serviron como seus abades. Na abadía Carlomagno recibiu ao Papa León III.
En 1005 o abade Aviard comprometeuse a reconstruír a igrexa de St-Remy, e durante vinte anos a obra continuou ininterrompidamente antes de que a bóveda se derrubara, sen dúbida por un contraforte insuficiente. O abade Teodorico erixiu a magnífica basílica que sobrevive e que o papa León IX consagrou en 1049 e á que concedeu moitos privilexios. A biblioteca da abadía e as súas escolas tiñan unha reputación tan alta que o papa Alexandre III escribiu unha carta de eloxio ao abade Pedro, que sobrevive.
Os anos de arredor de 1170 a 1180 trouxeron novas reconstrucións, esta vez para o coro. O propósito de substituír a curta sección oriental da igrexa románica foi crear un interior máis grande e espazos para o santuario de San Remy. O santuario separouse da súa localización anterior, xunto ao altar, e trasladouse máis ao leste.[3]
Entre os ilustres abades posteriores, todos procedentes da alta nobreza, pódense citar: Henri de Lorraine (1622–1641), quen afiliou a abadía á Congregación de San Mauro, Jacques-Nicolas Colbert (1665), máis tarde arcebispo de Rouen, Charles Maurice Le Tellier (1680–1710), e Joseph de Rochechouart, nomeado abade polo rei en 1745.
Moitos obxectos valiosos da abadía foron saqueados no período da Revolución Francesa e a Santa Ampola da coroación dos reis de Francia gardada na abadía foi destruída en 1793, pero as vidreiras do século XII permanecen.
A abadía de Saint-Remi, xunto coa próxima catedral de Notre-Dame de Reims e o Palacio de Tau, convertéronse en Patrimonio da Humanidade da UNESCO en 1991.[1]
Coleccións
editarO museo contén tapices do século XVI doados polo arcebispo Robert de Lenoncourt (tío do cardeal do mesmo nome), capiteis de mármore do século IV d.C., mobles, xoias, cerámica, armas e vidro dos séculos VI a VIII, escultura medieval, a fachada da Casa dos Músicos do século XIII, restos dun edificio abacial anterior, e tamén exposicións de artes e oficios galorromanas e unha sala de cerámica, xoiería e armas da civilización gala, así como unha exposición de elementos dende o Paleolítico ata o Neolítico. Outra sección do museo presenta unha exposición militar permanente.
Notas
editar- Referencias
- ↑ 1,0 1,1 "Cathedral of Notre-Dame, Former Abbey of Saint-Rémi and Palace of Tau, Reims". UNESCO World Heritage Centre. United Nations Educational, Scientific, and Cultural Organization. Consultado o 17 de outubro de 2021.
- ↑ Catholic Encyclopedia, 1911, s.v. "Abbey of Saint Remy"
- ↑ Wilson 2008, p.60, 62
Véxase tamén
editarWikimedia Commons ten máis contidos multimedia na categoría: Abadía de Saint-Remi |