Kutná Hora é unha vila da República Checa, capital do distrito do mesmo nome na rexión de Bohemia Central. En 2013 tiña 20.470 habitantes.

Modelo:Xeografía políticaKutná Hora
Imaxe

Localización
Mapa
 49°56′53″N 15°16′05″L / 49.948, 15.268
PaísRepública Checa
Regiões da República Checa (pt) TraducirBohemia Central
Distrito da República ChecaKutná Hora (pt) Traducir Editar o valor en Wikidata
Capital de
Contén a división administrativa
Poboación
Poboación21.556 (2024) Editar o valor en Wikidata (651,8 hab./km²)
Xeografía
Superficie33,071625 km² Editar o valor en Wikidata
Bañado porBylanka (en) Traducir e Vrchlice (en) Traducir Editar o valor en Wikidata
Altitude254 m Editar o valor en Wikidata
Comparte fronteira con
Grunta (pt) Traducir
Křesetice (pt) Traducir
Malešov (pt) Traducir
Miskovice (pt) Traducir
Hlízov (pt) Traducir
Třebešice (pt) Traducir
Církvice (pt) Traducir
Nové Dvory (pt) Traducir
Libenice (pt) Traducir
Kluky (pt) Traducir Editar o valor en Wikidata
Organización política
• Xefe do gobernoLukáš Seifert (en) Traducir (2022–) Editar o valor en Wikidata
Membro de
Identificador descritivo
Código postal284 01, 284 03 e 284 04 Editar o valor en Wikidata
Outro
Irmandado con
Kamianets-Podilskyi (pt) Traducir (2008–) Editar o valor en Wikidata

Páxina webkutnahora.cz Editar o valor en Wikidata

Historia

editar

A vila naceu no século XIII, ligada ás minas de prata que hai nas proximidades, se ben a explotación das mesmas data polo menos do século X, pois atopáronse dínares de prata de finais dese século no asentamento de Malín. Tivo unha grande riqueza económica por mor do título outorgado por Venceslau II de Bohemia, e até o século XVI tivo gran relevancia, chegando a competir con Praga en poder económico, cultural e político.

En 1420 o emperador Sexismundo estableceu na vila a base militar desde onde atacar os taboritas durante as guerras husitas. Esta campaña militar acabou coa toma da cidade por Jan Žižka, que a levou a outro período de esplendor económico. Porén, despois da reconciliación das partes contendentes, a vila foi incendiada polas tropas imperiais para evitar que volvese caer en mans dos Taboritas.

En 1541 as minas sufriron unha inundación, e a insurrección de Bohemia contra Fernando I de Habsburgo fixo que a cidade perdese os seus privilexios. A Guerra dos Trinta Anos e varias epidemias de peste fixeron que a vila perdese definitivamente toda a importancia que tivera no pasado.

Patrimonio

editar

O centro histórico de Kutná Hora foi declarado Patrimonio da Humanidade pola Unesco en 1995, destacando nel a Igrexa de Santa Bárbara (iniciada en 1388 e rematada en 1905) e a Catedral da Nosa Señora en Sedlec[1].

Outros lugares de interese son a capela do Corpus Christi, o Castelo Real (tamén chamado Patio Italiano), o claustro das Ursulinas (século XVIII), a colexiata de Santiago, o colegio dos Xesuítas, a columna votiva da peste e as igrexas de Santiago e San Xoán Nepomuceno.

No barrio de Sedlec están dous dos monumentos máis importantes da vila: a Capela funeraria de Todos os Santos, co seu osario, e a igrexa da Nosa Señora.

Galería de imaxes

editar

Cidades irmandadas

editar

Véxase tamén

editar

Outros artigos

editar
  • Kutnohorita, mineral así chamado por ser descuberto nas minas da vila.

Ligazóns externas

editar