Coordenadas: 35°10′53.24″N 136°54′22.99″L / 35.1814556, -136.9063861

Nagoia (en xaponés 名古屋市, なごやし, Nagoya-shi) é unha cidade e porto do Xapón, centro da terceira aglomeración do país tras Toquio e Osaka, capital da prefectura de Aichi. En setembro de 2012, a cidade tiña unha poboación duns 2.266.693 habitantes, cunha densidade de 6.940 habitantes / km² nunha área de 326 km².

Nagoia
名古屋市
Flag of Nagoya, Aichi.svg
Emblem of Nagoya, Aichi.svg
Japan Nagoya.png
Vistas da cidade
Localización
Nagoia en Xapón
Nagoia
Nagoia
PaísFlag of Japan.svg Xapón
RexiónChūbu
PrefecturaPrefectura de Aichi
Xeografía
Altitude5 msnm
Superficie326,43 km²
Demografía
Poboación2.266.249 hab. (2011)
Densidadehab/km²
Outros datos
AlcaldeTakashi Kawamura
Páxina oficial de Nagoia

Situada no fondo da Baía de Ise, que se abre ao Pacífico, no centro da Illa de Honshu, goza desa posición estratéxica entre as dúas grandes megalópoles xaponesas, a de Tokyo ao nordeste e a de Osaka ao suroeste.

Ten a súa orixe na construción dun castelo en 1610 polo poderoso clan dos Tokugawa cando estabeleceron o réxime do terceiro shogunato no Xapón.

A cidade moderna coñecida como Nagoia (ás veces transcrito Nagoya) foi fundada oficialmente o 1 de outubro de 1889, após o período Edo. Nesas datas entre a restauración Meiji e o paso ao Xapón Imperial desenvólvese en Nagoia a porcelana de Kawana e conéctase a cidade coa rede de ferrocarril. Antes da IIGM convértese nun foco industrial produtor de automóbiles, e no transcurso da guerra, en 1945 foi completamente destruída.

En 2005 foi sede da Exposición Universal de Aichi en terreos ao nordés da cidade.


EconomíaEditar

Nagoia é o centro da Gran Nagoia, que representou case o 70% do superávit comercial do Xapón a principios deste século.

A principal industria é a do automóbil. A marca Lexus de Toyota, unha división de I+D de Mitsubishi Motors e moitos provedores como Denso, Aisin Seiki Co. Magna, PPG ou JTEKT teñen a súa sede en Nagoia ou nos suburbios.

Outras empresas importantes son NGK, Nippon SHARYO (fabricante dos trens bala eléctricos Shinkansen e Hoshizaki), Marukawa (alimenticia) e tamén unha considerable industria aeroespacial (Boeing, Pratt & Whitney, Bodycote, Kawasaki Hi, Spirit AeroSystems e Fuji Heavy Industries). A produción de robots é outra industria en rápido desenvolvemento. Ademais a robótica, a industria de enxeñaría de materiais tamén se está a desenvolver nesta área.

Noritake é unha empresa de cerámica, produción típica da zona desde o perído Edo. Os monicreques mecanizados, chamados "Karakuri Ningyo", son outra artesanía tradicional.

 
Castelo de Nagoia

División administrativaEditar

O concello de Nagoya divídese en 16 barrios (ku 区):

UniversidadesEditar

Cidades irmandadasEditar

Véxase taménEditar

Outros artigosEditar

Ligazóns externasEditar


 
 Este artigo sobre xeografía é, polo de agora, só un bosquexo. Traballa nel para axudar a contribuír a que a Galipedia mellore e medre.
 Existen igualmente outros artigos relacionados con este tema nos que tamén podes contribuír.