O período Edo (江戸時代 Edo jidai?), tamén coñecido como período Tokugawa (徳川時代 Tokugawa -jidai?) é unha división da historia do Xapón, que abrangue dende o 24 de marzo de 1603 até o 3 de maio de 1868.

Ieyasu Tokugawa, o primeiro shōgun Tokugawa.

O período delimita o goberno do shogunato Tokugawa ou Edo, que ademais foi estabelecido oficialmente en 1603 polo primeiro shōgun Tokugawa, Tokugawa Ieyasu. O período Edo rematou en 1868 coa restauración do goberno imperial por parte do 15º e derradeiro shōgun Yoshinobu Tokugawa. A fin do período Edo tamén se caracteriza polo comezo do período imperial.

Goberno do shōgun e os daimyō editar

 
Maqueta de Kumamoto e o Castelo Kumamoto durante o Período Edo.

Tokugawa Ieyasu, o principal beneficiado dos logros de Oda Nobunaga e de Hideyoshi Toyotomi, era un daimyō podente da rica rexión de Kantō. Posuía terras de 2,5 millóns de koku e posteriormente estabeleceuse en Edo (actual Toquio) engadindo ás súas propiedades terras de 2 millóns de koku. Despois da muerte de Hideyoshi, axiña buscou manter o control sobre a familia Toyotomi.

A vitoria do exército de Ieyasu sobre os daimyō do oeste na Batalla de Sekigahara do ano 1600, deulle o dominio case total sobre o Xapón. Despois de estabelecer un sistema de dominio mediante a desaparición dos seus inimigos e un estrito control sobre outros daimyo, Ieyasu instalou ó seu fillo Tokugawa Hidetada baixo o título de shōgun e nomeouse a si mesmo como shōgun retirado en 1605. Os Toyotomi aínda eran unha ameaza para a súa causa, polo que dedicou toda unha década para erradicalos. En 1615, a fortificación dos Toyotomi en Osaca foi destruída polo exército de Tokugawa.

O período Edo trouxo ao Xapón 250 anos de estabilidade. O sistema político evolucionou cara o bakuhan. No bakuhan, o shōgun gozaba da autoridade nacional mentres que os daimyo a autoridade rexional. A burocracia aumentou durante este período co devezo de administrar a combinación de goberno centralizado e descentralizado. Os Tokugawa afiuzaron o seu poder durante o primeiro século do seu goberno: a distribución da terra proporcionáballes preto de sete millóns de koku e o control sobre as cidades máis importantes.

Véxase tamén editar

Outros artigos editar

Ligazóns externas editar