Para termos de orixe xaponesa a pronunciación e escritura danse entre parénteses, por exemplo:

Tokio (東京都 Tōkyō-to?)

Toquio é a escritura galega, 東京都 é a escritura xaponesa e Tōkyō-to é unha guía para a pronunciación xaponesa ou romanización.

Ortografía xaponesa

editar
Artigo principal: Escrita xaponesa.

O texto en xaponés é unha mestura de ideogramas kanji e dous silabarios kana. Moitos kanji teñen a súa orixe na China e representan xeralmente ideas. 東京都 (Tōkyō-to) literalmente significa leste (東) + capital (京) + metrópole (都), gran capital do leste. Os kana (chamados hiragana e katakana) son derivados de trazos simples de kanji e empregados para denotar sons. する (suru, lit. facer) = す (su) + る (ru). O hiragana úsase para palabras de orixe xaponesa e chinesa, mentres que o katakana úsase para palabras estranxeiras a modo de préstamos lingüísticos (o 11% dos termos en xaponés son de orixe estranxeira).

Pronunciación do xaponés

editar

Na Galipedia emprégase a versión revisada da romanización Hepburn para representar os sons do xaponés en letras romanas.

Vogais

editar
  • As vogais a, e, i e o pronuncianse xeralmente da mesma forma ca no castelán. É preciso ter en conta que en galego as vogais e e o teñen dúas pronuncias, mentres que só existe unha por vocal no xaponés.
  • A vogal u é semellante ao galego, pero sen redondear os beizos.
  • As vogais xaponesas poden ser tanto longas como curtas. As vogais longas duran o dobre ca unha vogal curta e son romanizadas en Hepburn empregando un macrón¯ ).
    • Os sons de o e u longos escribense normalmente con macróns como ō e ū, tanto en térmos escritos en hiragana e kanji (vogais longas お e う) e katakana (chōon ー). Exemplos:
  1. ゆき, yuki (neve); ゆき, yūki (valor)
  2. とる, toru (tomar); とる, tōru (pasar)
  3. ここ, koko (acó); こ, kōkō (bacharelato)
  4. ト, nōto (caderno)
  5. パー, sū (supermercado)
  • Os sons de e e i longos escribense normalmente como ee, ei e ii (en termos escritos en hiragana e kanji) ou coma ē e ī (en termos escritos en katakana). No caso de ei, é un son de e longo. Exemplos:
  1. え, e (debuxo); え, ee (si)
  2. へや, heya (habitación); へや, heiya (chaira)
  3. おじさん, ojisan (tío); おじさん, ojiisan (avó)
  4. プ, tēpu (cinta)
  5. タクシ, takushī (taxi)
  • O son do a longa escríbese normalmente coma aa (en termos escritos en hiragana e kanji) ou coma ā (en termos en katakana).

Exemplos:

  1. おばさん, obasan (tía); おばさん, obaasan (avoa)
  2. ド, kādo (tarxeta)

Mora n

editar
  • Unha n (ん) antes dunha consoante considérase unha mora. Exemplo: えぴつ, enpitsu (lapis).
  • Unha mora n seguida por unha vogal ou y escríbese coma n' para evitar confundila cunha n de comezo de sílaba; a ' indica unha breve pausa na pronunciación. Exemplo:
  1. い, tan'i (unidade); たに, tani (val)
  2. よみ, kun'yomi
  • A mora n ten varias formas fonéticas:
    • Unha mora n antes de k ou g pronúnciase [ŋ], exactamente coma ocorre co son da n antes de /g/ no galego (tango).
    • Unha mora n antes de m, b ou p pronúnciase coma [m]. Escríbese coma m na versión orixinal de Hepburn, pero escríbese n no Hepburn modificado. Exemplo: せんぱい, sempai (Hepburn orixinal); senpai (Hepburn modificado).
    • Noutros casos pronúnciase coma [n].

Consoantes

editar
  • As pronunciacións das consoantes b, ch, d, k, m, n (agás cando é mora), p, s (agás sh), e t son semellantes ao galego.
  • O y pronúnciase coma o i en palabras do galego antigo que teñen un i diante de vogal, coma en ialma.
  • O f pronúnciase máis suave, en especial coa sílaba fu (ふ) que se asemella a unha h aspirada.
  • O g pronúnciase coma en gañar ou algodón.
  • O h pronúnciase como as palabras con gheada, como en ghato, aínda que un chisco máis suave.
  • O j pronúnciase coma a palabra inglesa jar, parecido a unha ll.
  • O r pronúnciase coma unha mestura de r suave ou l, lixeiramente semellante á r de pero ou arado, mais nunca á rata.
  • O sh pronúnciase coma o x en galego en palabras patronímicas coma xeo.
  • O z pronúnciase coma a palabra inglesa zero.
  • O fonema tsu (つ) débese pronunciar de manera continua, sen facer pausa entre o t e o s.

Uso e edición do modelo

editar

Nota: Podes personaliza-lo teu CSS en /monobook.css que contén o código CSS que queres empregar.

O modelo Nihongo define as seguintes clases para o CSS:

  • t_nihongo_kanji
  • t_nihongo_comma
  • t_nihongo_romaji
  • t_nihongo_norom
  • t_nihongo_help
  • t_nihongo_icon

Exemplos

editar
Efecto desexado CSS
Empregar fonte "SimSun" para o kanji

.t_nihongo_kanji { font-family: SimSun; }

Ocultar kanji:

.t_nihongo_kanji { display: none; }

Amosar unha coma entre o kanji e o romaji:

.t_nihongo_comma { display: inline!important; }

Cambiar a cor do romaji:

.t_nihongo_romaji { color: blue; }

Sempre ocultar el romaji:

.t_nihongo_romaji { display: none; }

Esconder a ligazón a esta páxina:

.t_nihongo_help { display: none; }

Sempre amosar romaji:

.t_nihongo_norom { display: inline!important; }

Uso en artigos

editar

Sintaxe: {{nihongo|Escritura en galego|Escritura en xaponés|Romanización|Comentarios}} Tódolos argumentos son obrigatorios, porén os últimos dous argumentos poden estar baleiros. Se a romanización é idéntica á escritura en galego non se amosará a romanización por defecto.

Se se quere usar este modelo ao comezo do artigo coma o título do mesmo, debe poñerse en letra grosa (''') o primeiro parámetro: {{nihongo|'''Manga'''|漫画|}} é... Amosarase coma:

Manga (漫画?) é...

  Volver á páxina de axuda.