Oda Nobunaga
Oda Nobunaga (織田 信長 Oda Nobunaga (axuda · info)?), nado en 1534 e finado en 1582,[1] foi un destacado daimio (señor feudal) do período Sengoku no período Azuchi-Momoyama da historia do Xapón. Naceu o 23 de xullo de 1534 na Provincia de Owari, mais existen dúbidas sobre o lugar exacto. A teoría máis aceptada defende que naceu no Castelo de Hara (na actual cidade de Inazawa), malia que tamén se fala do Castelo de Furano (en Nagoia).[2] Fillo dun daimio menor da provincia de Owari,[1] coa morte do seu pai loitou contra outros membros da súa familia polo control do clan, e matou un dos seus irmáns no proceso.[3] En 1560, durante a batalla de Okehazama enfrontouse con só 3 000 soldados contra un numeroso exército estimado en 40 000 samurais,[4] comandado por Imagawa Yoshimoto. Grazas a un ataque sorpresa saíu vitorioso e situouse no cumio do poder militar do país.[5]
En 1568, axudou Ashikaga Yoshiaki a ser nomeado shōgun polo emperador, entrando na capital Kyoto co seu exército e tomando o control da cidade.[6] Yoshiaki quería nomealo Kanrei pero negouse e, no canto diso ditou unha serie de regulacións, as cales limitaban a actividade do shogun a practicamente tan só a asuntos cerimoniais. Yoshiaki contactou entón con varios daimyōs e monxes guerreiros para formar unha coalición contra Nobunaga, quen lles afrontou entre 1570 e 1573, ano en que a rivalidade entre o shōgun e Nobunaga se fixo pública e aberta. Nobunaga afrontou Yoshiaki e derrotouno facilmente, poñendo fin ó shogunato Ashikaga.[7]
Notas
editar- ↑ 1,0 1,1 Turnbull 2005b, p. 6
- ↑ "Copia arquivada". Arquivado dende o orixinal o 08 de maio de 2015. Consultado o 08 de maio de 2015.
- ↑ "Samurai wiki" (en inglés). Arquivado dende o orixinal o 25 de febreiro de 2012. Consultado o 25 de decembro de 2009.
- ↑ Berry 1989, p. 36
- ↑ "Nobunaga" (en inglés). Arquivado dende o orixinal o 05 de marzo de 2009. Consultado o 25 de decembro de 2009.
- ↑ (Jansen 1995, p. 146).
- ↑ (Whitney Hall 1988, p. 230).
Véxase tamén
editarWikimedia Commons ten máis contidos multimedia na categoría: Oda Nobunaga |
Ligazóns externas
editar- Biografía de Oda Nobunaga (en alemán)
- Samurai Archives - Oda NobunagaArquivado 06 de xuño de 2017 en Wayback Machine. (en inglés)
- Nobunagaou (en xaponés)
- Crónicas do explorador portugués Fernão Mendez Pinto (en portugués)