Xintoísmo

O xintoísmo[1] (do xaponés Shinto (神道 shintō?), é unha relixión nativa do Xapón. Involucra a adoración dos kami ou espíritos da natureza. Algúns kami son moi locais e son coñecidos coma espíritos ou xenios dun lugar en particular, pero outros representan obxectos naturais maiores e procesos, por exemplo, Amaterasu, a deusa do Sol.

DefiniciónEditar

O termo xinto refírese ás actividades desenvoltas polos xaponeses para venerar a todas as deidades do ceo e da terra; a súa orixe remóntase ós comezos do Xapón.

É considerada a relixión orixinaria do Xapón, un culto popular que pode describirse coma unha maneira sofisticada de animismo naturista con veneración ós antepasados, profundamente identificada coa cultura xaponesa.

NotasEditar

  1. Definicións no Dicionario da Real Academia Galega e no Portal das Palabras para xintoísmo.

Véxase taménEditar