Santuario

Un santuario[1] (do latín sanctuarium) é un lugar sagrado dedicado a unha deidade, devanceiro, heroe, mártir, santo, demo, ou a unha figura de respecto similar, onde é venerada ou adorada. Os santuarios con frecuencia conteñen ídolos, reliquias ou outros obxectos asociados coa figura que se venera.[2] Un santuario en que se fan ofrendas votivas chámase altar.

Santuario a Tin Hau en Repulse Bay, Hong Kong

Os santuarios atópanse en moitas relixións do mundo, incluídas o cristianismo, o islam, o hinduísmo, o budismo, a relixión tradicional chinesa, o xintoísmo, o paganismo xermánico e a fe Bahá'í, así como en ambientes seculares e non relixiosos, como os monumentos de guerra. Os santuarios situánse en contornas diferentes, como igrexas, templos, cemiterios, museos ou no fogar. Os santuarios portátiles tamén aparecen nalgunhas culturas.[3]

Tipos de santuariosEditar

 
Santuario doméstico taoísta chinés (1850-1860), Museo de Bankfield.
 
Peto de ánimas en San Xurxo de Asma, Chantada

Santuarios do temploEditar

Moitos santuarios atópanse dentro dos edificios e nos templos deseñados especificamente para o culto, como as igrexas cristiás ou os mandir do hinduísmo. O santuario adoita ser o centro de atención do edificio, e ten un lugar destacado. Neses casos, os seguidores da fe reúnense dentro do edificio para venerar a deidade no santuario. Na arquitectura clásica do templo, o santuario pode ser sinónimo da cella.

Santuarios domésticosEditar

Historicamente, no hinduísmo, o budismo e o catolicismo, e tamén en relixións modernas como o neopaganismo, é común atopar un santuario dentro da casa ou da tenda.[4] Este santuario adoita ser unha estrutura pequena ou unha configuración de imaxes e figuras dedicadas a unha deidate que é parte da relixión oficial, aos devanceiros ou a unha deidade doméstica.[5]

Santuarios de xardínEditar

No fondo dos xardíns de moitas persoas localízanse pequenos santuarios de diversas relixións. Algúns consisten, no caso do cristianismo, nunha imaxe de Xesucristo, a Virxe María ou un santo nun pedestal; algúns inclúen pinturas ou elementos arquitectónicos. Nos Estados Unidos algúns lembran a altares laterais cunha estatua colocada nun nicho ou gruta e que se coñecen coloquialmente como bathtub Madonna ("bañeira da Virxe").[6]

Santuarios ao bordo dos camiñosEditar

Artigo principal: Peto de ánimas.

En ocasións colócanse nas estradas ou camiños pequenas imaxes, en xeral dentro dalgún pequeno refuxio. Ás veces sitúanse nun asentamento ou nun cruzamento de camiños.

NotasEditar

  1. Definicións no Dicionario da Real Academia Galega e no Portal das Palabras para santuario.
  2. Shrine
  3. Portable shrine
  4. "Buddhist shrines hidden in Chinatown’s shops". Arquivado dende o orixinal o 28 de febreiro de 2007. Consultado o 28 de febreiro de 2007. 
  5. "Household Shrines". Arquivado dende o orixinal o 9 de decembro de 2019. Consultado o 9 de decembro de 2019. 
  6. Front Yard Shrines and Wayside Shrines

Véxase taménEditar

Ligazóns externasEditar