Culto é a adoración a unha deidade, os actos que manifestan exteriormente e en sociedade a fe das persoas.

Comprende os rituais, invocacións, cánticos, peregrinacións e representacións gráficas da relación entre os homes e os deuses ou seres superiores.

Normalmente estes actos desenvólvense en lugares específicos, tales como altares e templos, e poden contar coa axuda de intermediarios, como os sacerdotes.

É un elemento indispensábel da relixión, en tanto que aglutina as crenzas persoais e lles dá unha dimensión pública, que permite a súa institucionalización.

Presupón que se pode manter unha relación cos seres supremos ou as forzas da natureza e a creación.

Véxase tamén editar

Outros artigos editar