Un templo é un edificio destinado ao culto relixioso ou a actividades espirituais, tales como a oración, a realización de sacrificios, ou a celebración doutro tipo de rituais relixiosos. Algunhas tradicións relixiosas manteñen nomes específicos para os seus templos primarios, igrexa no caso do cristianismo, mesquita no islam, pagode no caso de certas tradicións do budismo, sinagoga no caso do xudaísmo, salón do Reino nas Testemuñas de Xehová.

Templo de Bel, en Palmira

Os primeiros templos dos que se teñen noticia foron os de Mesopotamia[1]. Tratábase de edificios rectangulares que co tempo evolucionaron a edificios sobre unha plataforma, dentro dela quedaban os restos do templo anterior, así ata que no século XXI a.C. surdiu o Cigurat, un templo situado sobre varias plataformas de tamaño decrente. Os templos exipcios eran edificios longos, o seu interior dividíase en varias estancias, algunhas con columnas, ata o extremo final onde se atopaba a cela coa estatua do deus onde os exipcios idolatraban aos seus deuses a través de sacerdotes especializados[2]. O helenismo expandiu por todo Occidente e Oriente Medio o templo grego, un edificio rectangular dunha soa habitación cun portal columnado con diferentes capiteis dos tres estilos decorativos gregos(dórico, xonio e corintio). De Grecia pasou a Roma, onde estes colocaron o templo grego sobre unha plataforma. Na idade media o cristianismo adoptou un edificio romano civil,a basílica[3], ata que adoptou a planta en forma de cruz. Este modelo mantívose ata o século XX, pasando polos estilos prerrománico, románico, gótico, renacentista, barroco e neogótico ata o Movemento Moderno. Mentres no outro lado do mundo o budismo reutilizaba a arquitectura de relixións anteriores par as súas stupas, pagodas e wans[4] e así o túmulo no que rezaban aos antergos converteuse nas stupas e os templos das relixiósn animistas pasaron a sincretizarse co Buda erguendo templos cun altar coa súa estatuaria en diferentes posturas e tamaños. No islam adoptouse o modelo xudeu da Sinagoga pero con engadidos das igrexas cristiás orientais[5], sumándolle así o minarete á mesquita, que encheron con decoración abstracta de motivos xeométricos e versículos do Corán.

Galicia

editar

En Galicia a maioría dos templos son igrexas e capelas católicas pero tamén existen igrexas de confesións protestantes, salóns do reino das Testemuñas de Xehová, capelas mormonas, mesquitas islámicas[6] e igrexas ortodoxas[7].

  1. Brian M. Fagan, People of the Earth: An Introduction to World Prehistory, Harpercollins College, 7ª ed., 1992, páx. 52 e 322
  2. Jackson J. Spielvogel, Western Civilization: Volume I: To 1715, Wadsworth, 6ª ed, 2005, páx. 4
  3. Donald Egoff, Crímenes cristianos: Volume IV: 1ª ed, 1989, páx. 69
  4. B Dereck und Johnny Spanish," origins of asian civilizations", 1956, ed Northworks
  5. Ich Aloysus, La caguda del imperi sasanida, 2007, ed Avuí
  6. La comunidad islámica de Galicia planea la apertura de una mezquita en la ciudad, La Voz de Galicia, 13/1/2010
  7. Los ortodoxos buscan su sitio en Galicia La Opinión de Coruña

 
 Este artigo sobre relixión é, polo de agora, só un bosquexo. Traballa nel para axudar a contribuír a que a Galipedia mellore e medre.
 Existen igualmente outros artigos relacionados con este tema nos que tamén podes contribuír.