Rito (do latín ritus) é un acto relixioso ou cerimonial repetido invariablemente, conforme unhas normas estritas. Os ritos son as celebracións dos mitos, por tanto non se poden entender separadamente deles. Teñen un carácter simbólico, expresión do contido dos mitos. A celebración dos ritos (ritual) pode consistir en festas e cerimonias, de carácter máis ou menos solemne, segundo pautas que establece a tradición ou a autoridade relixiosa.

Principais tipos de ritos editar

  • De purificación, que se celebran por medio da auga: por exemplo, os baños rituais e os bautismos. Lavan ao home da súa culpa e fano digno ante a divindade.
  • De sangue, que consisten no derramamiento de sangue: por exemplo, a circuncisión ou os sacrificios.
  • De tránsito ou de paso: danse en momentos claves da vida dunha persoa (nacemento, puberdade, matrimonio, morte).
  • Funerarios: relacionados coa morte e o (suposto) paso á outra vida.
  • De iniciación: relativos á introdución aos misterios ou prácticas relixiosas secretas.
  • Relativos a fenómenos naturais: a primavera, a sementeira, a colleita, as tempestades...
  • Exorcismos: para afastar os malos espíritos.
  • De consagración: de persoas (reis, sacerdotes) ou de lugares (templos).
  • De conmemoración: en lembranza de acontecementos, institucións, feitos fundacionais...
  • De acción de grazas: polas colleitas, por saír dunha enfermidade grave, por ser salvado dun perigo...
  • De expiación: para pedir o perdón divino.

Nalgunhas relixións, os rituais pode levalos a cabo calquera crente, mentres que noutras necesítase a mediación dunha persoa ou institución especial: o oficiante. Esta é a diferenza que existe entre as relixións individualistas como, por exemplo, a relixión dos esquimós, e as relixións comunitarias e eclesiásticas, como a cristiá ou a islámica, que presupoñen a tarefa dun sacerdote ou mediador.

Véxase tamén editar

Outros artigos editar