Neopaganismo

Grupo de movementos relixiosos contemporáneos

O neopaganismo, tamén coñecido como paganismo contemporáneo,[1] é un conxunto de movementos relixiosos modernos inspirados en formas de relixiosidade anteriores ó cristianismo, a miúdo emparellado cunha interpretación relixiosa da ecoloxía moderna[2] Malia compartir semellanzas entre eles, os movementos relixiosos contemporáneos son diversos.[3]

Símbolos dos movementos pagáns contemporáneos. De esquerda a dereita: eslavoceltaxermánicoletónhelénicoarmenioromanokeméticoWiccafinéshúngarolituanoestonianoAdyghe HabzesemíticoMovemento da deusa.

O paganismo contemporáneo foi caracterizado por Dennis Carpenter como "unha síntese de inspiración histórica e creatividade actual",[4] nunha mestura de influencias pre-cristiás, folclóricas e fontes etnográficas, coa fin de formar novos movementos. A medida en que os pagáns contemporáneos usan esas fontes é diferente, moitos seguen unha espiritualidade que é totalmente moderna, mentres que outros intentan reconstruír ou revivir as relixións étnicas indíxenas coa maior precisión posible.[5] O politeísmo, o animismo, e o panteísmo son comúns na teoloxía pagá. Entre as celebracións máis comúns entre os neopagáns están os festivais da Roda do Ano.[6]

Teoloxía

editar

Practicamente todas as relixións neopagás son panteístas: recoñecen a existencia dunha realidade última unitaria, un principio divino que enche todo o existente. Na relixión wiccana, por exemplo, os principios creativos son dous e da unión e alternancia desta bipolaridade xérase a vida.

A cosmoloxía é un dos puntos de coincidencia entre as distintas relixións neopagás. A creación pagá é un proceso de desenvolvemento natural, troco e evolución da existencia; entenden que ese proceso está causado por Deus, pero non orixinado por el, porque a creación é un mecanismo derivado da emancipación da divindade no mundo e a súa manifestación. O motor que causa o nacemento, crecemento e morte das cousas, así coma os ciclos da vida, sería o espírito divino presente no cosmos.

Ética e moral

editar

Todas as relixións neopagás teñen en común un sentido ético similar, que pon o acento sobre o respecto á natureza. A natureza no referente ao sagrado, porque é xerada pola divindade, é respectada hoxe na súa forma e expresión. Respecto pola natureza é un respecto ecolóxico xa que en moitas tradicións a Deusa Nai é identificada coa propia natureza. O neopaganismo en cada unha das súas formas recoñece o rol central da natureza no proceso que portou o home a envolverse, a coñecer o mundo, a desenvolver as súas peculiaridades, a descubrir cal é a beleza da existencia. Ademais do respecto ao ecoloxismo, respecto á natureza significa respecto dos seres naturais de cada home e de cada criatura: cada un é respectado e valorizado por iso que é, polo seu eu; cada un é divino na súa particularidade. Isto está baixo a liña da natureza múltiple e multicolor da vida. O neopaganismo ofrece, xa que logo, unha significativa ética social, que permite ao home vivir respectando totalmente ao próximo, este respecto tradúcese en respecto a calquera diferenza. O ensino pagán se fundamenta, xa que logo, en preceptos que poden ser facilmente traducidos como regras de vida cotiá e particular e o campo ecolóxico e no campo social; simples regras éticas de aproximación á cotidianidade que permite a realización dunha harmonía que subliña o legado do home co mundo, co próximo e coa terra.

  1. Adler, Margot (2006). Drawing Down the Moon: Witches, Druids, Goddess-Worshippers and Other Pagans in America. Londres: Penguin Books. pp. 13. ISBN 978-0-14-303819-1. 
  2. Lewis, James R (2004). The Oxford Handbook of New Religious Movements. Londres and Nova York: Oxford University Press. pp. 13. ISBN 0-19-514986-6. 
  3. Carpenter 1996, p. 40.
  4. Carpenter 1996. p. 47.
  5. Adler 2006. pp. 3-4.
  6. Wigington, Patti. "The Eight Pagan Sabbats – The Pagan Wheel of the Year". About.com. Arquivado dende o orixinal o 05 de agosto de 2016. Consultado o 19 de marzo de 2013. 

Véxase tamén

editar

Bibliografía

editar
  • Carpenter, Dennis D. (1996). "Emergent Nature Spirituality: An Examination of the Major Spiritual Contours of the Contemporary Pagan Worldview". En Lewis, James R. Magical Religion and Modern Witchcraft (en inglés). Albany: State University of New York Press. ISBN 978-0-7914-2890-0.