Sagrado
O sagrado[1] describe algo que está dedicado ou apartado para o servizo ou a adoración dunha deidade; considérase digno de respecto ou devoción espiritual; ou inspira temor ou reverencia entre os crentes. A propiedade adscríbese a miúdo a obxectos (un "artefacto sagrado" que se venera e bendice), ou lugares ("terra sagrada").
O sociólogo francés Émile Durkheim considerou a dicotomía entre o sagrado e o profano como a característica central da relixión: "a relixión é un sistema unificado de crenzas e prácticas relativas ás cousas sagradas, é dicir, as cousas apartadas e prohibidas".[2] Na teoría de Durkheim, o sagrado representa os intereses do grupo, especialmente a unidade, que se plasman en símbolos de grupos sagrados, ou tótems. O profano, pola contra, implica preocupacións individuais mundanas.
Etimoloxía
editarA palabra sagrado procede do latín sacer, referíndose ao que está consagrado, dedicado ou purificado aos deuses ou algo no seu poder, así como aos sacerdotes.[3]
Na relixión
editarAs relixións orixinarias na India, é dicir, o hinduísmo e relixións derivadas como o budismo, o xainismo e o sikhismo, teñen o concepto de reverenciar e conservar a ecoloxía e o ambiente tratando diferentes obxectos como sagrados, como ríos, árbores, bosques, montañas etc.
As denominacións cristiás máis tradicionais, como as igrexas católicas, anglicanas, luteranas e metodista, cren nos Santos Sacramentos que realiza o sacerdote como o bautismo e a comuñón, así como nas Sagradas Escrituras, a Santísima Trindade e a Santa Alianza.
No islam, a palabra ħarām (en árabe: حرام), que adoita traducirse como "prohibido", enténdese máis como "sagrado" ou "santuario" no contexto dos lugares considerados sagrados.
A palabra hebrea kodesh (קֹדֶשׁ) utilízase na Tora para significar "apartado" e "distinto", como se atopa na cerimonia do matrimonio xudeu, onde o marido di á súa futura esposa: "Fixéchesme santo segundo a lei de Moisés e Israel" (en hebreo: את מקדשת לי כדת משה וישראל). Kodesh tamén se traduce habitualmente como "santidade" e "sacralidade".[4] A Tora describe que os sacerdotes aaronitas e os levitas foron seleccionados por Deus para realizar os servizos do Templo; eles, tamén, son chamados "santos".
Notas
editar- ↑ Definicións no Dicionario da Real Academia Galega e no Portal das Palabras para sagrado.
- ↑ Durkheim, Émile (1915). The Elementary Forms of the Religious Life. Londres: George Allen & Unwin. p. 47. ISBN 978-0-8341-2182-9.
- ↑ Stormonth, James, e Philip Henry Phelp, eds. 1895. "Sacred." En A Dictionary of the English Language. Blackwood & sons p. 883.
- ↑ Blue Letter Bible. "H6944 - qodesh - Strong's Hebrew Lexicon (HNV)". Consultado o 28 de xuño de 2016.
Véxase tamén
editarBibliografía
editar- Durkheim, Emile (1915) The Elementary Forms of the Religious Life. Londres: George Allen & Unwin (publicado orixinalmente en 1915, tradución ao inglés de 1915)
- Eliade, Mircea (1957) The Sacred and the Profane: The Nature of Religion. Nova York: Harcourt, Brace & World
- Thomas Jay Oord e Michael Lodahl (2006) Relational Holiness: Responding to the Call of Love. Kansas City, Missouri: Beacon Hill. ISBN 978-0-8341-2182-9
- Pals, Daniel (1996) Seven Theories of Religion. Nova York: Oxford University Press. US ISBN 0-19-508725-9
- Sharpe, Eric J. (1986) Comparative Religion: A History, 2nd ed., Londres: Duckworth, 1986/La Salle: Open Court. ISBN 0-8126-9041-9
Ligazóns externas
editar- The Sacred and the Profane by Carsten Colpe (Encyclopedia of Religion)