O monte Fuji (富士山 Fujisan?, Xaponés: [ɸɯꜜ(d)ʑisaɴ])[1] ou Fugaku, situado na illa de Honshū, é a montaña máis alta do Xapón, cunha elevación do cumio de 3.776,24 metros. É o segundo volcán máis alto situado nunha illa de Asia (despois do Monte Kerinci na illa de Sumatra), e o sétimo pico máis alto dunha illa na Terra.[2] O monte Fuji é un estratovolcán activo que entrou en erupción por última vez entre 1707 e 1708.[3][4] A montaña está situada a uns 100 km ao suroeste de Tokio e é visible desde alí nos días despexados. O cono excepcionalmente simétrico do Monte Fuji, que está cuberto de neve durante uns cinco meses ao ano, utilízase habitualmente como icona cultural do Xapón e é frecuentemente representado na arte e na fotografía, así como visitado por turistas e alpinistas.[5]

Modelo:Xeografía físicaMonte Fuji
(ja) 富士山 Editar o valor en Wikidata
Imaxe
Tipoactive volcano (en) Traducir
punto máis alto
pico isolado (pt) Traducir
Estratovolcán
atracción turística
shintaisan (en) Traducir
montaña Editar o valor en Wikidata
EpónimoFuji district (en) Traducir Editar o valor en Wikidata
Parte deFujisan, sacred place and source of artistic inspiration (en) Traducir
New 100 Famous Japanese Mountains (en) Traducir
100 Famous Yamanashi mountains (en) Traducir
Top 100 Geological Sites in Japan (en) Traducir
Three Holy Mountains (en) Traducir
100 montanhas célebres do Japão (pt) Traducir
100 Landscapes of Heisei (en) Traducir Editar o valor en Wikidata
Situado na entidade xeográficaHonshu e Fossa Magna (en) Traducir Editar o valor en Wikidata
Localizado na área protexidaParque Nacional Fuji-Hakone-Izu (pt) Traducir Editar o valor en Wikidata
Localización
ContinenteAsia Editar o valor en Wikidata
División administrativaPrefectura de Shizuoka, Xapón e Prefectura de Yamanashi, Xapón Editar o valor en Wikidata
lang=gl Editar o valor en Wikidata Mapa
 35°21′38″N 138°43′39″L / 35.3606, 138.7275
Composto por
Características
Altitude3.777,24 m Editar o valor en Wikidata
Punto máis altoKengamine Peak (en) Traducir Editar o valor en Wikidata  (3.776 m Editar o valor en Wikidata )
Material usadobasalto Editar o valor en Wikidata
SuperficiePatrimonio da Humanidade: 19.311,9 ha Editar o valor en Wikidata
Parte dun sitio do Patrimonio da Humanidade
Data2013 (37ª Sesión)
Identificador1418-001
Sitio histórico do Xapón
Data7 de febreiro de 2011
Special Place of Scenic Beauty (en) Traducir
Data22 de novembro de 1952
Place of Scenic Beauty (en) Traducir
Data7 de outubro de 1952
Historia
Cronoloxía
década de 860 Jōgan eruption of Mount Fuji (en) Traducir
decembro de 1707 Erupção do Monte Fuji de 1707 (pt) Traducir Editar o valor en Wikidata
Actividade
PropietarioFujisan Hongū Sengen Taisha (en) Traducir Editar o valor en Wikidata

Páxina webfujisan.ne.jp Editar o valor en Wikidata
BNE: XX4800429

O monte Fuji é unha das "Tres Montañas Sagradas" (三霊山 Sanreizan?) do Xapón xunto co Monte Tate e Monte Haku. É un lugar especial de beleza paisaxística e un dos Lugares históricos.[6] Engadiuse á Lista do Patrimonio Mundial como Ben Cultural o 22 de xuño de 2013.[6] Segundo a UNESCO, o Monte Fuji "inspirou a artistas e poetas e foi obxecto de peregrinación durante séculos". A UNESCO recoñece 25 sitios de interese cultural dentro do sitio do monte Fuji. Estes 25 lugares inclúen a montaña e o santuario xintoísta, Fujisan Hongū Sengen Taisha.[7]

Características

editar

Aínda que o monte Fuji pareza ser un cono único e simétrico, no interior é máis complexo do que se poida imaxinar. O cono que nós chamamos de monte Fuji está realmente constituído por tres volcáns sobrepostos: Komitake, Fuji maior e Fuji menor. Un ollar atento e próximo da silueta das montañas revela irregularidades que son resultado desta sobreposición. Por exemplo, unha lixeira elevación da inclinación na zona norte da montaña, a cerca de 2.301 metros de altitude, fai parte do cume do cráter de Komitake, o máis antigo dos tres volcáns, que estivo activo durante o Plistoceno. O Fuji maior estivo activo entre 80.000 e 10.000 anos atrás. Os acontecementos volcánicos que tiveron lugar nos últimos 10.000 anos contribuíron no crecemento do Fuji menor, a montaña que vemos actualmente.

  1. A Enciclopedia Galega Universal denomínao Fuji-San ou Fuji-Yama e a Diciopedia do século 21 Fujiyama
  2. "富士山情報コ–ナ–". Sabo Works at Mt.Fuji. Arquivado dende o orixinal o 07 de xaneiro de 2019. Consultado o 16 de xaneiro de 2023. 
  3. "Active Volcanoes of Japan". AIST. Geological Survey of Japan. Consultado o 7 de marzo de 2016. 
  4. "Mount Fuji". Britannica Online. Consultado o 17 de outubro de 2009. 
  5. Scheffel, Richard L.; Wernet, Susan J., eds. (1980). Natural Wonders of the World. United States: Reader's Digest Association. p. 153. ISBN 0-89577-087-3. 
  6. 6,0 6,1 [1] Arquivado 27 de xuño de 2013 en Wayback Machine.
  7. Centre, UNESCO World Heritage. "Fujisan, sacred place and source of artistic inspiration". UNESCO World Heritage Centre (en inglés). Consultado o 2022-02-11. 

Véxase tamén

editar

Outros artigos

editar

Ligazóns externas

editar