Canterbury

Coordenadas: 51°16′30″N 1°05′13″L / 51.275, 1.087

Canterbury é unha pequena cidade do sueste de Inglaterra, non lonxe de Londres, sobre o río Stour, pertencente ao condado de Kent. Tiña 55 240 habitantes no 2011.

Canterbury
Flag of the Anglican Diocese of Canterbury.svg
Canterbury Arms.svg
Canterburycathedrale.JPG
Catedral de Canterbury
Localización
Canterbury en Inglaterra
Canterbury
Canterbury
PaísInglaterra Inglaterra
RexiónSueste de Inglaterra
CondadoKent
Demografía
Poboación55 240 hab. (2011)
Densidadehab/km²
Outros datos
Código postalCT1, CT2, CT3, CT4 e CT5
Páxina oficial de Canterbury

HistoriaEditar

Poboada desde tempos prehistóricos, Canterbury xa foi un centro administrativo romano. Co fin da dominación de Roma, a cidade foi invadida polos xutos que asentaron alí o Reino de Kent. En 597, o misioneiro Agostiño desembarcou en Canterbury co obxectivo de iniciar a conversión dos anglosaxóns. Desde entón, a cidade foi un centro da relixión cristiá, converténdose rapidamente na sede do arcebispo primado de Inglaterra. Foi un importante centro de peregrinación durante a Idade Media, e fíxose soada na obra Os Contos de Canterbury de Geoffrey Chaucer. En 1170 foi asasinado na súa catedral o arcebispo Tomé Becket.

É famosa a súa catedral, sede do arcebispo.

Centro relixiosoEditar

 
Situación de Canterbury dentro do condado de Kent

Canterbury é o principal centro relixioso do Reino Unido por ser a sede do arcebispo de Canterbury, o líder espiritual da Igrexa de Inglaterra (é, xa que logo, o segundo líder cristián máis importante de Europa, logo do Papa de Roma). Desde 2003 ocupa o arcebispado Rowan Williams.

Cidades irmásEditar

Véxase taménEditar

Ligazóns externasEditar

Web do concello de Canterbury (en inglés)