Vladimir
Coordenadas: 56°09′N 40°25′L / 56.150, -40.417
Vladimir (en ruso: Владимир) é unha cidade de Rusia, capital do óblast homónimo. Encóntrase á beira do río Kliazma, a 200 km ao leste de Moscova. En 2010 tiña unha poboación de 345.373 habitantes. Dúas das súas catedrais son Patrimonio da Humanidade. Durante a segunda guerra mundial, o seu aeroporto foi a sede da base aérea de Dobrinskoie.
Vladimir | |||
---|---|---|---|
Владимир | |||
![]() | |||
Imaxes da cidade | |||
Localización | |||
País | ![]() | ||
Distrito Federal | Óblast de Vladimir | ||
Xeografía | |||
Altitude | 150 msnm | ||
Superficie | 124,59 km² km² | ||
Demografía | |||
Poboación | 345.373 hab. (2010) | ||
Densidade | 2.772 hab./km² | ||
Outros datos | |||
Código postal | 600000, 600001, 600003, 600005–600009, 600014–600018, 600020–600028, 600031–600033, 600035–600038, 600700, 600950, 600960, 600970, 600980, 600999, 992800 | ||
Páxina Oficial de Vladímir |
HistoriaEditar
A zona leva habitada como mínimo 25.000 anos. A fundación da cidade adoita datarse en 1108. Porén, podería ser anterior, pois segundo as crónicas parece que foi visitada por Vladimiro I de Kíiv no ano 990.
Desde finais do século XII até os últimos anos do século XIV, o principado con capital na cidade foi un dos que sucederon á Rus de Kíiv como principal potencia eslava. Está considerado tradicionalmente como o berce da lingua e a nacionalidade rusas. o Principado de Vladimir evolucionaría gradualmente até transformarse no Principado de Moscova ou Gran Ducado de Moscova.
Durante o principio do século XIII a cidade tivo unha época de esplendor.[1]
En 1173, Vsévolov o Gran Niño foi elixido Gran Príncipe de Kíiv. Porén, non se interesou moito pola cidade e acabou por abandonala, para tentar recuperar as terras de Vladímir en contra do usurpador Iaropolk. Sucedeu ao seu irmán Miguel como soberano do principado de Vladímir, continuou a extensión das terras do estado durante o seu reinado, polo que se *autotiulo como "Gran Príncipe" en 1177. Vsévolov foi o primeiro en ostentar o título de Gran Príncipe de Vladímir, como sinal de ruptura co Gran Principado de Kíiv.[2]
A cidade de Vladímir e o principado na súa totalidade caeu en mans do pobo tártaro ás ordes de Batu Khan en 1238.
EconomíaEditar
Vladímir, amais de ser considerada unha cidade turística, é sede de industrias eléctricas, químicas e alimentarias. Tamén hai instalacións militares de mísiles.
GaleríaEditar
Monumento ao príncipe Vladimiro e San Teodoro.
NotasEditar
- ↑ Martin, Janet (1993): Medieval Russia 980–1584. Cambridge: Cambridge University Press. ISBN 0-521-36832-4.
- ↑ Vernadsky, George (1973): Kievan Russia. New Haven and London: Yale University Press. ISBN 0-300-01647-6.
Véxase taménEditar
A Galipedia ten un portal sobre: Rusia |
Wikimedia Commons ten máis contidos multimedia na categoría: Vladimir |
BibliografíaEditar
- Franklin, Simon & Shepard, Jonathon (1996): The Emergence of Rus, 750–1200. (Longman History of Russia, general editor Harold Shukman). Londres: Longman. ISBN 0-582-49091-X.
- William, Craft Brumfield (2004): A History of Russian Architecture. Seattle: University of Washington Press. ISBN 978-0-295-98394-3.
Outros artigosEditar
Ligazóns externasEditar
- Páxina Oficial de VladímirArquivado 11 de marzo de 2011 en Wayback Machine. (en ruso)
- Vladímir en wikivoyage (en inglés)
- More about Vladimir and other towns of the Golden Ring of Russia {(en inglés)