Waldrada, filla de Wacho

Waldrada ou Vuldetrada, nada en 531 e finada en 572, foi unha dama franca filla de Wacho, rei dos longobardos (que gobernou sobre 510-539) e da súa segunda muller chamada Austrigusa ou Ostrogota, unha muller xépida.

Waldrada, filla de Wacho
Nacemento530
Lugar de nacementovalor descoñecido
Falecemento570
Lugar de falecementovalor descoñecido
Ocupaciónconsorte
PaiWacho
NaiAustricusa
CónxuxeTeodebaldo, rei dos francos, Garibaldo I de Baviera e Clotario I
FillosTeodelinda de Baviera, Gundoaldo, Grimoald I, Romilda of Friuli, Tasilón I de baviera, Chlotsuinda (?) e Tochter von Bayern
IrmánsValtari e Wisigarda
Na rede
WikiTree: Lombardia-4
editar datos en Wikidata ]

TraxectoriaEditar

Foi a esposa de Teodebaldo, rei de Austrasia (que gobernou entre 548 e 555), do que quedou viúva; despois foi a amante repudiada de Clotario I, rei dos francos (que gobernou ata 561) que a entregou como muller a Garibaldo I de Baviera.

A Origo gentis Langobardorum denomina nomen unae Wisigarda…nomen secundæ Walderada como as dúas fillas de Wacho e a súa segunda muller, especificando que Waldrada estaba casaba con Scusuald rex Francorum e máis tarde con "Garipald".[1]

A Historia Langobardorum fala de Walderada como a segunda filla de Wacho da súa segunda muller, especificando que casou con Francorum rex Chusubald.[2] Paulo Diácono denomina Wisigarda…[et] secunda Walderada como as dúas fillas do Rei Wacho e a súa segunda muller, especificando que Walderada estaba casada con Cusupald, alio regi Francorum e máis tarde con Garipald.[3]

Hermann de Reichenau (Herimannus) denomina Wanderadam á esposa de Theodpaldus rex Francorum cando menciona o segundo matrimonio do rei Lotario: Lotharius rex patris eius Theodeberti patruus.[4]

Gregorio de Tours denomina a Vuldetrada como a muller do rei Teodebaldo.[5] Segundo Gregorio de Tours, o rei Clotario empezou a ter relacións coa viúva do rei Teodebaldo, ata que os bispos se queixaron e entregouna ao duque Garibaldo de Baviera,[6] que aparentemente implica que o rei Clotario non chegou a casar con Waldrada.

ReferenciasEditar

  1. Origo gentis Langobardorum 4, Monumenta Germaniae Historica Ss rer Lang I, páx. 4.
  2. Historia Langobardorum Codicis Gothani 4, Monumenta Germaniae Historica Ss rer Lang I, páx. 9
  3. Pauli Historia Langobardorum I.21, Monumenta Germaniae Historica Ss rer Lang I, páx. 59.
  4. Herimanni Augiensis Chronicon 553, Monumenta Germaniae Historica Ss V, páx. 88.
  5. Gregorio de Tours a Historia Francorum IV.9, pág. 202.
  6. Gregorio de Tours, Historia Francorum IV. 9, pág. 203.

Véxase taménEditar

Ligazóns externasEditar