Childeberto I, nado en 497 e finado en 558, foi un rei franco e un dos catro fillos de Clodoveo I.

Childeberto I
Nacementoc. 497
Lugar de nacementoReims
Falecemento23 de decembro de 558 e 13 de decembro de 558
Lugar de falecementoParís
SoterradoBasílica de Saint-Denis
Ocupaciónmonarca
PaiClodoveo I
NaiClotilde da Borgoña
CónxuxeUltrogothe
FillosCrodesinde e Crotberg
IrmánsClodomiro, Teodorico I, rei franco, Clotario I, Ingomer e Clotilde
Na rede
WikiTree: Merovingian-5 Find a Grave: 21071 Editar o valor em Wikidata
editar datos en Wikidata ]
Estatua de Khildeberto I que se conserva no Louvre

Traxectoria editar

Á morte do seu pai, no 511, o reino dividiuse entre os seus catro fillos e el herdou a cidade de París e o territorio que comprendía polo norte ata o río Somme e polo oeste ata a Canle da Mancha. Converteuse en rei de París.

Á morte do seu irmán Clodomiro, rei de Orleáns, coa axuda do seu outro irmán Clotario, rei de Soissons, fixo degolar aos seus sobriños para apropiarse da herdanza. Converteuse en rei de Orleáns.

No 534, axudado por Clotario, conquistou o reino burgundio (Borgoña). Este novo reino foi cogobernado entre eles.

Fixo varias expedicións contra os visigodos de Hispania. No ano 542 apropiouse de Pamplona coa axuda do seu irmán Clotario I. Cercou Zaragoza, pero foi forzado a retirarse. Desta expedición levou a París unha preciosa reliquia, a túnica de San Vicente, en honor de quen fixo construír ás portas de París o famoso mosteiro de San Vicente, coñecido posteriormente como Saint Germain-des-Prés, Francia.

No 558, morreu sen descendencia, e Clotario apoderouse do seu reino e reunificou o reino de Clodoveo.