Clotilde

relixiosa e nobre burgundia

Clotilde, nada en Lión o 475 e finada o 3 de xuño do 545, foi unha princesa burgundia e raíña dos francos.

Clotilde
Nacemento474
Lugar de nacementoLión
Falecemento3 de xuño de 545
Lugar de falecementoTours
SoterradaCatedral de Notre-Dame de París
NacionalidadeReino de Borgoña
Relixióncatolicismo
Ocupaciónconsorte
PaiChilperico II da Borgonha
CónxuxeClodoveo I
FillosClodomiro, Clotario I, Childeberto I, Clotilde e Ingomer
Na rede
WikiTree: Burgunden-7
editar datos en Wikidata ]

Traxectoria Editar

Filla de Chilperico II de Burgundia. A sona da súa beleza e posibles alianzas políticas fixeron que o rei pagán dos francos Clodoveo I casara con ela no ano 492. Tivo que padecer a dor do asasinato dos seus pais por parte do seu tío Gundevaldo no ano 493. O seu primoxénito Ingomiro, finou ao pouco de nacer.

Afervoada cristiá, rachou a tradición das elites francas bautizando ao seu segundo fillo Clodomiro e, máis tarde, conseguiu a conversión do seu home. Este era remiso pola humillación ante os seus xenerais de abandonar aos seus deuses guerreiros ancestrais por desexos da súa muller. Porén, o catolicismo era a relixión maioritaria da poboación galoromana polo que necesitaba a súa adhesión para exercer a auctoritas sobre a Galia. Este apoio viuse fundamental ante a ameaza da invasión alamana vencida na batalla de Tolbiac. Finalmente, foi bautizado polo bispo Remixio de Reims, no ano 496, xunto con tres mil guerreiros francos na igrexa de San Martiño de Tours. Aínda que este acontecemento se ten visto como o nacemento do primeiro reino medieval, o certo que e xa existía un precedente no Reino Suevo da Gallaecia con Requiario

Clotilde impulsou a evanxelización dos francos e favoreceu a organización de esmolas e a atención aos esfameados e doentes. Isto contribuíu ao recoñecemento da autoridade dos xermanos en toda a Galia.

Fracasou nos intentos de reconciliación entre os seus fillos Clodomiro, Khildeberto I e Clotario I, tralo pasamento do seu home no ano 511. Retirouse a Tours onde se adicou á esmola e a oración.

Legado Editar

Gregorio de Tours deixou dela unha visión histórica probablemente idealizada. Venerada como santa pola Igrexa Católica, as súas reliquias foron destruídas na Revolución francesa.