Requiario
Requiario ou Rechiarius (e tamén pode escribirse Reckiario[1]), finado en decembro de 456, foi o terceiro monarca suevo que gobernou o Reino de Galicia, desde o ano 448 (ano no que ascendeu o trono trala morte do seu pai Requila) ata a súa morte. Foi o primeiro rei xermánico de toda Europa que adoptou o catolicismo, e un dos máis innovadores e belixerantes de entre os monarcas suevos.
Requiario | |
---|---|
Rei do Reino Suevo de Galicia | |
![]() | |
Estatua de Requiario no Palacio Real de Madrid. | |
Reinado | 448 - 456 |
Coroación | 448 |
Falecemento | decembro de 456 |
Predecesor | Requila |
Sucesor | Aguiúlfo (no norte) Frantán (no sur) |
Proxenitores | Requila |
Na rede | |
![]() | |
Achegamento ós galaicorromanosEditar
Logrou romper algunhas barreiras entre os galaicorromanos, a poboación autóctona do antigo Reino de Galicia, e os suevos, recentemente chegados, por dous motivos:
- Aínda que non fora por obra súa, foi o primeiro rei suevo que naceu no Reino de Galicia, o cal fixo que no seu novo goberno houbese xa dirixentes con educación romana.
- Foi o primeiro rei católico que gobernou Galicia, e converteu ó pobo dos suevos a esta relixión no ano 449 (catholicus factus segundo Historia Suevorum de Isidoro de Sevilla). Isto fixo caer a este rei na graza dos galaicorromanos, que eran, coma el, católicos. Antes deste acontecemento, os suevos eran arianos. Este feito fixo que o antigo Reino de Galicia fose o primeiro reino católico e deu paso á mestura entre a poboación xermánica e a galaicorromana.[2]
EconomíaEditar
Requiario foi pioneiro tamén na economía: foi o primeiro que cuñou a súa propia moeda, substituíndo nelas o seu retrato polo do emperador do Imperio Romano Honorio pero poñendo o seu propio nome no reverso, cuñando en gran cantidade o que constataría o mantemento da actividade económica durante o período suevo.
As súas moedas, chamadas sílicuas, eran de prata e seguía o modelo romano, que mantén o nome e a imaxe de Honorio, pero coa lenda latina IVSSV RECHIARI REGES (Por orde do rei Requiario)[3]. Tanto a súa conversión ao catolicismo coma a emisión de moeda propia pódense enmarcar na súa cobiza de crear un reino suevo que abranguese toda a Península Ibérica.
Política exteriorEditar
Ó contrario que os seus antecesores, decidiu aumentar as súas fronteiras. Casou no ano 449 coa filla de Teodoredo e irmá do rei visigodo Teodorico I, para ter un aliado contra os romanos.
Invadiu o territorio dos vascóns pertencente formalmente á provincia Tarraconense, chegando a dominar parte da conca do Ebro e percorreu as zonas de Zaragoza e Lleida. Acordou no 453 cos romanos, tras a batalla dos Campos Cataláunicos (451) entre un exército romano-visigodo e os hunos, retirarse deses territorios, pero incumpriu o acordado no 456 ao emprender accións na Cartaxinense e seguir tras unhas conversas fracasadas cos visigodos pola Tarraconense.
Isto fixo que o recentemente entronizado rei visigodo Teodorico II vira que o reino suevo se estaba fortalecendo demasiado. Teodorico II foi decididamente prorromano, así que levou ós seus exércitos co apoio do emperador Avito e das tropas auxiliares de burgundios contra Requiario, a quen derrotou na batalla do río Órbigo o 5 de outubro de 456.
MorteEditar
Requiario refuxiouse no Porto, de onde fuxiu en barco a Roma, onde tiña un amigo chamado Recimiro que o podería axudar. Non obstante, unha tempestade fíxolle volver a terra, onde foi apresado polos visigodos e decapitado, e converteuse no primeiro rei suevo que morreu asasinado.
Requiario Nacemento: ? Falecemento: 456
| ||
Títulos Reais | ||
---|---|---|
Precedido por Requila |
Rei de Galicia 448–456 |
Sucedido por Aguiúlfo (no norte) e Frantán (no sur) |
Outros títulos | ||
Precedido por Requila |
Reis dos Suevos 448–456 |
Sucedido por Aguiúlfo (no norte) e Frantán (no sur) |
NotasEditar
- ↑ "O Santuario de Pastoriza", artigo en Celtiberia
- ↑ González López, Emilio (1978). Grandeza e decadencia do reino de Galicia. Editorial Galaxia. ISBN 8471543036.
- ↑ Imaxe da moeda do rei Requiario (www.diarioliberdade.org).
Véxase taménEditar
BibliografíaEditar
- López Carreira, A; Fernández Cal, T. Os reis de Galicia. A Nosa Terra. Vigo, 2003. ISBN 84-96203-27-1.