Requila

segundo rei suevo de Galiza


Requila ou Réquila, nado sobre o 410 e falecido no 448, foi o segundo monarca Reino Suevo de Galicia, sucedendo ao seu pai Hermerico[1]. No seu relativamente curto reinado realiza unha grande expansión do reino e consegue consolidalo defendéndoo dos vándalos e do propio Imperio Romano.

Infotaula de personaRequila
Biografía
Nacementoc. 400 Editar o valor em Wikidata
Xermania Magna Editar o valor em Wikidata
Morte448 Editar o valor em Wikidata (47/48 anos)
Mérida Editar o valor em Wikidata
Rei dos suevos Gallaecia
438 – 448
← HermericoRequiario → Editar o valor em Wikidata
Datos persoais
País de nacionalidadeReino de Galicia Editar o valor em Wikidata
RelixiónPaganismo xermánico Editar o valor em Wikidata
Actividade
Ocupaciónmonarca Editar o valor em Wikidata
Período de tempoBaixo Imperio Romano e Imperio Romano de Occidente Editar o valor em Wikidata
Outro
TítuloRei
Rei de Galicia Editar o valor em Wikidata
FillosRequiario, Ricimer Editar o valor em Wikidata
PaiHermerico Editar o valor em Wikidata

Expansións editar

 
Dominios da monarquía sueva e extensión do reino de Galicia durante as consquistas de Requila (438-448).

Subiu ó trono en 438 por desexo do seu pai Hermerico que estaba enfermo dende anos atrás. Adoptou unha actitude moi agresiva contra os galaicos nativos e a igrexa católica. Enfrontouse aos bispos e favoreceu ao clero priscilianista. Fixo novas alianzas coas tribos bagaudas, bandoleiros do norte peninsular que traballaban como mercenarios.

Dirixiu unha política expansionista con campañas por Lusitania e a Baetica tratando de encher o baleiro deixado polos retirados vándalos e alanos. Derrotou no 438 a Andevoto, dux romano, segundo Isidoro de Sevilla, ou un xefe local segundo outras fontes, na batalla do Genil, preto río Singilis (Genil).[2]

Lusitania editar

No 439 dirixe os seus exércitos á Lusitania, sitia e consegue a capitulación[3] de Augusta Emerita, que máis tarde convertería en corte. Acude, enviado como legado romano, o conde Censorio co obxectivo de lograr un acordo pero é feito prisioneiro en Myrtilis Lulia (Mértola).

Baetica editar

Réquila continúa a súa campaña apoderándose de Hispalis (Sevilla) no 441.[3] Xa baixo o control dos suevos, as xa dominadas Gallaecia e Lusitania, engadíronselles a Baetica e parte da Cartaxinense. Durante o seu curto reinado chegou a facerse dono de case toda a actual Andalucía e de parte do Levante. As conquistas de Requila adaron a maior expansión territorial da monarquía sueva na península.

Defensa do reino editar

Incursións vándalas editar

Os vándalos fixéronse fortes en África, despois de que no 439 Xenserico conseguira Cartago, capturando toda frota alí atracada. Con este movemento fixo aos vándalos donos do Mediterráneo Occidental, apoderándose de bases marítimas de gran valor estratéxico e comercial: as Illas Baleares, Córsega, Sicilia e Sardeña. Tamén ao suevos aos que lles fan pequenas incursións ao longo do expandido reino, a máis sonada foi no 445 na costa de Gallaecia, en Turonio, preto de Ponte Caldeas, pero é rexeitada.

Campaña romana contra os suevos editar

Vito, magister militium baixo Valentiniano III, no ano 446 comanda un exército formado por federados godos e soldados romanos que se dirixiu a Hispania para loitar contra os suevos.​ Os motivos da campaña non están moi claros. Por unha banda, pénsase que foi unha operación na que, ademais de loitar contra estes, buscábase castigar aos terratenentes de Bética e Cartaxinense pola súa colaboración cos bárbaros. Outra versión inclínase por enmarcala no contexto dos preparativos de Aecio para reconquistar a provincia de África recentemente perdida ante os vándalos de Xenserico.

Hidacio fixo unha breve descrición da campaña de Vito onde resaltou que someteu aos grandes terratenentes a fortes impostos para pagar o mantemento das súas tropas. Requila partiu co seu exército dende Lusitania e conseguiu derrotar a Vito nun lugar non determinado.​ Ante esta situación, Vito decidiu fuxir co resto das súas tropas mentres que os suevos procederon a saquear as dúas provincias hispanas como castigo á poboación pola súa colaboración co exército romano.

Relixión editar

Rexurdimento do Priscilianismo editar

Nos últimos anos de reinado descúbrese en Asturica Augusta (Astorga) unha seita maniquea que revela un rexurdir do Priscilianismo, o que motivou o envío dun informe ao Papa de Roma, León I. Este remite un escrito acerca do Priscilianismo no que indica que o rexurdimento herético era consecuencia das turbulencias que naqueles tempos se vivían na Gallaecia.

Morte editar

Rechila morreu como pagán no 448 en Emerita: gentilis moritur ("morre xentil") de acordo a Hidacio, pero Isidoro de Sevilla, escribindo máis de século e medio despois, e cuxa fonte foi Hidacio, di ut ferunt, gentilitatis vitam finivit ("rematou a súa vida como xentil, ou iso din"). De tódalas maneiras Isidoro probablemente fixo unha interpretación precipitada polo feito de que o fillo e sucesor Requiario fose o primeiro rei católico.[4] Algúns historiadores afirman que Requila criou a Requiario no catolicismo para fomentar as boas relacións coa Igrexa e lograr a fácil conversión dos suevos.[5]

Requila puido ser o pai, ou quizais tío, do magister militum Ricimero.

Notas editar

  1. Afonso IX (1289). Menéndez Pidal, ed. Estoria de España (PDF) (1977 ed.). Depues de la muerte de Hermerico finco Riquila su fijo por rey de Gallizia (..) 
  2. Thompson, Romans and Barbarians, 173.
  3. 3,0 3,1 Thompson, Romans and Barbarians, 172.
  4. Thompson, Romans and Barbarians, 218 e 306 n30.
  5. Thompson, "The Conversion of the Spanish Suevi", 79, quen denega isto.

Véxase tamén editar

  Os reis e as raíñas da Galiza.
  Requila: Un reino en expansión .
(Nós Diario, 02.09.2022)

Bibliografía editar

  • López Carreira, A; Fernández Calo, T. Os reis de Galicia. A Nosa Terra. Vigo, 2003. ISBN 84-96203-27-1.
  • Thompson, E. A. Romans and Barbarians: The Decline of the Western Empire. Madison: University of Wisconsin Press, 1982. ISBN 0-299-08700-X.

Outros artigos editar

Requila
Nacemento:  ? Falecemento: 448


Títulos Reais
Precedido por
Hermerico


Rei de Galicia
438–448
Sucedido  por
Requiario