Turonio
Turonio é unha rexión xeográfica do suroeste de Galicia con entidade de seu durante a Idade media, cuxa extensión e límites non ten até de agora consenso entre os investigadores.[1][2] O Cronicón de Hidacio sinálaa como terra invadida polos vándalos cara ao ano 445, co nome de Turonium. Un século despois, o Parochiale suevorum menciónaa como unha das igrexas con vencello á sé de Tui e co nome de Turonio.[2] Especúlase que na súa orixe fose unha oppidum ou gran castelo con poboación que medrou nos seus dominios por mor do seu poder. Neste fío as súas ruínas atoparíanse no castelo de Torroña, en Torroña, no actual concello de Oia.[1] Para outros autores, Turonio en tanto territorio facía alusión aos dominios do bispo de Tui.[2]
Toponimia
editarO topónimo, con testemuños desde o século V, caeu en desuso no século XV[2][3] . O seu xentilicio é turonián/turoniá. É un topónimo bastante escuro e chegou á actualidade por medio de fontes pouco claras. É tratado, segundo o informante, como reguengo, condado, e de forma máis xenérica como Terra/s de Turonio[4][5][2]. Tamén o topónimo vacila a súa forma: Turonium[1][6], Toroño[7][8], Toronio[9][10], Turonio[7][11], Turonia[2], Torona, Toronho... A utilización do feminino Turonia emprégase para referirse ao local do castelo, actual Torroña[12], e o masculino Turonio para o terreo máis extenso.
Extensión xeográfica
editarSeguindo os estudos de Manuel Fernández Rodríguez, Turonio tería por límites ao sur o río Miño, ao leste o río Avia e parte do Miño, ao oeste o océano Atlántico, ao norte o río Avia e a terra de San Xoán de Penacorneira; estenderíase polos altos das serras do Suído e do Galiñeiro até a ría de Vigo.[1]
Referencias históricas
editarNo Cronicón, do bispo Hidacio, ano 445, fálase de Turonia coma lugar onde chegaron os vándalos desembarcados dun navío atracado nun porto veciño, e prendendo moitas familias.[1] No Concilio de Lugo do ano 569 fálase, entre outros lugares, de Turonia como terra do bispo de Tui.[1][6] O Rei visigodo Recaredo acuñou moeda en Turonio coa lenda "Vitoria", pouco despois da conquista do reino suevo polos visigodos no ano 585.[13]
O rei Ordoño II doou o 1 de setembro de 915 a Recaredo, bispo da diocese de Lugo, o poboado de Bembivere (hoxe Bembrive, parroquia de Vigo), en Turonia.[2] San Rosendo, ao fundar o mosteiro de San Salvador de Celanova, 942, fai mención de Turonia.[2]
A primeira referencia documentada de Vigo na Idade Media é de 1097, e cítase como parte do condado de Turonio.[14] O rei e emperador Afonso VII e a súa dona Berenguela de Barcelona doaron no ano 1142 a Don Paio Méndez, bispo da diocese de Tui, o castelo de Santa Helena de Turonia.[2][15]
Referencias literarias
editarO trobador portugués Garcia Mendiz de Eixo, presente na corte de Sancho I a finais do século XII, e falecido en 1239 fai referencia a Turonio nunha cantiga:
Ala uuaz que la Torona
e los parens son tauz
e la terra he trou bona
e ja quites son los chauz
c'ora me volho tornar
a Sousa a lo mon logar (...)[16]
Reminiscencias na zona
editarExisten varios topónimos na zona de Turonio que posiblemente proveñan ou sexan orixe do topónimo en cuestión, como Troña (na parroquia de Pías, concello de Ponteareas, onde está o castro de Troña) ou Torroña (lugar do concello de Oia). En Gondomar está o IES Terra de Turonio.[2]
Notas
editar- ↑ 1,0 1,1 1,2 1,3 1,4 1,5 Garrido Rodríguez et al. 2007, p. 44.
- ↑ 2,00 2,01 2,02 2,03 2,04 2,05 2,06 2,07 2,08 2,09 Porto Ucha et al. 2016, p. 5.
- ↑ Fernández Rodríguez et al. 2004, p. 209.
- ↑ Calderón Medina et al. 2017, p. 91-117.
- ↑ Garrido Rodríguez et al. 2007, p. 43-60.
- ↑ 6,0 6,1 Otero Pedrayo et al. 1980, p. 409.
- ↑ 7,0 7,1 Garrido Rodríguez et al. 2007, p. 49.
- ↑ Otero Pedrayo et al. 2007, p. 409.
- ↑ Garrido Rodríguez et al. 2007, p. 47.
- ↑ Calderón Medina et al. 2017, p. 108.
- ↑ Díaz y Díaz et al. 1991, p. 174.
- ↑ "Castelo de Torroña". Rías Baixas (en Castelán). Consultado o 09/07/2020.
- ↑ Santiago Y Gómez et al. 1896, p. 139.
- ↑ Santiago Y Gómez et al. 1896, p. 196.
- ↑ Soliño Troncoso et al. 1995, p. 145.
- ↑ Pérez Varela, Carlos. "Identificación de Torona - A lingua das cantigas". Vello Vieiros. Arquivado dende o orixinal o 20/04/2021. Consultado o 09/07/2020.
Véxase tamén
editarBibliografía
editar- Calderón Medina, I. (2017). Reyes, nobles y frontera. Entre la violencia y el parentesco en el espacio fronterizo galaico portugués (siglos XII-XIII). Cuaderno de Estudios Gallegos (PDF) (en castelán) LXIV. pp. 91–117. ISSN 0210-847X.
- Díaz y Díaz, M.; AA. VV. (1991). La cristianización de Galicia. Historia de Galicia (en castelán). 1. De la Prehistoria a la alta Edad Media (Vigo: Faro de Vigo S.A.). ISBN 84-404-9520-X.
- Fernández Rodríguez, M. (2004). Toronium: aproximación a la historia de una tierra medieval. Cuadernos de Estudios Gallegos (en castelán). Santiago de Compostela: CSIC. ISBN 9788400082611.
- Garrido Rodríguez, X.; Zunzunegui Pérez, N. (2007). Os medievais castelos rochedos de Santa Helena e Morgadáns no Val Miñor, en terra de Turonio. Revista de Estudos Miñoranos 5–6 (Gondomar: Instituto de Estudos Miñoranos). ISBN 84-8289-369-6.
- Otero Pedrayo, R. (1980). Guía de Galicia (en castelán) (5ª ed.). Vigo: Galaxia. ISBN 84-7154-365-6.
- Porto Ucha, A. S.; Vázquez Ramil, R. (Marzo 2016). "Terras de Turonio". Suplemento Novas do Eixo Atlántico (15) (Ponteareas: Novas do Eixo Atlántico S.L.). p. 5.
- Santiago y Goméz, J. de. (1896). Historia de Vigo y su comarca (en castelán). Madrid: Asilo de huérfanos del Sagrado Corazón de Jesús. ISBN 9788497612852. OCLC 470604947.
- Soliño Troncoso, A.; Mosquera Veleiro, J. L.; Soliño Troncoso, A.; Soliño Troncoso, M. (1995). Gondomar: historia, arte y territorio (en castelán). Ir Indo Edicións. ISBN 84-7680-225-0.