Nós Diario
Nós Diario é un xornal galego, publicado en Santiago de Compostela. O seu primeiro número impreso saíu á rúa o 2 de xaneiro de 2020.[1]
Nós Diario Xornal de intereses galegos | |
---|---|
![]() | |
Tipo | Información xeral |
Nº de páxinas | 32 |
Cor | Cor |
Fundación | 2 de xaneiro de 2020 |
Director | María Obelleiro |
Editorial | Sermos Galiza S.A. |
Redacción | Alberte Mera Héctor Pena Susana Rois Belén Bouzas Fernando Arrizado Pablo Barro Antón Escuredo Ana Triñáns Sonia Dapena Manuel Xestoso Yuri Carrazoni Gloria Montenegro André Mauricio |
Lingua | Galego Portugués |
Localidade | Santiago de Compostela |
Ámbito | Galicia |
Periodicidade | diario |
Prezo | 1,50 euros 3 euros (sábados) |
Predecesor | Sermos Galiza |
Na rede | |
https://www.nosdiario.gal/ | |
![]() ![]() ![]() ![]() ![]() |
HistoriaEditar
En novembro de 2017 o consello de administración da empresa Sermos Galiza S.A. emitiu un comunicado no que anunciaba a súa intención de comezar a editar un diario en papel.[2] Para facelo realidade artellouse un grupo promotor de 175 persoas e colectivos sociais,[3] que presentou o proxecto en xaneiro de 2018.[4] Conseguida a participación de máis de 3000 subscritores anunciou a súa saída para 2019,[5] aparecendo nos quioscos en xaneiro do 2020 con exemplares cinco días por semana (de terza feira a sábado).
O xornal foi excluído polo goberno galego do repartimento de axudas aos medios do ano 2021, co argumento de non ser un diario, malia que a OXD define "diario" como "calquera publicación que se edita catro ou máis días por semana".[6] A Xunta volveu excluír o xornal da liña de axudas no 2022, malia figurar entre os seus obxectivos a normalización da lingua e a defensa da cultura galega.[7] As reclamacións da empresa foron desestimadas polo TSXG en xaneiro de 2023.[8]
Consello de administraciónEditar
- Presidente: Xoán Costa
- Secretario: Xoán Colazo
- Xerente: Roberto Vilameá
- Conselleiros: Celia Armas García, Nemesio Barxa, Nicolasa Castro, Manuel da Cal Vázquez, Rubén Lois, Ana Rodiño, Marga Romero, Xurxo Souto, Sira Vidal.
NotasEditar
- ↑ "Nós Diario: o soño que virou nunha realidade". Sermos Galiza. 1 de xaneiro de 2020. Consultado o 2 de xaneiro de 2020.
- ↑ "Sermos Galiza prepara a saída dun xornal diario en papel para 2019". Nós Diario. Consultado o 2022-02-28.
- ↑ "'O diario galego', a cabeceira que nace do impulso social". Nós Diario. Consultado o 2022-03-08.
- ↑ "Duascentas persoas arroupan a presentación de ‘O diario galego’". Nós Diario. Consultado o 2022-02-28.
- ↑ "Lográmolo: en 2019 haberá un diario en galego". Nós Diario. Consultado o 2022-03-11.
- ↑ "A Xunta veta 'Nós Diario' nas axudas á prensa". Nós Diario. Consultado o 2022-03-16.
- ↑ "A Xunta da Galiza exclúe outro ano máis 'Nós Diario' das axudas á prensa escrita". Nós Diario. 2022-05-05. Consultado o 2022-05-05.
- ↑ Costa, Xoán (2023-01-04). "A xustiza, os dicionarios e a lóxica". Nós Diario. Consultado o 2023-01-16.