Alberte Mera

xornalista, director cinematográfico e político galego

Alberte Mera García, nado en Vigo o 9 de maio de 1987, é un xornalista e político galego.

Modelo:BiografíaAlberte Mera

Editar o valor en Wikidata
Biografía
Nacemento9 de maio de 1987 Editar o valor en Wikidata (37 anos)
Vigo, España Editar o valor en Wikidata
Secretario Xeral de Galiza Nova
2012 – 2016
← Iria AboiAlberte Fernández Silva → Editar o valor en Wikidata
Datos persoais
Educacióncampus de Pontevedra
Facultade de Comunicación de Pontevedra Editar o valor en Wikidata
Actividade
Ocupacióndirector de cinema, xornalista, político, guionista Editar o valor en Wikidata
Partido políticoBloque Nacionalista Galego Editar o valor en Wikidata

Traxectoria

editar
 
Papeleta dos candidatos do BNG-NÓS ao Congreso por Pontevedra, nas Eleccións Xerais de 2016.

Licenciado en Comunicación Audiovisual (guión e dirección) pola Universidade de Vigo e de Santiago, especializouse con estudos de máster en comunicación e industrias creativas. Dirixiu as longametraxes documentais sobre procesos mobilizadores en Galiza: Clamor da Terra (2012) e Lume Novo (2013).[1] Foi membro do grupo audiovisual Ollo de Vidro e actualmente traballa no eido da información, márqueting e comunicación dixital.

Foi responsábel dos CAF no campus de Pontevedra e de Galiza Nova, da que foi elixido secretario xeral o 18 de novembro de 2012, no marco da XII Asemblea Nacional. En 2016 foi elixido membro da Executiva do BNG.[2] Deixou a secretaría xeral de Galiza Nova en novembro de 2016 e foi substituído por Alberte Fernández Silva.[3]

Dirixiu no ano 2019 a longametraxe documental Reboiras: Acción e Corazón (2020), que retrata a vida de Moncho Reboiras.[1][4][5][6] [7]

Como xornalista traballou en Atlántico Diario e Xornal de Galicia, escribe en Nós Diario e colabora nas revistas A Movida e Terra e Tempo. En setembro de 2024 pasou a ser o director de Nós Diario logo da marcha da súa anterior directora, María Obelleiro.

Filmografía

editar

Curtametraxes

editar
  • Poetas do Inmediato (2009)
  • Camiño da Memoria (2011)
  • Deixádeas Pasar (2012)
  • Meirás (2019)

Longametraxes

editar

Publicacións

editar
  1. 1,0 1,1 "O vigués Alberte Mera inicia a rodaxe da primeira longa sobre Moncho Reboiras". amovida.gal. 13-08-2019. Consultado o 07-08-2020. 
  2. Daniel, Domínguez (21-02-2016). "Ana Pontón encabeza unha candidatura ao BNG que renova a menos da metade das súas caras". Faro de Vigo. Consultado o 07-08-2020. 
  3. M. O. (26-10-2016). "Galiza Nova elixe Alberte Fernández Silva como novo secretario xeral". Sermos Galiza. Consultado o 07-08-2020. 
  4. "A rodaxe do documental 'Reboiras. Acción e corazón' chega á súa fin". Nós Diario. 27-10-2019. Consultado o 07-08-2020. 
  5. "Moncho Reboiras chega en agosto ao cinema". Nós Diario. 25-07-2020. Consultado o 07-08-2020. 
  6. "«Reboiras, acción e corazón»: Na longa noite de Moncho". La Voz de Galicia. 14-08-2020. Consultado o 20-08-2020. 
  7. Catálogo de Películas. Ministerio de Cultura y deporte, ed. (20-10-2020). "«Reboiras, acción e corazón»". Consultado o 22-12-2020. 

Véxase tamén

editar

Ligazóns externas

editar