Bloque Nacionalista Galego

organización política nacionalista de Galicia

O Bloque Nacionalista Galego (BNG) é unha organización política nacionalista galega. Defínese, desde o punto de vista organizativo, como unha fronte de partidos e sitúase na esquerda do espectro político. O BNG tiña, en 2009, 9.000 militantes,[5] 468 concelleiros e 30 alcaldes[6] en diversos concellos de Galiza. Logo das eleccións ao Parlamento de Galicia de 2024, o BNG ten 25 representantes no Parlamento de Galicia. Tamén chegou a ter un eurodeputado no Parlamento Europeo (Camilo Nogueira), e actualmente conta cun posto na Eurocámara rotatorio entre os seus socios (a representante do BNG é Ana Miranda Paz),[7]

Bloque Nacionalista Galego (BNG)
Fronte de partidos políticos de Galiza
Dirixentes e organización
Portavoz NacionalAna Pontón
MocidadesGaliza Nova
Filiación internacionalAlianza Libre Europea
Historia
Fundación1982
Posicións políticas
IdeoloxíaNacionalismo galego
Soberanismo[1][2]
Socialismo
Ecoloxismo,[3]
Pacifismo[4]
Feminismo[3]
Representación
Parlamento de Galicia
25 / 75
Congreso dos Deputados
1 / 350
Parlamento Europeo
1 / 59
Deputados provinciais en Galicia
15 / 108
Alcaldías en Galicia
36 / 313
Concelleiros en Galicia
590 / 3.721
Outros datos
SedeAvda. Rodríguez de Viguri, 16-Baixo, 15703 Santiago de Compostela
PublicaciónBE-NE-GÁ ao día
Na rede
bng.gal
Facebook: obloque Twitter: obloque Instagram: o_bloque Telegram: bloquenacionalistagalego Youtube: UClwhV8zFxorQ6jFnYWIG1dg Flickr: 22221543@N05 Editar o valor em Wikidata

A Voceira Nacional é Ana Pontón, quen desde febreiro de 2016 substitúe a Xavier Vence. O BNG conta cunha organización xuvenil dende 1988, Galiza Nova.

Historia editar

Orixes e formación editar

 
A UPG e o PSG crearon en 1975 a Asemblea Nacional-Popular Galega (ANPG) organización antecesora do BNG.

Nos anos 60 fúndase a Unión do Povo Galego (UPG) e o Partido Socialista Galego (PSG), partidos nacionalistas de carácter comunista e socialista. No ano 1975 fúndase a Asemblea Nacional-Popular Galega (AN-PG), fronte impulsada pola UPG coma plataforma de mobilización social e base para o futuro establecemento dunha candidatura electoral nacionalista. No ano 1977 a UPG e a AN-PG constituíron o Bloque Nacional Popular Galego (BNPG) que concorreu ás eleccións.

En outubro de 1981 celebrouse a primeira convocatoria para elixir o Parlamento de Galicia. Estas eleccións gañounas Alianza Popular e os partidos nacionalistas galegos acadaron un discreto resultado, o BNPG en coalición co PSG conseguiu tres escanos: Bautista Álvarez, Lois Diéguez Vázquez e Claudio López Garrido. Os tres foron expulsados da cámara por negárense a prestar xuramento á Constitución española de 1978, con carácter retroactivo, pois xa levaban varios meses exercendo o seu labor como representantes nacionalistas.[8]

A UPG e a AN-PG acordaron a comezos de 1982 reformular o proxecto formando unha fronte nacionalista que abranguese a maior amplitude posible, con diversas tendencias no seu interior. A primeira xuntanza celebrouse o 15 de maio e nela participaron AN-PG, UPG, PSG, Galicia Ceibe (OLN), Asamblea de Nacionalistas Galegos, Colectivo Libertario Arco da Vella e independentes de Santiago e A Coruña que subscribiron un chamamento para a unidade do nacionalismo baixo os principios do recoñecemento do carácter plurinacional do Estado e do dereito de autodeterminación, do antiimperialismo, do autogoberno, da autoorganización e do pluralismo e a democracia interna e que levará á constitución dunha Comisión Xestora Nacional de 22 membros na que ademais dos grupos que participaran na xuntanza anterior están a ERGA e independentes de Vigo e o Condado, posteriormente integrouse Avance Nacionalista, formado por independentes da Coruña.

No seo da Comisión Xestora, as diferentes forzas presentaban as súas alternativas. O PSG dálle grande importancia á unidade do sindicalismo nacionalista e á participación nas institucións. Galicia Ceibe pola contra defende o boicot activo ás eleccións e a ruptura democrática. Avance Nacionalista propón que a nova organización rexeite todas as leis e procure a independencia nacional como única forma de dar sentido á soberanía. Nunha xuntanza celebrada o 27 de xuño apróbase o programa político da organización, defínese como unha organización nacionalista que non explicita a independencia, aínda que ve a creación dun Estado propio como algo preciso; a nova organización debe buscar a compatibilidade da vía institucional coa mobilización social na defensa dos intereses nacionais e populares. En posteriores xuntanzas establécense asembleas territoriais nas que se discutiu o documento aprobado antes da celebración da Asemblea fundacional. O 11 de xullo, a Asemblea de Nacionalistas Galegos decide retirarse da Comisión Xestora por considerar que a nova fronte estaba ao servizo dos partidos e pola falta dun programa político mínimo, con todo, os seus militantes continuaron a traballar a título individual na creación da nova organización.

I Asemblea Nacional editar

 
Vista actual do estadio de Riazor. No frontón do estadio celebrouse en 1982 a asemblea fundacional do BNG.

O 25 e 26 de setembro de 1982 tivo lugar no Frontón Municipal de Riazor da Coruña a Asemblea fundacional da nova fronte, previa desaparición do BNPG; esta nova forza preténdese interclasista, polo que se rexeita que o seu obxectivo final sexa unha sociedade socialista e a adopción da bandeira vermella, e asúmese a de Galicia coa estrela dos cinco cabos. O nome que resulta elixido para a nova organización é o de Bloque Nacionalista Galego, agrupando á AN-PG (que deixará de actuar tras esta Asemblea), á UPG, ao PSG e a outros colectivos independentes, xa que Galicia Ceibe decide deixar a organización ao decidirse na Asemblea Constituínte que o BNG participe nas eleccións, e o Colectivo Arco da Vella tamén a abandona por non estar conforme co nome elixido.

Nas eleccións xerais de 1982 a coalición Bloque-PSG tivo 38.522 votos, estes resultados electorais levaron a un debate interno no seo do PSG, o que leva a celebración dun Congreso extraordinario en xaneiro de 1983 no que se decide abandonar o BNG, mais un nutrido grupo de militantes do PSG segue no BNG co nome de Colectivo Socialista (CS). O PSG fusionaríase con Esquerda Galega (EG).

En abril dese mesmo ano celebráranse eleccións locais, as primeiras ás que concorría o BNG, obtendo 50.491 votos e 117 concelleiros/as.[9]

II Asemblea Nacional editar

En decembro de 1984 tivo lugar a II Asemblea Nacional en Santiago de Compostela. Nela definiuse a posición do BNG en aspectos fundamentais do seu proxecto político como o ecoloxismo, o feminismo, o ensino, a lingua ou a cultura.

Ao longo dese ano o BNG desenvolveu unha inxente actividade contra o desmantelamento industrial provocado pola política de "reconversión", participando activamente nas tres folgas xerais que teñen lugar en Galiza. Asemade, desenvolveu accións de protesta contra o que consideraba a apropiación e manipulación dos restos mortais de Castelao, recibindo como resposta unha dura represión policial. O recordo do político nacionalista foi o motivo do Día da Patria Galega, xornada na que o nacionalismo volveu acceder ao recinto histórico de Compostela despois de anos de prohibición[9].

Nas eleccións autonómicas de 1985 o BNG só acada un escano, o do portavoz nacional e candidato Xosé Manuel Beiras, mentres que Coalición Galega consegue 11 escanos, e o Partido Socialista Galego-Esquerda Galega gaña 3 escanos. As eleccións vólveas gañar Alianza Popular baixo o nome de Coalición Popular de Galicia.

Asemblea Nacional Extraordinaria de 1985 editar

 
Xosé Manuel Beiras foi o único representante do bloque no parlamento galego en 1985.

Os resultados electorais culminaron unha etapa de debate interno que desembocou na celebración dunha Asemblea Extraordinaria en Santiago o 15 de decembro, na que o BNG rectificou a súa táctica política a respecto da esixencia regulamentaria de acatar a Constitución para acceder ao Parlamento. Esta rectificación converteuse nun paso fundamental para o desenvolvemento do BNG no seu obxectivo de defender os intereses de Galiza.[9]

En 1986 a UPG ten unha escisión, creándose o Colectivo 22 de marzo que deu orixe á formación en xullo do Partido Comunista de Liberación Nacional (PCLN), de carácter independentista e comunista. O BNG ten de escoller a dirección política a tomar e escolle un camiño máis moderado. O BNG, liderado por Beiras desradicalízase para tentar gañar máis votos. Na terceira asemblea, o Partido Comunista de Liberación Nacional (que despois formará a Frente Popular Galega (FPG)) é expulsado da fronte por apoiar a Herri Batasuna.

Ese mesmo ano, tería lugar en marzo o referendo sobre a permanencia de España na OTAN, no que o BNG fixo campaña a favor do non. Nas eleccións ás Cortes españolas de xuño acadaríase a cifra de 27 049 votos. Ante os actos oficiais de celebración do cincuentenario do plebiscito do Estatuto de Autonomía de 1936, respondeu con actos e mobilizacións a favor do dereito á autodeterminación ante o que o BNG consideraba unha manipulación dos feitos.[9]

III Asemblea Nacional editar

 
En 1988 nace Galiza Nova, organización xuvenil do BNG.

Nos días 7 e 8 de febreiro de 1987 tivo lugar no Carballiño a III Asemblea Nacional. A militancia aprobou os mecanismos que permitirían a actualización das tácticas e das formas de traballo político iniciando o proceso de apertura da Fronte á sociedade galega. No marco dos actos da Mesa pola Normalización Lingüística en defensa do idioma galego foi presentada unha nova imaxe corporativa.[9]

Ante as eleccións ao Parlamento Europeo de 1987, acreditou na necesidade de configurar unha candidatura nacionalista unitaria para levar a voz de Galiza a Europa. As conversas entre as formacións nacionalistas non frutificaron, quedando o BNG como a única candidatura galega. No contexto das eleccións europeas o PCLN situárase fóra do BNG pola decisión de apoiar a candidatura de Herri Batasuna, vulnerando os acordos do Consello Nacional. En xuño celebráronse conxuntamente as eleccións europeas e municipais, o BNG obtivo 53 116 votos nas primeiras e 61 256 e 139 concelleiros/as nas segundas. Con estes resultados, converteuse na primeira organización nacionalista en número de votos.[9]

Ante a crise que atravesaban as institucións galegas, o BNG presentara en setembro dese mesmo ano un Proxecto de Lei de medidas urxentes para o desenvolvemento económico, político, social e cultural de Galiza. Este proxecto, coñecido como Lei de Bases, configuraríase na estrutura sobre a que se habería edificar o programa do Bloque no marco político vixente daquela[9].

En xullo de 1988 créase a organización xuvenil nacionalista Galiza Nova, que pasaría a integrarse no BNG. A celebración do 25 de xullo tería lugar este ano co slogan "Proxecto común", que sintetizaba a liña de renovación e integración impulsada pola III Asemblea Nacional. Ante a vaga de lumes que asolagaba Galiza ese ano, o BNG impulsou, xunto con diversas asociacións e colectivos ecoloxistas, a primeira iniciativa lexislativa popular que xorde en Galiza co obxecto de defender o patrimonio forestal galego.[9]

IV Asemblea Nacional editar

 
Bautista Álvarez, secretario xeral da UPG, regresou ao parlamento galego en 1989, despois de súa expulsión do mesmo en 1982

En febreiro de 1989 tivo lugar a IV Asemblea Nacional en Lugo. Os debates asemblearios centráronse na configuración dunha estratexia política ante a crise na que está sumida Galiza. Decidiuse presentar candidato á Presidencia da Xunta en consecuencia coa nova estratexia política aprobada dous anos antes no Carballiño[9]. Nas eleccións autonómicas de 1989 o BNG conseguiu 5 deputados con 105 703 votos (Xosé Manuel Beiras Torrado, Bautista Álvarez Domínguez, María Pilar García Negro, Alberte Xulio Rodríguez Feijoo e Francisco Trigo Durán), conseguindo crear un grupo parlamentario propio. O Partido Nacionalista Galego-Partido Galeguista (PNG-PG) e a FPG non obtiveron ningún escano. O PSG-EG conseguiu dous escanos. En xuño do mesmo ano tiveron lugar as segundas eleccións ao Parlamento Europeo, nas que o BNG, como única candidatura galega, reforzaría a súa posición como a primeira forza dentro do nacionalismo con 46 052 votos. En outubro celebráronse tamén anticipadamente eleccións ás Cortes española, nas que se acadarían 47 763 votos.[9]

En xuño de 1990 a Comisión Permanente fixo público o documento "Análise do BNG perante a situación económica de Galiza" no que se analizaba a realidade galega e se consideraba imprescindíbel a unidade do nacionalismo galego en torno a uns principios básicos. O slogan “Entre todos” presidiría o Día da Patria dese mesmo ano, no que participaría por primeira vez o PNG-PG.[9]

V Asemblea Nacional editar

En xaneiro de 1991 celebrouse en Vigo a V Asemblea Nacional. Asinábase o protocolo de integración de Galiza Nova. Ese ano viña desenvolvéndose unha intensa campaña co slogan "Galiza autodeterminación" que culminou o 6 de decembro nunha manifestación en Santiago de Compostela na que participaron máis de 10 000 persoas.[9] 1991 foi tamén o ano no que Inzar e PNG-PG se integraron BNG.

Eleccións municipais 1991 editar

Por outra banda, en maio tiveran lugar as eleccións municipais nas que o Bloque presentara 162 candidaturas coas que obtiveron 107 932 votos e 241 concelleiros/as. En Allariz o BNG acadou por vez primeira unha rotunda maioría absoluta da man de Anxo Quintana. En Fene anovábase por terceira vez a maioría absoluta ostentada desde 1983.

En 1992 manifestouse no apoio e participou activamente na Folga Xeral nacional do 2 de abril, un grupo de independentes dentro do Bloque crearon o colectivo Esquerda Nacionalista (EN) e no outono impulsouse unha campaña contra o Tratado de Maästricht , organizando actos explicativos en toda a nación sobre as consecuencias da Europa do capital. Finalmente, en decembro, celebrábase unha multitudinaria festa na Coruña co gallo do 10º aniversario da fundación do BNG.[9]

VI Asemblea Nacional editar

 
En 1994 creouse a CIG, organización que unificaba o sindicalismo nacionalista.

En marzo de 1993 convocábase a VI Asemblea Nacional, que tería lugar na Coruña. Ás eleccións ás Cortes españolas de xuño, o BNG concorrería co lema "Galiza con forza própria", obtendo 126 965 votos e ficando ás portas de obter representación nas provincias da Coruña e Pontevedra. O compromiso do BNG por unha Europa dos Pobos fundamentou a participación da organización no Forum Internacional en Dinamarca onde se reuniran organizacións e personalidades de diversos países europeos críticos co modelo de Europa consagrado polo Tratado de Maästricht.[9]

Nas eleccións autonómicas o BNG acada 269 233 votos e 13 deputados. Tras o fracaso nesas eleccións Unidade Galega (UG), antigo PSG-EG, incorporaríase tamén ao Bloque. O avance electoral exprésase no incremento colleitado nas cidades nas que se converte na segunda forza política.[9]

O avance na unidade do nacionalismo no plano político plasmaríase no plano sindical coa reunificación do sindicalismo nacionalista que culminaba en 1994 coa fundación da Confederación Intersindical Galega (CIG). A integración de UG en decembro culminaría o proxecto de unidade do nacionalismo iniciado en 1982. Nas eleccións europeas de xuño o BNG obtivo 139 221 votos. O Día da Patria adicouse á conmemoración do 50º aniversario de "Sempre en Galiza".[9]

As eleccións municipais de marzo de 1995 supuxeron a consolidación do avance do BNG, nas que obtivo 208 098 votos e 428 concelleiros.[9]

VII Asemblea Nacional editar

 
Francisco Rodriguez, na foto xunto ao presidente do goberno, foi elixido deputado no congreso en 1996.

En decembro de 1995 celebrouse na Feira de Mostras de Ferrol a VII Asemblea. A definición dos criterios de actuación do BNG nas Cortes Xerais e os eixos que debían artellar unha alternativa de goberno en Galiza centraron os traballos asemblearios. No plano cara á consolidación organizativa, aprobouse o desenvolvemento dos Estatutos orixinarios[9].

Nas eleccións ás Cortes españolas de marzo de 1996 o BNG obtivo 220 147 votos, conseguindo por vez primeira na súa historia dúas actas no Congreso dos Deputados de España, Guillerme Vázquez e Francisco Rodríguez. A actuación organizativa e política foi dirixida neste ano a estabelecer un contacto directo coa sociedade co obxectivo de conformar unha alternativa ao Partido Popular, celebrándose en outubro un acto masivo en Santiago de Compostela no que se presenta a alternativa e a Xosé Manuel Beiras como candidato á presidencia da Xunta. Deste xeito, o BNG concorre ás eleccións ao Parlamento galego de 1997 cun programa de goberno, acadando un éxito sen precedentes ao conseguir 395 435 votos e 18 deputados, converténdose na segunda forza política de Galiza por diante do PSdeG-PSOE.[9]

VIII Asemblea Nacional editar

 
En 1999 o BNG concorreu as eleccións europas en solitario. Camilo Nogueira foi elixido deputado con case 350000 votos.

En xuño de 1998 tivo lugar en Ourense a VIII Asemblea Nacional. Esta Asemblea marcou un fito no desenvolvemento da organización xa que nela se adecuaban as estratexias políticas á súa condición de alternativa de goberno. Unha das consecuencias desta Asemblea foi a sinatura da Declaración de Barcelona, xunto con PNV e CDC, como entente na defensa do recoñecemento do carácter plurinacional do Estado español. A esta Declaración séguiríanlle as de Gasteiz e a de Santiago de Compostela, que afondarían nos acordos de Barcelona.[9]

En maio de 1999 o BNG impulsou a creación da Fundación Galiza Sempre e volve concorrer en solitario ás eleccións ao Parlamento Europeo de xuño, obtendo 349 079 votos e por vez primeira un deputado na persoa de Camilo Nogueira.

Eleccións Municipais 1999 editar

Nas eleccións municipais obtéñense 290 187 votos e 585 concelleiros, o que supuxo un avance cualitativo xa que entraron no goberno en cinco das sete cidades galegas, en tres delas ocupando a alcaldía;[9] Miguel Anxo Fernández Lores en Pontevedra, Xaime Bello en Ferrol e Lois Pérez Castrillo en Vigo. Tamén se acadan maiorías absolutas en concellos de tamaño intermedio como Allariz, Fene, Poio ou nas Pontes, así como outros máis pequenos como Vilar de Santos.[10]

Eleccións ás Cortes Españolas 2000 editar

Nas eleccións ás Cortes españolas do ano 2000 o BNG obtivo 306 268 votos e 3 deputados e Anxo Quintana foi designado senador polo Parlamento galego, acadaría así o BNG por primeira vez representación na Cámara Alta, completando deste xeito a súa presenza en todos os foros de representación. Ese mesmo ano, o BNG converteuse en membro de pleno dereito do Partido Democrático dos Pobos de Europa - Alianza Libre Europea e en maio constituiríase no Parlamento Europeo o Intergrupo de nacións sen Estado, sendo nomeado presidente do mesmo Camilo Nogueira. Tamén se presentou en xuño, en Santiago de Compostela, o manifesto “Un compromiso responsábel co país”, no que o BNG pretendía establecer un diálogo aberto coa sociedade para construír a alternativa de goberno en Galiza. Asemade, participou activamente nas actividades da “Marcha Mundial de Mulleres”con delegación propia nas manifestacións que tiveron lugar en Bruxelas e Nova York á vez que presentaba o seu novo sitio web: www-bng-galiza.org.[9]

En xaneiro de 2001 o BNG presentou unha moción de censura no Parlamento de Galicia ante a xestión da Xunta fronte ao problema das “vacas tolas” . Ese mesmo ano e antes da celebración da IX Asemblea Nacional, o BNG exerceu de anfitrión no Encontro do Intergrupo de Nacións sen Estado no Parlamento europeo celebradas en Santiago de Compostela.[9]

IX Asemblea Nacional editar

En febreiro de 2001 tivo lugar en Santiago de Compostela a IX Asemblea Nacional, na que se reforza a idea do BNG como alternativa de goberno. O Bloque participaría activamente na folga de xuño contra os recortes sociais promovidos polo Goberno de Aznar. En outubro celebráronse as eleccións ao Parlamento de Galicia nas que obtivo 346 423 votos e 17 deputados, manténdose como segunda forza no Parlamento a pesar de descender o seu número de apoios con respecto ás eleccións anteriores e igualar en escanos co PSdeG-PSOE. O BNG tamén participaría activamente nas masivas mobilizacións contra a nova Lei Orgánica de Universidades (LOU).[9]

X Asemblea Nacional editar

 
O BNG creou a Fundación Galiza Sempre en 1999.

En abril de 2002 o BNG celebra na Coruña a X Asemblea Nacional. Nesta Asemblea adóptanse resolucións significativas como a substitución da Permanente pola Executiva Nacional que pasa a ser un órgano elixido pola Asemblea. O Bloque apoiou a folga xeral do 20 de xuño contra o decreto do Goberno español de reforma do sistema de cobertura do desemprego. En Vigo, celebraríase o Acto de Conmemoración do XX Aniversario do BNG. Por outra banda, a Fundación Galiza Sempre, en colaboración con Galiza Nova, organizaba os días 24 e 25 de xullo dese mesmo ano a primeira edición do Festigal.[9]

En novembro, perante a xestión da catástrofe ecolóxica producida polo buque Prestige, apoiou a autoorganización do pobo galego esixindo a depuración de responsabilidades políticas e solucións para reparar os danos e impedir que catástrofes desta caste volvan producirse. A iniciativa do BNG é respondida por numerosas entidades asociativas de Galiza. Desta iniciativa xurdiu o 21 de novembro a Plataforma Cidadá Nunca Máis. A indignación social ante o comportamento do Goberno español e da Xunta culminarían na presentación dunha moción de censura ao presidente Fraga que sería debatida no Parlamento de Galiza o 12 de decembro.[9]

En 2003 o BNG participou como parte activa na manifestación das “maletas” celebrada o 9 de febreiro na Coruña e na marcha a Madrid do día 23, que congregou centos de miles de galegos na capital do Estado e impulsou iniciativas en todos os ámbitos fronte á invasión de Iraq. Nas eleccións municipais presentou 307 listas e obtivo 325 331 votos e 595 concelleiros, pasando a formar goberno en 42 Concellos, en 19 ostentando a alcaldía. O resultado obtido na provincia da Coruña situouno nunha posición central para impulsar o cambio na Deputación, accedendo así a un goberno no que Xaime Bello sería o seu vicepresidente. Estas eleccións supuxeron un novo fito para o Bloque, xa que obtivo o mellor resultado da súa historia nunhas eleccións locais.[9]

XI Asemblea Nacional editar

 
Anxo Quintana substituíu a Xose Manuel Beiras como portavoz nacional do BNG en 2003.

En novembro de 2003, após a XI Asemblea Nacional, houbo un troco xeracional no BNG, no que Anxo Quintana sucedeu a Beiras como voceiro nacional e candidato á presidencia da Xunta de Galicia. O rival de Quintana fora, entón, o eurodeputado Camilo Nogueira, quen acadou 600 votos fronte os 1 700 do senador. Xosé Manuel Beiras pasa a ser elixido Presidente do Consello Nacional, cargo de nova creación.

Eleccións ás Cortes Españolas 2004 editar

Nas eleccións xerais de 2004, o BNG comeza unha crise polo continuo retroceso de votos, xa que só consegue 208 688 votos que lle dan 2 escanos no Congreso dos Deputados e ningún no Senado, aínda que por cota parlamentaria autonómica é escollido senador polo BNG Francisco Jorquera, quen substituíra a Anxo Quintana o ano anterior. Na investidura do Presidente do Goberno de España votouse a favor da candidatura de José Luis Rodríguez Zapatero.[11]

Eleccións ao Parlamento Europeo 2004 editar

Aínda que coas eleccións ao Parlamento Europeo, nas que, despois de presentarse en coalición co PNV e CiU (Galeusca), queda con dous eurodeputados, a redución do número de eurodeputados correspondentes ao Estado incidira negativamente na perda de representantes. Así e todo, en xullo do 2004, Anxo Quintana, establece cambios na cúpula do partido e foi presentado o documento de bases para un novo Estatuto de Nación para Galiza, no que se contiñan os criterios que debían orientar o proceso de reforma estatutaria. Este documento desenvolveuse no Foro polo Novo Estatuto con representantes de distintos ámbitos sociais e profesionais, coa finalidade de dotar ao BNG de achegas e de implicar á sociedade neste debate.[9]

Eleccións ao Parlamento de Galicia de 2005 editar

Tras as eleccións autonómicas de 2005 o BNG entrou no goberno de coalición presidido polo socialista Emilio Pérez Touriño no que o BNG tivo a vicepresidencia, que ocuparía Anxo Quintana coas consellarías de Relacións Institucionais e Benestar Social. Así mesmo, o BNG encargouse das consellerías de Cultura (Ánxela Bugallo), Industria (Fernando Blanco), Medio Rural (Alfredo Suárez Canal) e Vivenda (Teresa Táboas), de nova creación.

Tamén participaría ese ano o BNG na Asemblea Xeral de Galeuscat en Madrid, que marcou o inicio dunha nova andaina da alianza, fundando en xaneiro do ano seguinte a Tribuna Galeuscat dotándose de órganos permanentes de coordinación parlamentaria nas Cortes españolas. O arranque da campaña do 25 de xullo de 2006 tivo lugar o 28 de xuño, coincidindo co 70º aniversario do plebiscito do Estatuto de autonomía do 36, coa presentación en Santiago da Alianza Galeuscat, que contou coa presenza dos líderes do BNG, PNV e CiU e numerosa asistencia representativa do mundo social en Galiza.[9]

XII Asemblea Nacional editar

 
Discurso de Anxo Quintana na XII Asemblea Nacional en Santiago de Compostela.

Na XII Asemblea Nacional, celebrada en Santiago de Compostela o 2 e 3 de decembro de 2006, presentáronse catro candidaturas ao Consello Nacional, a oficial encabezada por Anxo Quintana e co apoio da UPG e dos independentes de Roberto Mera conseguiu 1.646 votos (62.57%) obtendo 31 representantes no Consello. A segunda candidatura foi Encontro Irmandiño (EI) liderada por Xosé Manuel Beiras que conseguiu 449 votos (17.09%), obtendo 9 representantes; A Alternativa encabezada por Rosario Fernández Velho e que conta co apoio de Camilo Nogueira e EN conseguiu 291 votos (11.06%), conseguindo 5 representantes.

A última candidatura foi o Movemento pola Base (MpB), formada sobre todo por membros de Galiza Nova e encabezada polo sindicalista da CIG Fermín Paz, que conseguiu 245 votos (9.32%) e 5 representantes. Trala votación chegouse a un acordo entre as diferentes candidaturas para a repartición dos membros da Executiva Nacional, a candidatura oficial leva 10 dos 15 membros, os outros cinco repártense entre EI e A Alternativa, o MpB apoiou o acordo malia quedar fóra da Executiva. Tamén se decidiu modificar a composición da seguinte Asemblea Nacional para que fose por delegados e non como antes aberta a todos os militantes.

A súa presenza institucional nese momento era de 595 concelleiros, 15 deputados provinciais, 13 deputados autonómicos, 2 deputados no Congreso dos Deputados, un senador e ningún eurodeputado.

Eleccións municipais 2007 editar

Nas eleccións municipais de maio de 2007, acadou o 19,15% dos sufraxios. Agudizou a súa caída nas cidades, lonxe da mensaxe intelectual e rebelde que tanto éxito colleitara nos anos noventa en segmentos urbanos e xuvenís do electorado. Este descenso compensouno con contundentes vitorias en vilas medias como Carballo, Arzúa, Teo, Monforte de Lemos, Bueu, O Porriño ou Pontecesures, ocupando espazos rurais e sociais que vai abandonando o Partido Popular. O estancamento tamén se compensou con perspectivas de maior poder institucional en concellos e deputacións (A Coruña e Lugo). Este resultado traduciuse de xeito global en 32 alcaldías e 37 cogobernos, o BNG conseguía así o maior número de representantes nas institucións locais da súa historia[9].

Eleccións ás Cortes Españolas 2008 editar

 
Francisco Jorquera, deputado do BNG no Congreso (2008–2012).

Nas Eleccións Xerais 2008 en España repetiu os resultados do 2004, acadando un deputado pola Coruña e unha deputada por Pontevedra.

Nesta lexislatura foi chave para a aprobación dos Orzamentos Xerais do Estado para o 2009, cos seus dous deputados no Congreso, conseguindo 125 millóns de euros extra dos 2.020 millóns previstos inicialmente para Galicia (76 deles en materia de Fomento[12]), ademais de varios traspasos de competencias[13]. Isto foi, en palabras do portavoz do BNG no congreso, Francisco Jorquera, "o investimento maior no noso territorio en toda a historia". Así pois, o apoio do Bloque a estes orzamentos provocou o rexeitamento das emendas á totalidade, sacando adiante os orzamentos no seu primeiro trámite[14].

Eleccións ao Parlamento Galego 2009 editar

Tras perderen un escano (de 13 a 12) nas eleccións ao Parlamento galego de 2009, celebradas o 1 de marzo, e que se saldaron coa maioría absoluta por un escano do PP, a executiva do BNG recoñeceu os malos resultados e dimitiu ante o Consello Nacional o 14 de marzo[15].

Asemblea Nacional Extraordinaria de 2009 editar

 
Manifestación do BNG polo día da Patria, en 2009.

O 18 de abril realizáronse asembleas comarcais para elixir os delegados que concorreron á Asemblea Nacional extraordinaria do 10 de maio. Nestas asembleas comarcais presentáronse 3 listas: Alternativa pola Unidade (ApU, impulsada pola UPG), Listas Abertas (impulsada polo EI), e +BNG. Tamén se presentaron outras listas nalgunhas comarcas como Independentes do Val Miñor, Movemento Galego ao Socialismo (MGS), Esquerda Socialista Galega e Independentes do Ribeiro. O resultado deu unha maioría de delegados para ApU[16].

O 10 de maio celebrouse a Asemblea nacional extraordinaria, na que se presentaron catro listas: Alternativa pola Unidade (ApU, encabezada por Guillerme Vázquez), Máis BNG (+BNG, encabezada por Carlos Aymerich), Encontro Irmandiño (encabezada por Xosé Manuel Beiras) e Máis Alá (impulsada polo MGS e encabezada por Rafa Villar). A elección ó Consello Nacional deu como resultado: 23 membros de ApU, 18 de +BNG, candidatura de Encontro 7 representantes e 2 para Máis Alá[17]. Da votación para a Executiva Nacional autoexcluíuse o Encontro Irmandiño, liderado por Beiras[18]. Presentáronse, pois, á executiva dúas listas: a de ApU (na que se integraba un representante de Máis Alá) e a de +BNG. A lista encabezada por Guillerme Vázquez obtivo 1189 votos (55,1% de apoio) o que lle outorgou 8 representantes, mentres que a encabezada por Carlos Aymerich conseguiu 969 votos (44,9% de apoio) e 7 representantes[19]. Así pois, Guillerme Vázquez resultaba elixido portavoz nacional do BNG, en substitución de Anxo Quintana[20].

Eleccións Municipais 2011 editar

As Eleccións municipais de 2011 supuxeron a saída do BNG dos gobernos de coalición de Ferrol e da Coruña por mor das maiorías absolutas acadadas polo PP e por vez primeira diminuíu o número de concelleiros totais acadados con respecto ás anteriores eleccións. Pese ao descenso, grazas ás maiorías obtidas e os apoios doutras forzas políticas, principalmente do PSdeG-PSOE, foi quen de acceder a un total de 29 alcaldías: na Bola, na Pobra do Brollón, Arbo, Allariz, Arzúa, Cariño, Bueu, Carballo, Vimianzo, Castrelo de Miño, Carnota, Monforte de Lemos, Maceda, Maceda de Trives, Mondoñedo, Mugardos, Poio, Pontecesures, Pontevedra, Rianxo, Ribadeo, Riotorto, Salceda de Caselas, San Sadurniño, Teo, Tomiño, Vilar de Santos, na Mezquita e Zas[21].

XIII Asemblea Nacional editar

O sábado 28 e o domingo 29 de xaneiro de 2012 celebrouse a XIII Asemblea Nacional[22] no Recinto feiral de Amio en Santiago de Compostela, na que se elixiu a dirección, así como o voceiro nacional e o seu candidato para a Xunta. Presentáronse tres listas: Alternativa pola Unidade (ApU), co apoio da UPG e con Guillerme Vázquez para voceiro e Francisco Jorquera para candidato; unha lista encabezada por Máis Galiza (+G) e EI (+G-EI), co apoio do CS, PNG-PG, EN, Inzar, UG e Espazo Socialista Galego, con Xosé Manuel Beiras para voceiro e Carlos Aymerich para candidato; e unha lista de MGS, encabezada por Rafa Villar.[23][24][25] Finalmente, Guillerme Vázquez resultou reelixido portavoz nacional con 2.123 votos fronte Xosé Manuel Beiras, con 1.823 votos; e Francisco Jorquera candidato á presidencia da Xunta con 2.338 votos (53 %) fronte aos 2.043 votos (46 %) conseguidos por Carlos Aymerich. A Executiva formouse con 7 membros de ApU, 7 de +G-EI e 1 de MGS; así mesmo, a votación do Consello Nacional deparou 2.164 apoios (48 %) para ApU, 2.026 (45 %) para +G-EI e 248 (5 %) para MGS.[26]

Tras a citada asemblea, debido ás tensións internas e ideolóxicas, partidos como EI[27] e EN[28] decidiron abandonar o BNG. A corrente Máis Galiza,[29] (a segunda forza máis votada tras a UPG) e o PNG-PG[30][31] anunciaron asembleas propias para decidir a súa continuidade, decidindo ao final, deixar o Bloque. Froito desta escisión o BNG perdeu o control de varias alcaldías, como as de Maceda, Maceda de Trives, Teo, Arbo[32] ou Vilar de Santos[33].

XIV Asemblea Nacional editar

 
Mobilización do BNG ante a catedral de Santiago de Compostela pola súa exclusión da RTVG nos espazos electorais das europeas de 2014.

Tras a asemblea do 17 de marzo de 2013 que tivo lugar no Palacio de Congresos de Santiago de Compostela[34], produciuse de novo unha remuda na portavocía nacional, abandonando o cargo Guillerme Vázquez como consecuencia dos malos resultados acadados nas eleccións ao Parlamento de Galicia 2012. Sería substituído por Xavier Vence[35]. Após esta asemblea o BNG adoptou posturas abertamente soberanistas co obxectivo da construción da República Galega. Este movemento provoca que o equipo de goberno de Salceda de Caselas se dea de baixa no partido[36].

En novembro de 2014 a alcaldesa da Bola Teresa Barge mais outros cinco edís do goberno municipal déronse de baixa do BNG. Estes cinco exmilitantes concorrerían nas eleccións que se haberían celebrar o ano seguinte baixo as siglas do PP. Barge xa formara parte do goberno municipal do PP, liderado polo seu pai, mais en 2003 desaloxouno da alcaldía cunha agrupación independente grazas ao apoio do BNG, partido no que pasaría integrarse en 2007 animada por Anxo Quintana[37][38]. Con todo, isto non lle impedira ser compromisaria afín a José Manuel Baltar Blanco en 2010, no congreso que PP de Ourense habería de celebrar para suceder a Xosé Luís Baltar[39].

Eleccións Municipais 2015 editar

Nas eleccións municipais de 2015 o BNG concorreu baixo a marca BNG-Asembleas Abertas[40]. Sufriu un importante descenso de 72 000 votos en total, os máis deles nas cidades agás Pontevedra, onde Fernández Lores anovaría unha vez máis na alcaldía; na Coruña, Lugo e Ferrol viuse amplamente superado polas Mareas e incluso perdeu a súa representación en Vigo e Ourense[41]. Pola contra, no rural, a pesar da perda de alcaldías que seguiron a ser nacionalistas -mais xa con outras siglas- por mor da escisión producida trala XIII Asemblea, o BNG foi quen de acadar novas maiorías absolutas como as de Vimianzo, Mazaricos ou Carballo e manter outras como Allariz[42], Zas, Carnota, Poio ou Bueu. En total, o partido conseguiu 30 alcaldías: Allariz, Baños de Molgas, Barro, Boimorto, Bueu, Carballo, Carnota, Castrelo de Miño, Fene, Mazaricos, A Mezquita, Moaña, Moeche, Muras, As Neves, A Pobra de Brollón, Poio, Ponteareas, Pontecesures, Pontevedra, Rianxo, A Rúa, Ribadeo, San Sadurniño, Santiso, Tomiño, Toques, Viana do Bolo, Vimianzo e Zas[43].

En Boimorto o cabeza de lista do BNG-Asembleas Abertas Xosé Luís Rivas Cruz "Mini", pese a contar só con dous edís, foi investido alcalde co apoio dos catro do PSdeG-PSOE[44], fronte os cinco do PP. Porén, dous meses despois Gonzalo Concheiro, candidato do PP, pasa a ser novo alcalde de Boimorto tras prosperar unha moción de censura do PP apoiada por un concelleiro que fora elixido nas listas do PSdeG-PSOE pero que pasara a ser non adscrito no mes de xullo[45]. Tamén se perden posteriormente en senllas mocións de censura as alcaldías de Pontecesures (maio de 2016) e Fene (abril de 2018).

En abril de 2016 o alcalde de Vimianzo -Manuel Antelo- xunto con toda a corporación do BNG local, anunciaban a súa baixa na fronte par como mostra do seu rexeitamento ás posturas a adoptar após a XV Asemblea Nacional celebrada na Coruña, convocada logo dos malos resultados colleitados nas eleccións ás Cortes de España de 2015[46].

Eleccións ás Cortes Españolas 2015 editar

De cara ás eleccións ás Cortes Españolas de 2015 tiveron lugar nos meses previos diversas reunións de distintos líderes e partidos políticos do centro-esquerda galego (con excepción do PSdG-PSOE), o obxectivo era xuntar forzas para acadar grupo parlamentario propio que representara exclusivamente os intereses galegos. Isto materializouse en dous movementos coñecidos como Iniciativa pola Unión e Encontro Cidadán por unha Marea Galega, que acordaron lanzar unha convocatoria conxunta aos partidos[47]. Finalmente non houbo pleno acordo e o BNG liderou nas catro provincias a coalición Nós - Candidatura Galega, á que se sumaron pequenos partidos galeguistas e que contou cos apoios de Rafael Cuíña[48] (daquela alcalde de Lalín e militante de Compromiso por Galicia) e Cerna, partido que decidiu non integrar ningunha candidatura e á súa vez apoiar a outra coalición resultante, a de En Marea - Podemos[49].

O resultado dos comicios foron realmente malos xa que o BNG perdeu toda a representación que ostentaba no Congreso desde 1996, cun descenso de máis da metade dos votos con respecto a 2011, mentres que a outra formación nacionalista galega de esquerdas xurdida da escisión da XIII Asemblea Nacional, Anova, conseguía dous deputados grazas á coalición En Marea - Podemos.

XV Asemblea Nacional editar

 
Executiva Nacional elixida na XV Asemblea Nacional no ano 2016.

Tras a Asemblea Nacional celebrada no Palacio de Exposicións e Congresos da Coruña o 28 de febreiro de 2016, a deputada e membro da directiva Ana Pontón resultou elixida voceira nacional. A súa candidatura foi referendada por máis do 85% dos votos[50]. Desta maneira, superou amplamente á outra candidatura coa que competía, promovida por militantes da comarca da Barbanza e encabezada por Carlos Branco Ansoar[51]. Ana Pontón sucedeu así a Xavier Vence, quen anunciara o seu desexo de non seguir como líder do Bloque após os malos resultados colleitados nas eleccións ás Cortes Españolas celebradas o 20 de decembro de 2015[52]. Ademais, adoptouse a decisión de retomar a fórmula de que o portavoz nacional sería á súa vez, o principal candidato ás vindeiras eleccións ao Parlamento de Galicia, como así se recolleu no ditame de dita asemblea[53].

Como resultado tamén do debate e medidas aprobadas, producíronse as baixas de Carlos Aymerich e o exvoceiro nacional Anxo Quintana, que anunciaran a súa desconformidade coa decisión de continuar en solitario cara ás vindeiras eleccións ao Parlamento de Galicia 2016 e non confluír con outras forzas de esquerda como as que representaban AGE ou En Marea-Podemos[54][55].

 
Carteis electorais para as eleccións galegas de 2016

Eleccións ás Cortes Españolas 2016 editar

Froito da imposibilidade de acordar un novo goberno logo das eleccións de decembro de 2015, volvéronse convocar eleccións para o 27 de xuño de 2016. Desta volta o BNG concorrería baixo a candidatura BNG-Nós, obtendo uns resultados aínda peores cós de había seis meses, con só 44.902 votos[56] no Congreso. Con estes resultados, o BNG volveu ficar sen ningún deputado ou senador nas Cortes españolas.

Eleccións ao Parlamento Galego 2016 editar

Ana Pontón foi proclamada candidata do BNG ás eleccións do Parlamento Galego de 2016, fixadas para o 25 de setembro. A pesar das malas perspectivas electorais que as enquisas outorgaban ao Bloque, a súa candidatura logrou finalmente 119.446 votos[57]. O Bloque seguiu sendo a cuarta forza no Parlamento Galego, con só un deputado menos que na lexislatura anterior. En concreto o Bloque logrou dous deputados pola Coruña (Ana Pontón e Xosé Luís Rivas "Mini"), outros dous pola provincia de Pontevedra (Montse Prado e Luís Bará), unha deputada pola provincia de Lugo (Olalla Rodil) e outra pola de Ourense (Noa Presas).

XVI Asemblea Nacional editar

Ana Pontón na XVI Asemblea Nacional no 2017.

A XVI Asemblea Nacional celebrouse o 25 e 26 de marzo de 2017 no Palacio de Exposicións e Congresos da Coruña. Os resultados acadados nas eleccións ao Parlamento Galego do ano anterior propiciaron unha asemblea sen grosos debates, onde se priorizou a imaxe de unidade interna tralas tensións de asembleas anteriores. O clima de unidade foi referendado na reelección de Ana Pontón como portavoz nacional co 98% dos votos da militancia[58].

Eleccións ás Cortes Españolas de abril de 2019 editar

Tras a moción de censura a Mariano Rajoy e a posterior imposibilidade de Pedro Sánchez de aprobar os orzamentos convocáronse as eleccións de abril de 2019. O BNG obtivo 94.433 votos, máis do dobre que nas anteriores xerais, pero insuficientes para entrar no Parlamento.[59]

Eleccións ao Parlamento Europeo de maio de 2019 editar

Nas eleccións ao Parlamento Europeo, que tiveron lugar entre o 23 e o 26 de maio de 2019, o BNG concorreu integrado na coalición Agora Repúblicas canda Esquerra Republicana de Catalunya e EH Bildu. O BNG duplicou os votos que tivera en Galiza nas eleccións anteriores e a coalición conseguiu tres escanos. Dous deles foron ocupados por ERC en tanto que o outro foi ocupado de xeito rotatorio por Bildu (tres anos) e BNG (2 anos). Ana Miranda Paz ocupou o escano o 5 de setembro de 2022.[60]

Eleccións ás Cortes Españolas de novembro de 2019 editar

En novembro de 2019 realizáronse unhas novas eleccións, despois de que non se lograra a formación dun goberno. O BNG logrou volver ao Congreso catro anos despois, recibindo 119.597 votos, un 0,5%, obtendo así un escano pola provincia da Coruña para Néstor Rego.[61]

Eleccións ao Parlamento Galego 2020 editar

En xaneiro de 2020 a militancia proclamou de novo a Ana Pontón como candidata a presidir a Xunta.[62] As eleccións ao Parlamento, fixadas inicialmente para abril foron celebradas finalmente o 12 de xullo, tras ser adiadas por mor da pandemia por coronavirus. O BNG obtivo 19 escanos, 13 máis que nos anteriores comicios, e bateu a marca de 18 que obtivera na etapa de Beiras en 1997.[63] Conseguiu ademais a porcentaxe máis alta de votos da súa historia (25,33%) e superou ao PSdeG, converténdose na segunda forza no Parlamento 19 anos despois.[64][65] O BNG achegou os cinco deputados máis novos da lexislatura.[66]

Estrutura interna editar

 
Sede Nacional do BNG, Santiago de Compostela.

O nacemento do BNG xorde coa intención de aglutinar no seu interior toda a ampla gama ideolóxica do nacionalismo. Por esta razón, a súa organización é frontista. Dentro del conviven partidos, colectivos nacionalistas e militantes individuais (a gran maioría):

Executiva Nacional editar

A Executiva Nacional é o órgano que leva á práctica as liñas programáticas do BNG e xestiona a política do día a día. Reúnese con frecuencia semanal e na actualidade está composta por:[68]

Cadro de líderes históricos editar

Período Portavoz Nacional Candidatura á Xunta Parlamento Galego Parlamento Español Senado Español Parlamento Europeo
1982-1985 non existe o cargo vacante Bautista Álvarez [e 1] sen representación sen representación sen representación
1985-1995 Xosé Manuel Beiras
1995-1996 Xosé Manuel Beiras
1996-1999 Xosé Manuel Beiras Francisco Rodríguez
1999-2000 Camilo Nogueira
2000-2001 Anxo Quintana
2001-2003 vacante
2003-2004 Anxo Quintana Anxo Quintana
2004-2005 sen representación
2005-2008 Anxo Quintana Francisco Jorquera
2008-2009 Francisco Jorquera Xosé Manuel Pérez Bouza
2009-2012 Guillerme Vázquez Francisco Jorquera Carlos Aymerich
Ana Pontón (2012)
2012-2013 Xavier Vence vacante Francisco Jorquera Olaia Fernández Davila sen representación Ana Miranda Paz
2013-2016 sen representación
2016-2019 Ana Pontón Ana Pontón sen representación
2019-2022 Ana Pontón Néstor Rego
Dende 2022 Ana Miranda Paz
  1. Elixido como cabeza de lista do BNPG-PSG pola provincia da Coruña, sería expulsado canda os seus compañeiros de coalición por non acatar a Constitución Española.

Representación parlamentaria editar

No Parlamento galego editar

No Congreso dos Deputados editar

Nos concellos editar

Evolución do voto editar

Eleccións ao Parlamento de Galicia editar

Ano Candidato Representantes Porcentaxe Diferenza Votos Porcentaxe Diferenza
1985 Xosé Manuel Beiras 1 parlamentario 1,3% 1 53.072 4,2% 53.072
1989 Xosé Manuel Beiras 5 parlamentarios 6,7% 4 105.698 8% 52.626
1993 Xosé Manuel Beiras 13 parlamentarios 17,3% 8 269.233 18,5% 163.525
1997 Xosé Manuel Beiras 18 parlamentarios 24% 5 395.435 24,8% 126.202
2001 Xosé Manuel Beiras 17 parlamentarios 22,7% 1 346.423 22,6% 49.003
2005 Anxo Quintana 13 parlamentarios 17,3% 4 311.954 18,57% 34.469
2009[69] Anxo Quintana 12 parlamentarios 16% 1 270.712 16,28% 41.242
2012 Francisco Jorquera 7 parlamentarios 9,33% 5 145.389 10,10% 146.027
2016 Ana Pontón 6 parlamentarios 8% 1 119.446 8,33% 34.469
2020 Ana Pontón 19 parlamentarios 25,33% 13 310.137 23,8 % 190.691
2024 Ana Pontón 25 parlamentarios 33,3% 6 467.074 31,28% 156.937

Eleccións ao Congreso dos Deputados editar

Ano Voceiro Representantes Porcentaxe Diferenza Votos Porcentaxe Diferenza
1986 Sen representación ningún deputado 0% 0 27.049 0,13% 27.049
1989 Sen representación ningún deputado 0% 0 47.763 0,23% 20.714
1993 Sen representación ningún deputado 0% 0 126.965 0,54% 79.202
1996 Francisco Rodríguez 2 deputados 0,57% 2 220.147 0,88% 93.182
2000 Francisco Rodríguez 3 deputados 0,86% 1 306.268 1,32% 86.121
2004 Francisco Rodríguez 2 deputados 0,57% 1 208.688 0,81% 97.580
2008 Francisco Jorquera 2 deputados 0,57% 0 212.543 0,83% 3.855
2011 Francisco Jorquera (até 2012) e

Olaia Fernández Davila

2 deputados 0,57% 0 183.279 0,75% 29.264
2015 Sen representación ningún deputado 0% 2 70.863 0,28% 112.815
2016 Sen representación ningún deputado 0% 0 44.902[70] 0,19%[70] 25.562
abril de 2019 Sen representación ningún deputado 0% 0 93.810[70] 0,36%[70] 48.908
novembro de 2019 Néstor Rego 1 deputado 0,29% 1 119.597 0,50%[1] 25.787

Eleccións ao Parlamento Europeo editar

Ano Candidatura Representantes Porcentaxe Diferenza Votos do BNG Votos da candidatura Porcentaxe candidatura Diferenza candidatura
1987 Bloque Nacionalista Galego 0 parlamentarios 0% 0 53.116 53.116 0,28% 53.116
1989 Bloque Nacionalista Galego 0 parlamentarios 0% 0 46.052 46.052 0,29% 7.064
1994 Bloque Nacionalista Galego 0 parlamentarios 0% 0 139.221 139.221 0,75% 93.169
1999 Bloque Nacionalista Galego 1 parlamentario 1,56% 1 349.079 349.079 1,65% 209.858
2004 Galeusca - Pobos de Europa 2 parlamentarios 3,7% 1 141.756 798.816 5,15% 449.737
2009 Europa dos Pobos - Verdes 1 parlamentario†† 2% 1 102.323 391.962 2,5% 406.854
2014 Os Pobos Deciden 1 parlamentario††† 2% 0 80.017 326.464 2,08% 65.498
2019 Agora Repúblicas 0 parlamentarios * 13,63% 1 171.500 1.257.484[71] 5,61%[71] 931.020

A candidatura de 2004, con Galeusca, os deputados son o de CDC e PNV. Faltaron 333 votos para o terceiro escano, que sería para Camilo Nogueira, debido á impugnación selectiva de mesas feita polo PP para evitar que o BNG tivese eurodeputado propio. Dos votos da coalición, 141.756 corresponden ao BNG, o 12,32% dos votos emitidos en Galiza[72].
†† Os votos do BNG foron 102.326, o 9,40% dos emitidos en Galiza[73].

††† Os votos do BNG foron 80.394, o 7,88% dos emitidos en Galiza. Como resultado dos acordos adoptados polos partidos integrantes, o candidato de EH Bildu Josu Juaristi estaría os primeiros tres anos e medio no Europarlamento e a candidata do BNG Ana Miranda o restante ano e medio[Cómpre referencia].

Eleccións municipais editar

Ano Votos Porcentaxe (%) Concelleiros Maiorías
absolutas
Maiorías
simples
1983 49 000 - 14 1 1
1987 61 000 4,53 139 2
1991 107 000 7,71 241 2
1995 208 000 13,15 428
1999 290 000 18,54 586 5
2003 325 000 19,41 595
2007 315 279 19,15 661
2011[74] 261 513 16,52 590 11 12
2015[75] 190 158 12,58 468 13 4
2019[76] 194 462 12,87 456 14 10
2023[77] 248.676 17,25 590 8 18

Notas editar

  1. http://praza.com/politica/2004/o-bng-chama-a-avanzar-na-soberania-nacional-algo-que-so-pode-facer-unha-forza-sen-tutelas-alleas/
  2. http://elpais.com/diario/2011/12/17/galicia/1324120695_850215.html
  3. 3,0 3,1 Bloque Nacionalista Galego. "En bloque cara a un tempo novo". Asemblea Nacional BNG (XVI): 17. 
    Na construción do noso discurso “nacionalismo”, “esquerda”, “feminismo”,

    ecoloxismo”..., non deben ser entendidos como unha xustaposición de elementos

    que conforman o noso ideario(...)
  4. "Principios do BNG.". Arquivado dende o orixinal o 16 de xuño de 2010. Consultado o 21 de Agosto de 2018. 
  5. A Nosa Terra (23 abr 2009). 'Temos 9.000 militantes, hai que multiplicalos'. 
  6. Alcaldías do BNG Arquivado 08 de xullo de 2015 en Wayback Machine. Páxina web do BNG. Recuperado o 31 de xullo de 2015.
  7. Ana Miranda: “A UE excluirá o xeito da prohibición das redes de deriva e non porque vaia Feijóo alí” Arquivado 01 de agosto de 2015 en Wayback Machine. www.elcorreogallego.es, 31-01-2015.
  8. Anxel., Vence (25-10-1982). "Incidentes en el Parlamento de Galicia por la expulsión de tres parlamentarios nacionalistas". El País. Consultado o 13-05-2013. 
  9. 9,00 9,01 9,02 9,03 9,04 9,05 9,06 9,07 9,08 9,09 9,10 9,11 9,12 9,13 9,14 9,15 9,16 9,17 9,18 9,19 9,20 9,21 9,22 9,23 9,24 9,25 9,26 9,27 9,28 9,29 "A Historia do BNG". arquivo.bng-galiza.org. Arquivado dende o orixinal o 02-03-2014. Consultado o 08-03-2016. 
  10. "Resultados elecciones". lainformacion.com. Arquivado dende o orixinal o 09-04-2016. Consultado o 10-03-2016. 
  11. "Bloque Nacionalista Galego, Anova y Partido Socialista Galego - Esquerda Galega". historiaelectoral.com. Consultado o 09-03-2016. 
  12. BNG dice que Fomento dedicará a Galicia 76 millones más gracias a su apoyo a los presupuestos Arquivado 12 de marzo de 2016 en Wayback Machine. (en castelán).
  13. La inversión "más alta de la historia" para Galicia (en castelán).
  14. [https://cincodias.elpais.com/cincodias/2008/10/17/economia/1224379411_850215.html# El Gobierno logra acuerdos con PNV y BNG para sacar adelante los Presupuestos
  15. A Executiva do BNG dimite ante o Consello Nacional Arquivado 17 de marzo de 2009 en Wayback Machine., GZnación.com.
  16. Eleccións de delegados Arquivado 24 de xuño de 2009 en Wayback Machine..
  17. Guillerme Vázquez novo portavoz nacional do BNG, Vieiros.
  18. Beiras chama a non participar na nova Executiva Arquivado 13 de maio de 2009 en Wayback Machine., A nosa Terra.
  19. Resumo da Asemblea Arquivado 14 de maio de 2009 en Wayback Machine., blog Por un BNG de futuro e con futuro.
  20. Vázquez é o novo voceiro nacional do BNG Arquivado 15 de maio de 2009 en Wayback Machine., A nosa Terra.
  21. "Alcaldesas e alcaldes do BNG en Galiza". Arquivo de www.bng-galiza.org. Arquivado dende o orixinal o 11-03-2016. Consultado o 10-03-2016. 
  22. "Documentos da XIII Asemblea Nacional do BNG". Arquivado dende o orixinal o 27/05/2020. Consultado o 5/04/2019. 
  23. Unos 5.300 militantes del BNG se reúnen en su décimotercera Asamblea, Europa Press, 28 de xaneiro de 2012.
  24. La reinvención del BNG, El Mundo, 28 de xaneiro de 2012.
  25. El BNG contra el BNG, El País, 23 de xaneiro de 2012.
  26. Francisco Jorquera optará a la presidencia de la Xunta por el BNG, La Voz de Galicia, 29 de xaneiro de 2011.
  27. Beiras se va tras 30 años en el BNG, La Voz de Galicia, 13 de febreiro de 2012.
  28. La dirección de Esquerda Nacionalista acuerda su escisión del BNG "sin vuelta atrás", Faro de Vigo, 12 de febreiro de 2012.
  29. "Mais Galiza decidirá el 11 de marzo si continuo o no dentro del BNG, ABC, 12 de febreiro de 2012.". Arquivado dende o orixinal o 08 de outubro de 2012. Consultado o 25 de xuño de 2012. 
  30. Esquerda Nacionalista anuncia su adiós, La Voz de Galicia, 12 de febreiro de 2012.
  31. Esquerda Nacionalista y el PNG acuerdan que sus bases ratifiquen la salida del BNG Arquivado 01 de marzo de 2014 en Wayback Machine., El Correo Gallego, 12 de febreiro de 2012.
  32. Daniel Salgado (16 de febreiro de 2012). "Las deserciones en el BNG ya suman cuatro alcaldes". Consultado o 10-03-2016. 
  33. S. de la Fuente. Faro de Vigo (3 de outubro de 2012). "El alcalde y los seis ediles de Vilar de Santos dejan el BNG para apoyar la candidatura de CxG a la Xunta". Consultado o 10-03-2016. 
  34. EFE. elDiario.es (17 de marzo de 2013). "Vázquez dice que nadie destruirá al BNG y Vence pide que cesen las luchas". Consultado o 08-03-2016. 
  35. "Mais de 2.000 militantes do BNG participan na súa XIV Asemblea Nacional". bng.gal. Consultado o 08-03-2016. 
  36. SANTIAGO, X. A. TABOADA / E. GONZÁLEZ- (2013-04-13). "El alcalde de Salceda y sus cinco ediles dejan el BNG, que agrava su pérdida de poder local". Faro de Vigo (en castelán). Consultado o 2021-11-15. 
  37. Faro de Vigo (20 de novembro de 2014). "A alcaldesa e cinco edís da Bola deixan o BNG por falta de ´criterios e liderado claros´". Consultado o 10-03-2016. 
  38. Pablo Taboada. El País (19 de novembro de 2014). "La alcaldesa de A Bola deja el BNG y no descarta entrar en el PP". Consultado o 10-03-2016. 
  39. Xosé Manoel Rodríguez. La Voz de Galicia (12 de xaneiro de 2010). "Baltar tendrá como compromisaria a una candidata del BNG en A Bola". Consultado o 10-03-2016. 
  40. El País (20 outubro de 2014). "El Bloque acudirá a las municipales como BNG Asambleas Abertas". Consultado o 08-03-2016. 
  41. P. Pérez. La Opinión A Coruña (25 de maio de 2015). "El BNG tilda de "agridulce" el 24-M y analizará por qué falló en las ciudades". Consultado o 08-03-2016. 
  42. La Región (25 de maio de 2015). "El BNG revalida la alcaldía y el PP baja en Allariz". Consultado o 08-03-2016. 
  43. "Alcaldías do BNG". bng.gal. Arquivado dende o orixinal o 02-03-2016. Consultado o 10-03-2016. 
  44. Lombao, David (16 de xuño de 2015). "O grande reto dos artistas é materializar algún soño; agardo que a política nos sirva para iso". Praza.gal. Consultado o 18 de xuño de 2015. 
  45. D. A. Sermos Galiza (14 de agosto de 2015). "O PP bota da alcaldía a Xosé Luís Rivas 'Mini'". Arquivado dende o orixinal o 12 de marzo de 2016. Consultado o 11-03-2016. 
  46. Redacción, QPC, (2016-04-26). "Manuel Antelo: “Deixamos o BNG porque non podemos ser os pepiños grilo toda a vida”". Arquivado dende o orixinal o 27 de abril de 2016. Consultado o 2016-07-03. 
  47. "Encontro Cidadán por unha Marea Galega e Iniciativa pola Unión acordan lanzar unha convocatoria conxunta aos partidos". Encontro Cidadán por unha Marea Galega. Arquivado dende o orixinal o 11-03-2016. Consultado o 11-03-2016. 
  48. Europa Press. Faro de Vigo (10 de decembro de 2015). "Rafael Cuiña, de Compromiso por Galicia, muestra en Vigo su apoyo al proyecto de NÓS". Consultado o 11-03-2015. 
  49. Galicia Confidencial (29 de novembro de 2015). "Cerna pide o voto para as "dúas candidaturas resultantes da fallida unidade" por riba das "miserias das cúpulas"". Consultado o 11-03-2015. 
  50. "Ana Pontón, elegida nueva portavoz nacional del BNG". 28/02/2016. Arquivado dende o orixinal o 04/04/2016. Consultado o 5/04/2019. 
  51. "El BNG barbanzano logra una representación histórica en los órganos de dirección del partido". 4/03/2016. Consultado o 5/04/2019. 
  52. Galicia Confidencial (16 de xaneiro de 2016). "Vence deixará a portavocía do BNG na asemblea de febreiro". Consultado o 08-03-2016. 
  53. "Ditame de emendas ao relatorio e votos particulares" (PDF). bng.gal. Arquivado dende o orixinal (PDF) o 08-03-2016. Consultado o 08-03-2016. 
  54. Galicia Confidencial (28 de febreiro de 2016). "Aymerich abandona o BNG tras gañaren as teses da UPG". Consultado o 08-03-2016. 
  55. Galicia Confidencial (03 de marzo de 2016). "Quintana deixa o BNG, mais non o nacionalismo". Consultado o 08-03-2016. 
  56. PAÍS, Ediciones EL. "Resultados Electorales en Galicia: Elecciones Generales 2016" (en castelán). Consultado o 2016-07-03. 
  57. "DOG do 10 de outubro de 2016" (PDF). eleccions2016.xunta.gal. Consultado o 5/04/2019. 
  58. "Ana Pontón, reelegida como líder del BNG con el 98% de los votos". 27/03/2017. Consultado o 5/04/2019. 
  59. "El BNG no logra escaño, pero es el partido que más crece en votos después de Vox". La Voz de Galicia (en castelán). 30 de abril de 2019. Consultado o 12 de novembro de 2019. 
  60. "Ana Miranda asegura que o escano do BNG na Eurocámara será "máis social, feminista e ecoloxista ca nunca"". Nós Diario. 2022-09-06. Consultado o 2022-09-06. 
  61. "O BNG volve ao Congreso e evita que Vox teña escano por Galiza". Sermos Galiza. 10 de novembro de 2019. Arquivado dende o orixinal o 12 de novembro de 2019. Consultado o 12 de novembro de 2019. 
  62. "O BNG proclama Ana Pontón candidata á Presidencia da Xunta". Nós Diario. 11 de xaneiro de 2020. Consultado o 13 de xullo de 2020. 
  63. "El BNG rompe su techo con 19 diputados". Faro de Vigo (en castelán). 13 de xullo de 2020. Consultado o 13 de xullo de 2020. 
  64. "PP 41, BNG 19, PSdeG 15". Nós Diario. 12 de xullo de 2020. Consultado o 13 de xullo de 2020. 
  65. "El BNG rompe su techo histórico y se convierte en líder de la oposición a costa de Podemos y las Mareas". RTVE (en castelán). 12 de xullo de 2020. Consultado o 13 de xullo de 2020. 
  66. "Conta de Twitter de Daniel Castro García". Twitter. Consultado o 2020-07-21. 
  67. Ana Pontón: ”A integración da FOGA no BNG fortalece a casa común do nacionalismo”. Web oficial do BNG, 27 Xan 2017.
  68. "Executiva Nacional". BNG - Bloque Nacionalista Galego (en castelán). Consultado o 13 de xullo de 2020. 
  69. "Resultados definitivos das eleccións ao Parlamento de Galicia de 2009, no Diario Oficial de Galicia, nº. 60 do 27 de marzo de 2009." (PDF). Arquivado dende o orixinal (PDF) o 03 de marzo de 2016. Consultado o 28 de maio de 2009. 
  70. 70,0 70,1 70,2 70,3 Resultado elecciones 2019
  71. 71,0 71,1 Resultados elecciones europeas 2019
  72. "Consulta de resultados electorales. Ministerio del Interior". www.infoelectoral.mir.es. Arquivado dende o orixinal o 03 de xaneiro de 2020. Consultado o 2020-01-03. 
  73. "Eleccións europeas 2009: Galiza.". Arquivado dende o orixinal o 27 de maio de 2020. Consultado o 17 de xuño de 2009. 
  74. "Elecciones Locales 2011". Ministerio del Interior. Gobierno de España. Consultado o 09-03-2016. 
  75. "Elecciones Locales 2019". Arquivado dende o orixinal o 25-06-2019. Consultado o 27-05-2019. 
  76. "Resultados electorales municipales 2019". Arquivado dende o orixinal o 25 de xuño de 2019. Consultado o 27 de maio de 2019. 
  77. "Resultados municipais 2023". resultados.locales2023.es. Consultado o 2023-06-02. 

Véxase tamén editar

Bibliografía editar

  • Baz Fernández, M. A. (2003). A formación do nacionalismo galego contemporáneo:(1963-1984). Laiovento.
  • Beramendi González, J. (1996). O nacionalismo galego. Edicións A Nosa Terra.

Ligazóns externas editar