Abrir o menú principal

María Teresa Barge

política española
(Redirixido desde "Teresa Barge")

María Teresa Barge Bello, nada en 1961, é unha política galega. É alcaldesa da Bola dende 2003, pero con tres partidos distintos, entre o 2003 e 2007 con Iniciativa por A Bola, entre o 2007 e 2014 co BNG[1] e dende o 2015 co PPdeG.

María Teresa Barge
Nacemento1961
NacionalidadeEspaña
Ocupaciónpolítica
editar datos en Wikidata ]

TraxectoriaEditar

Secretaria municipal, conseguiu a praza no concello da Bola, onde era alcalde seu pai, Luis Barge. Este, que primeiro fora da UCD, logo de Centristas de Galicia e despois do PPdeG, faleceu en novembro de 2001. Teresa Barge tentou seguir o camiño de seu pai, pero o candidato escollido polo PP foi Antonio Fernández.

Nas eleccións municipais de 2003 presentouse co partido Iniciativa por A Bola, obtivo 4 escanos e foi elixida alcaldesa grazas ao apoio do BNG. Nas municipais de 2007 presentouse polo BNG[2] e acadou a maioría absoluta con 7 escanos, converténdose na primeira muller alcaldesa nacionalista na provincia de Ourense. Nas municipais de 2011 volveu gañar cos mesmos resultados.

Nas eleccións municipais de 2015 preséntase de novo, pero volvendo a trocar de partido, do BNG ó PP[3], e consegue unha nova vitoria, desta volta con seis concelleiros.[4] Nas eleccións municipais de 2019 consegue unha cuarta maioría absoluta, con 7 escanos.

NotasEditar


Predecesor:
Demetrio Fernández Freire
  
alcaldesa da Bola
 
2003 - actualidade
Sucesor:
no cargo

Véxase taménEditar

Outros artigosEditar

Ligazóns externasEditar