Partido Popular

partido político español de centrodereita

O Partido Popular (PP) é un partido político conservador español situado no espectro da dereita política. Foi fundado en 1989, cando adoptou a súa denominación actual, que substituíu a de Alianza Popular (AP), partido fundado en 1976 por Manuel Fraga.

Partido Popular (PP)
Partido político de España
Dirixentes e organización
LíderAlberto Núñez Feijóo
(presidente)
Cuca Gamarra
(secretaria xeral)
MocidadesNovas Xeracións do Partido Popular
Filiación internacionalUnión Internacional Demócrata
Internacional Demócrata Cristiá
Partido Popular Europeo
Historia
Fundación20 de xaneiro de 1989
Posicións políticas
IdeoloxíaConservadorismo
Democracia cristiá
Liberalismo
Constitucionalismo
Representación
Congreso dos Deputados
137 / 350
Senado
130 / 266
Parlamentos autonómicos
338 / 1.268
Concelleiros
22.750 / 67.611
Parlamento Europeo
16 / 54
Outros datos
SedeGénova, 13. 28004, Madrid
Na rede
www.pp.es
Telegram: Partido_Popular Dialnet: 255422 Editar o valor em Wikidata

É un dos partidos maioritarios de España. Desde 2019, o PP é o segundo grupo máis numeroso en ambas as cámaras das Cortes Xerais e goberna en cinco comunidades autónomas e en Ceuta. É, coas presidencias de José María Aznar e Mariano Rajoy, a segunda formación que máis anos gobernou o país desde o restablecemento da democracia, por detrás do PSOE.

Historia editar

O Partido Popular ten a súa orixe en Alianza Popular (AP),​ un partido político fundado en 1976 como federación de pequenos partidos conservadores, liderados por antigos dirixentes do franquismo[1]. Nas eleccións xerais de 1977, as primeiras trala ditadura, obtivo 16 escanos. Nas eleccións xerais de 1979 Alianza Popular participou dentro da Coalición Democrática, co seu presidente Manuel Fraga como cabeza de lista da coalición, e obtivo uns resultados máis modestos (10 escanos).

Trala desfeita da Unión de Centro Democrático (UCD) en 1981, que daquela ocupaba o goberno, Alianza Popular fusionouse con algúns partidos da UCD (Partido Liberal, Partido Demócrata Popular; liberais e democristiáns respectivamente) e mais partidos rexionalistas de dereitas (Unió Valenciana, Unión del Pueblo Navarro e Partido Aragonés) para presentarse ás eleccións xerais de 1982 como AP-PDP. Ese ano pasa a ser o principal partido da oposición con 107 escanos. Esa mesma coalición, desta volta con Centristas de Galicia e sen o PAR, preséntase co nome de Coalición Popular ás eleccións de 1986, nas que obtén 105 deputaos. En decembro dese mesmo ano Manuel Fraga dimite como líder do partido e é substituído por Antonio Hernández Mancha.

En 1989 convócase un novo congreso no cal se perfila o partido dun xeito máis liberal ca conservador. Francisco Álvarez Cascos é nomeado secretario xeral do partido e José María Aznar (xacando presidente de Castela e León) é proposto por Fraga como candidato nas eleccións xerais. O partido pásase a chamar Partido Popular.

En 1996 o Partido Popular gaña por primeira vez as eleccións xerais. Javier Arenas substitúe a Álvarez Cascos na dirección do partido. O partido abandona a Internacional conservadora e adscríbese á Internacional demócrata cristiá. No 2000 o Partido Popular obtén a maioría absoluta. No 2003 Mariano Rajoy é elixido por Aznar como sucesor, e en 2004 o PP perde o goberno fronte ao PSOE. Ángel Acebes pasa a ser secretario xeral do partido, que mantén a maioría no Senado. Logo das eleccións xerais de 2008 o PP declarou o seu carácter de partido centrista e reformista, abríndose un forte debate interno sobre o exercicio de oposición e sobre as relacións con outras forzas políticas, especialmente as nacionalistas. O Congreso Nacional do PP apoia as teses de Mariano Rajoy, que é reelixido presidente, con María Dolores de Cospedal como secretaria xeral.

En 2011 o PP gaña as eleccións con maioría absoluta e pasa a ocupar o goberno ata 2018, cando Rajoy perde unha moción de censura impulsada polo PSOE. Desde entón, con Pablo Casado como novo presidente, o PP perde contra o PSOE as dúas eleccións xerais celebradas en 2019, nas que ve ocupada a parte máis dereitista do seu espazo electoral polo partido emerxente Vox, de extrema dereita.

Comité Executivo Nacional editar

 
Sede nacional del PP, no nº 13 da Rúa Génova de Madrid.
 
Estrutura Orgánica xeral do Partido Popular

Esta é a composición do comité executivo nacional do PP logo do XIX congreso do partido e actualizada a setembro de 2020:

Presidentes rexionais editar

O Partido Popular ten presenza en todas as comunidades e cidades autónomas de España. A setembro de 2020, o PP goberna en cinco das 17 autonomías e en Ceuta.

Comunidade Delegación Presidente de delegación Preside o Goberno Autonómico Goberna en coalición con Principal partido da oposición Oposición minoritaria
  Andalucía Partido Popular Andaluz Juan Manuel Moreno X
  Aragón Partido Popular de Aragón Luis María Beamonte Mesa X
  Illas Canarias Partido Popular de Canarias María Australia Navarro de Paz X
  Cantabria Partido Popular de Cantabria María José Sáenz de Buruaga Gómez X
  Castela-A Mancha Partido Popular de Castilla-La Mancha Francisco Javier Núñez Núñez X
  Castela e León Partido Popular de Castilla y León Alfonso Fernando Fernández Mañueco X
  Cataluña Partit Popular Català Alejandro Fernández Álvarez X
  Ceuta Partido Popular de Ceuta Juan Jesús Vivas X
  Comunidade de Madrid Partido Popular de la Comunidad de Madrid Pío García-Escudero Márquez X
  Navarra Partido Popular de Navarra Ana Beltrán Villalba X
  Comunidade Valenciana Partido Popular de la Comunidad Valenciana Isabel Bonig Trigueros X
  Estremadura Partido Popular de Extremadura José Antonio Monago Terraza X
  Galicia Partido Popular de Galicia Alberto Núñez Feijóo X
  Illas Baleares Partido Popular de las Islas Baleares Gabriel Company Bauzà X
  A Rioxa Partido Popular de La Rioja Juan Ignacio Ceniceros González X
  Melilla Partido Popular de Melilla Juan José Imbroda Ortiz X
  País Vasco Partido Popular del País Vasco Amaya Fernández Angulo X
  Asturias Partido Popular de Asturias Vacante X
  Rexión de Murcia Partido Popular de la Región de Murcia Fernando López Miras X

Líderes editar

Presidentes editar

Nome
(Nacemento-morte)
Imaxe Congreso Período no cargo
Inicio Final
Manuel Fraga
(1922-2012)
  IX Congreso (AP) 20 de xaneiro de 1989 1 de abril de 1990
José María Aznar
(1953-)
  X Congreso 1 de abril de 1990 6 de febreiro de 1993
XI Congreso 6 de febreiro de 1993 20 de xaneiro de 1996
XII Congreso 20 de xaneiro de 1996 30 de xaneiro de 1999
XIII Congreso 30 de xaneiro de 1999 26 de xaneiro de 2002
XIV Congreso 26 de xaneiro de 2002 2 de outubro de 2004
Mariano Rajoy
(1955-)
  XV Congreso 2 de outubro de 2004 21 de xuño de 2008
XVI Congreso 21 de xuño de 2008 18 de febreiro de 2012
XVII Congreso 18 de febreiro de 2012 12 de febreiro de 2017
XVIII Congreso 12 de febreiro de 2017 21 de xullo de 2018
Pablo Casado
(1981-)
  XIX Congreso 21 de xullo de 2018 2 de abril de 2022
Alberto Núñez Feijóo
(1961-)
 
XX Congreso 2 de abril de 2022 No cargo

Secretario xeral editar

Nome
(Nacemento-morte)
Imaxe Congreso Período no cargo
Inicio Final
Francisco Álvarez-Cascos
(1947-)
  IX Congreso (AP) 20 de xaneiro de 1989 1 de abril de 1990
X Congreso 1 de abril de 1990 6 de febreiro de 1993
XI Congreso 6 de febreiro de 1993 20 de xaneiro de 1996
XII Congreso 20 de xaneiro de 1996 30 de xaneiro de 1999
Javier Arenas
(1957-)
  XIII Congreso 30 de xaneiro de 1999 26 de xaneiro de 2002
XIV Congreso 26 de xaneiro de 2002 4 de setembro de 2003
Mariano Rajoy
(1955-)
  4 de setembro de 2003 2 de outubro de 2004
Ángel Acebes
(1958-)
  XV Congreso 2 de outubro de 2004 21 de xuño de 2008
María Dolores de Cospedal
(1965-)
  XVI Congreso 21 de xuño de 2008 18 de febreiro de 2012
XVII Congreso 18 de febreiro de 2012 12 de febreiro de 2017
XVIII Congreso 12 de febreiro de 2017 21 de xullo de 2018
Teodoro García Egea
(1985-)
  XIX Congreso 26 de xullo de 2018 22 de febreiro de 2022
Cuca Gamarra
(1985-)
 
XX Congreso 2 de abril de 2022 No cargo

Resultados electorais editar

Eleccións xerais editar

Eleccións xerais españolas
Eleccións Candidato Votos % Deputados Senadores Notas
1989 José María Aznar 5.285.972 25,79%
107 / 350
77 / 208
En coalición con UPN e CdG.[2]
1993 José María Aznar 8.201.463 34,76%
141 / 350
93 / 208
En coalición con UPN.[3]
1996 José María Aznar 9.716.006 38,79%
156 / 350
112 / 208
En coalición con UPN e PAR.[4]
2000 José María Aznar 10.321.178 44,52%
183 / 350
127 / 208
En coalición con UPN, UPM e PAR.[5]
2004 Mariano Rajoy 9.763.144 37,71%
148 / 350
102 / 208
En coalición con UPN, UPM, UV e IdF.[6]
2008 Mariano Rajoy 10.278.010 39,44%
154 / 350
101 / 208
En coalición con UPN.[7]
2011 Mariano Rajoy 10.866.566 44,63%
186 / 350
136 / 208
En coalición con UPN, PAR, EU, CCN e AMF.[8]
2015 Mariano Rajoy 7.215.530 28,72%
123 / 350
124 / 208
En coalición con UPN, PAR, FAC e AMF.
2016 Mariano Rajoy 7.906.185 33,03%
137 / 350
130 / 208
En coalición con UPN, PAR, FAC e AMF.
2019 (abril) Pablo Casado 4.373.653 16,69%
66 / 350
54 / 208
2019 (novembro) Pablo Casado 5.047.040 20,81%
89 / 350
83 / 208

Eleccións municipais editar

Comicios Líder # de votos % Concelleiros Notas
1991 José María Aznar 4.775.051 25,3%
19.298 / 66.308
1995 José María Aznar 7.334.135 34,4%
24.772 / 65.869
1999 José María Aznar 7.334.135 34,4%
24.623 / 65.201
2003 José María Aznar 7.875.762 34,3%
23.615 / 65.510
2007 Mariano Rajoy 7.916.075 35,6%
23.348 / 66.131
2011 Mariano Rajoy 8.476.138 37,5%
26.507 / 68.230
2015 Mariano Rajoy 6.057.767 27,1%
22.750 / 67.611
2019 Pablo Casado 5.154.728 22,62%
20.364 / 66.982

Eleccións ao Parlamento Europeo editar

Comicios Cabeza de lista # de votos % Escanos Notas
1989 Marcelino Oreja 3.395.015 21,41%
15 / 60
En coalición con UPN e CdG.
1994 Abel Matutes 7.453.900 40,12%
28 / 64
En coalición con UPN.
1999 Loyola de Palacio 8.410.993 39,74%
27 / 64
En coalición con UPN.
2004 Jaime Mayor Oreja 6.393.192 41,21%
24 / 54
En coalición con UPN.
2009 Jaime Mayor Oreja 6.670.23 42,72%
23 / 50
2014 Miguel Arias Cañete 4.098.339 26,09%
16 / 54
2019 Dolors Monserrat 4.519.205 20,15%
12 / 54

Simboloxía editar

 
Imaxe do PP na súa sede de Ribadavia.

Segundo está descrito nos estatutos aprobados polo Partido Popular no XVI Congreso celebrado en xuño de 2008:

As siglas do Partido Popular son PP e o seu logotipo está integrado polas palabras "Partido Popular" acubilladas baixo un símbolo que representa unha gaivota coas ás despregadas.
Disposición xeral 3 do Estatuto do PP de 2008.[9]

Desde 2019, un novo símbolo foi substituíndo paulatinamente o anterior. O actual destaca pola novidosa forma da gaivota, que semella un corazón, e que adoita presentar as cores da bandeira de España. O logo anterior, co que conviviu durante varios meses, estreárase en xullo de 2015 e amais de por presentar unha nova tipografía para o logotipo 'populares', destacaba por enmarcar o conxunto nun círculo. Deste logo, todo en cor azul,[10] comentouse a semellanza co do partido Podemos.[11] Este símbolo substituíu o que se empregaba desde xuño de 2008, coas siglas da formación e a gaivota en branco sobre un recadro azul coas esquinas arredondadas e o bordo de cor gris. A composición anterior databa de xaneiro de 2008 e nela as siglas e a gaivota estaban sobre dúas esferas azuis.[12]

Imaxe editar

A imaxe estilizada dunha ave coroa os dous pés no logotipo do partido. Esta imaxe é coñecida hoxe en día como unha gaivota, mais nas súas orixes presentouse como un albatros.[13] Foi no congreso de xuño de 2008 cando os novos estatutos mudaron a denominación a "gaivota"[14] (Art. 1º, punto 3) quizais por descoñecemento do propio redactor dos estatutos,[15] xa que hoxe en día, o Partido Popular segue entregando os premios "Albatros de Ouro".[16] O autor do logotipo orixinal, Fernando Martínez Vidal, afirma que a ave do logotipo non é unha gaivota nin un albatros, senón dun carrán.[17]

Himno editar

O himno deste partido foi o mesmo desde a súa formación. A composición foi encargada en 1989 por Miguel Ángel Rodríguez a Manuel Pacho, un coñecido compositor de jingles como «Vacaciones Santillana».[18] Segundo o seu creador, é un himno apegadizo e recoñecible que encarna os valores de emprendemento e individualidade propios do liberalismo, a diferenza dos valores de «colectividade e de unión» que se esperarían dun himno dun partido de esquerdas.[18][19]

Fundacións editar

O PP conta con diversas fundacións e organizacións afíns que desenvolven tarefas de investigación teórica, cooperación internacional, documentación e análise, entre outras:

Notas editar

  1. Marcos, Pilar (2006-10-07). "De cuando Alianza Popular nació con siete padrinos". El País (en castelán). ISSN 1134-6582. Consultado o 2020-09-15. 
  2. No Congreso dos deputados 2 escanos correspondían a UPN e outros a CdG. No Senado, 3 escanos correspondían a UPN e outro a CdG.
  3. No Congreso dos deputados 3 escanos correspondían a UPN e no Senado outros 3 escanos tamén de UPN.
  4. No Congreso dos deputados 3 escanos correspondían a UPN e 1 ao PAR. No Senado, 3 a UPN e 3 ao PAR.
  5. No Congreso dos deputados 3 escanos correspondían a UPN e 1 ao PAR. No Senado, 3 escanos correspondían a UPN e 1 a UPM.
  6. No Congreso dos deputados 2 escanos correspondían a UPN. No Senado, 3 correspondían a UPN, 1 a UPM e 1 a UV.
  7. No Congreso dos deputados 2 escanos correspondían a UPN, mentres que no Senado, 3.
  8. No Congreso dos Deputados, un dos escanos correspondía a UPN. No Senado, 2 escanos correspondían a UPN, 3 ao PAR e 2 a CCN.
  9. Partido Popular (ed.). "Estatutos aprobados polo Partido Popular no XVI" (PDF). Arquivado dende o orixinal (PDF) o 05 de xaneiro de 2012. Consultado o 15 de marzo de 2012. 
  10. Casqueiro, Javier (10 de xullo de 2015). El País, ed. "O PP cambia o logo, retoca a súa gaivota e desdeña as primarias". Consultado o 2 de xaneiro de 2016. 
  11. "¿Por qué el nuevo logo del PP es malo?". Gràffica (en castelán). 2015-07-10. Consultado o 2020-09-15. 
  12. El País, ed. (10 de xuño de 2008). "O PP estrea logotipo". EFE. Consultado o 2 de xaneiro de 2016. 
  13. "Manuel Fraga". Arquivado dende o orixinal o 21 de xullo de 2011. Consultado o 22 de marzo de 2011. 
  14. "O PP renova a súa imaxe co novo logotipo 2.0". Arquivado dende o orixinal o 17 de xullo de 2011. Consultado o 22 de marzo de 2011. 
  15. "Nerviosismo nos adictos ao Réxime". Arquivado dende o orixinal o 27 de xullo de 2011. Consultado o 22 de marzo de 2011. 
  16. "María Dolores Cospedal homenaxeou aos ex-alcaldes do Partido Popular, Fidel Reyes Aparicio e Conrado Quílez". Consultado o 22 de marzo de 2011. 
  17. «O símbolo do Partido Popular non é unha gaivota, é un carrán.» ABC, 23/05/2015. Consultado o 9 de xullo de 2015.
  18. 18,0 18,1 Portela, Lino (18 de maio de 2011). El País, ed. "A música (en eleccións) continúa igual". Consultado o 29 de xuño de 2014. 
  19. Blanco, Irene (13 de abril de 2014). Público, ed. "O PP non paga dereitos de autor ao creador do seu himno". Consultado o 29 de xuño de 2014. 

Véxase tamén editar

Outros artigos editar

Ligazóns externas editar