Ribadavia

concello da comarca do Ribeiro, na provincia de Ourense

Coordenadas: 42°17′19″N 08°08′30″O / 42.28861, -8.14167

Ribadavia é un concello da provincia de Ourense, pertencente á comarca do Ribeiro. Segundo o IGE en 2019 tiña 5.024 habitantes (5.540 en 2003). O seu xentilicio (véxase no Galizionario) é ribadaviense.

Ribadavia
Escudo de Ribadavia
Casa do Concello.
Ponte de San Francisco.
Casa do Concello e Vista de Ribadavia e do río Avia
Situacion Ribadavia.PNG
Situación
Xentilicio[1]ribadaviense
Xeografía
ProvinciaProvincia de Ourense
ComarcaComarca do Ribeiro
Poboación5.003 hab. (2022)[2][3]
Área25,2 km²[3]
Densidade198,53 hab./km²
Entidades de poboación8 parroquias[4]
Capital do concelloRibadavia
Política (2019[5])
AlcaldeNoelia Rodríguez Travieso (PSdeG-PSOE[6])
ConcelleirosBNG: 1
PPdeG: 5
PSdeG-PSOE: 4
Outros: Ribeiro en Común 3
Eleccións municipais en Ribadavia
Uso do galego[7] (2011)
Galegofalantes46,76%
Na rede
http://www.ribadavia.es/
editar datos en Wikidata ]

PoboaciónEditar

Censo total 5.024 (2019)
Menores de 15 anos 5426 (10.87 %)
Entre 15 e 64 anos 3.008 (59.87 %)
Maiores de 65 anos 1.470 (29.26 %)
Evolución da poboación de Ribadavia   Fontes: INE e IGE.
1900 1930 1950 1981 2004 2009 2011 2012 2013 2014 2015 2016 2017 2018 2019 2020 2021
4.788 6.341 7.369 7.050 5.510 {{{13}}} {{{14}}} {{{15}}} {{{16}}} {{{17}}}
(Os criterios de rexistro censual variaron entre 1900 e 2004, e os datos do INE e do IGE poden non coincidir.)

XeografíaEditar

Está atravesada polo río Avia, pouco antes da súa desembocadura no río Miño, entre a serra do Faro e a serra do Suído. Pode chegarse alí a través da N-120 e a A-52.

HistoriaEditar

 
Foro de Ribadavia (1164).

A zona xa era poboada na época castrexa. Coa chegada dos romanos proseguiu o aproveitamento mineral (especialmente do ouro) e das augas termais. Segundo Estrabón a mediados do século II xa se elaboraba viño do Ribeiro[8]. Posiblemente se corresponda coa poboación romana de Abobrica.

A rexión foi asolada no 754 polas tropas de Abdul-Azis e conquistada no 793 por Abdul-Malek, sendo máis tarde reconquistada por Afonso II. Durante a Idade Media foi coñecida como Rippa Avie. Foi capital do Reino de Galicia entre os anos 1065 e 1071, durante o reinado do rei Don García.[9] No século XII aumentou o poder económico da vila, o que derivou nun aumento demográfico. Este auxe coincidiu co dos mosteiros de San Clodio de Leiro, Melón e Oseira e da encomenda da Orde de Malta en Beade. Fernando II concedeulle en 1164 o foro de cidade, entón chamada Bobou, e entregouna a Xoán Arias[10] da Casa de Traba

Na vila prosperou unha comunidade xudía na zona da Porta Nova, que traballaban de comerciantes e artesáns. O Barrio Xudeu conserva aínda as súas características propias, sendo declarado monumento nacional.

 
Asedio e toma de Ribadavia polas tropas do duque de Láncaster nas Chroniques d'Angleterre.

En 1375 Henrique II de Castela nomeou a Pedro Ruiz Sarmiento señor de Ribadavia e Adiantado Maior do Reino de Galicia polo seu apoio na guerra dinástica contra o seu medio irmán Pedro I. Así perdeu o status de vila reguenga e iniciouse o señorío dos Sarmiento. En 1386 foi asediada durante nove meses polas tropas do duque de Lancaster, tralo cal foi invadida. o conflito quedou liquidado tralo acordo de Baiona (1388).

A partir do século XIV comezou a comercializarase o viño a través do porto de Pontevedra cara ao estranxeiro: Francia, Portugal, Italia e especialmente Inglaterra. En 1476 os Reis Católicos concederon o condado de Ribadavia a Bernardino Pérez Sarmiento pola axuda na guerra contra Xoana a Beltranexa e o seu aliado Pedro Madruga. En 1494 os mesmos reis expulsaron os xudeus dos seus reinos. En Galiza non houbo pogroms ao se converteren os hebreos ou fuxiren ao reino de Portugal durante as visitas da Inquisición.

En 1840 formouse a banda de música da vila, La Lira de Ribadavia, considerada a máis antiga de Galiza. En 1853 a praga do oídio minguou as vides, e en 1892 foron o mildio e a filoxera. Isto provocou que as variedades autóctonas da planta desen lugar a outras máis fortes pero de menor calidade.

Durante a guerra carlista, houbo enfrontamentos na comarca entre a banda de Mateo Guillade e as tropas da milicia nacional. Durante a revolución de 1868 estaba de rexedor local Cesáreo Rivera Abraldes, primeiro alcalde do sexenio democrático (1868-1873). Durante o seu mandato organizou unha milicia local de oito compañías para defenderse das partidas carlistas. Fundou a loxa masónica Luz de Avia, activa entre 1871 e 1894. O 4 de marzo de 1881 inaugurouse a estación de Ribadavia, a medio camiño entre Vigo e Ourense.

A comezos do século XX xermolou o asociacionismo agrarista, co fin de modernizar os cultivos e para derogar os foros existentes, destacando as asociacións de Ribadavia e San Paio. En Ventosela tivo lugar un mitin en 1920.

Tralo Golpe de Estado do 18 de xullo de 1936 o alcalde Benito Gallego Montero foi detido, xulgado e fusilado en Ourense. En 1943 o alcalde Tirso Sánchez Rey foi nomeado procurador en Cortes. O concello pertenceu até 1954 á diocese de Tui-Vigo[11], pasando nese ano á diocese de Ourense, xunto cos de Melón, Carballeda de Avia, Leiro, Beade e Padrenda[12]

Patrimonio histórico e artísticoEditar

Festas e eventos culturaisEditar

Ribadavia na literatura popularEditar

Refraneiro
  • O viño do Avia ten forza, esprito e labia [13].
  • Pra bos viños, Ribadavia, e todo o Ribeiro de Avia [14].
Cantigueiro
  • O cantar do arrieiro/ é un cantar moi baixiño,/ cántase en Ribadavia,/ retumba no Carballiño [15].
  • O cantar dos arrieiros/ é un cantar moi delgadiño:/ cántano en Ribadavia,/ óuvese no Carballiño [16].
  • O cantar dos arrieiros/ é un cantar moi delgadiño:/ cántano en Ribadavia,/ resoa no Carballiño [16].
  • O cantar dos arrieiros/ é un cantar que namora:/ cántano en Ribadavia/ e resoa en Celanova [16].
  • Vinme triste en Ponteareas,/ e da Cañiza a Melón,/ mais cheguei a Ribadavia/ e ensanchouse o corazón.
Lendas

Conta unha lenda que había un ermitán chamado Pedro en Ribadavia, que era quen traía as augas quentes a esta vila. Un día enfermou e creu morrer, pero un pastor que andaba por aí chamou un médico e curou. Desde aquela, Pedro e o pastor fixéronse amigos e este leváballe comida ó ermitán. Había tamén unha moza, Aurora, filla dun adegueiro, que estaba namorada do pegureiro, se ben este rexeitábaa por crer que a moza era unha enviada do demo. Aurora, para vingarse do desprezo do mozo, roubou un cáliz na igrexa e agochouno no zurrón do mozo, acusándoo por ladrón, polo que foi perseguido polos veciños de Ribadavia, apedreado e morto. Cando Pedro o soubo, desviou as augas quentes desde Ribadavia a Ourense, e fixo que xurdiran nas Burgas. El mesmo marchou a vivir a esta cidade [17].

Galería de imaxesEditar

Barrio xudeu. Ribadavia.Contorno da Madalena 
Conxunto Reitoral, Igrexa e Casal de Armán en Santo André de Campo Redondo. 
MIT 2003.Teatro infantil na rúa. Praza Maior de Ribadavia 
Ribadavia.Castelo nocturno 
Río Avia en Ribadavia 
Ribadavia 
Entrada auxiliar ao Castelo, co escudo dos Sarmiento 
Castelo 
Placa altimétrica na praza do concello. 

ParroquiasEditar

Galicia | Provincia de Ourense | Parroquias de Ribadavia

Campo Redondo (Santo André) | Esposende (Santiago) | Francelos (Santa María Madanela) | Ribadavia (San Domingos de Fóra) | Ribadavia (San Domingos) | San Cristovo de Regodeigón (San Cristovo) | Sanín (San Pedro) | Ventosela (San Paio)

Lugares de RibadaviaEditar

Para unha lista completa de todos os lugares do concello de Ribadavia vexa: Lugares de Ribadavia.

NotasEditar

  1. Véxase no Galizionario.
  2. Instituto Nacional de Estadística, ed. (27 de decembro de 2019). "Cifras oficiales de población resultantes de la revisión del Padrón municipal a 1 de enero". Consultado o 2 de xuño de 2020. (en castelán).
  3. 3,0 3,1 Instituto Galego de Estatística. (2022) "Ribadavia".Información municipal. Sociedade e poboación. Xunta de Galicia.
  4. Nomenclátor de Galicia. Busca directa. Xunta de Galicia
  5. Ministerio do Interior, Goberno de España (ed.). "Resultado eleccións 2019". Arquivado dende o orixinal o 25 de xuño de 2019. Consultado o 11 de xuño de 2019. 
  6. Federación Galega de Municipios e Provincias (ed.). "Ribadavia". www.fegamp.gal. Consultado o 15 de setembro de 2019. 
  7. Neira, Carlos. "Evolución do uso do galego por concellos". Arquivado dende o orixinal o 5 de decembro de 2019. Consultado o 14 de outubro de 2014. Fonte: IGE. Datos dispoñibles nas Táboas Dinámicas de Google 
  8. Historia do Ribeiro Arquivado 17 de marzo de 2012 en Wayback Machine., en www.ribeiro.es.
  9. Salas Merino, Vicente. La Genealogía de Los Reyes de España. Visión Libros. p. 278. ISBN 9788499832654. [...] Galicia correspondió por herencia a su hijo menor, García I, que reinó entre 1065 hasta el 1071, estableciendo la capital del reino en Ribadavia [...] 
  10. Los Arias de Galicia y sus relaciones familiares con Fernando II de León y Alfonso I de Portugal, "Bracara Augusta", Tomo XX ano 1966 P 28-35
  11. Suso de Vila: A Cidade de Tui durante a Baixa Idade Media. Ed. Toxosoutos, 2008.ISBN 978-84-96673-88-5.
  12. Francisco Fernández Rei: Dialectoloxía da lingua galega. Edicións Xerais, 1990.
  13. Eladio Rodríguez González, s. v. viño. No orixinal: espirto.
  14. Eladio Rodríguez González, s. v. viño.
  15. Gran Enciclopedia Galega III, s. v. arrieiro.
  16. 16,0 16,1 16,2 Xaquín Lorenzo Fernández, 115.
  17. Vítor Vaqueiro, 96-97.

Véxase taménEditar

BibliografíaEditar

Outros artigosEditar