Esposende, Ribadavia
Santiago de Esposende é unha parroquia do concello de Ribadavia, na provincia de Ourense. Segundo o INE, no 2011 vivían no lugar 42 persoas (23 homes e 19 mulleres).
Esposende | |
---|---|
Igrexa de Santiago de Esposende. | |
Concello | Ribadavia[1] |
Provincia | Ourense |
Coordenadas | 42°19′42″N 8°06′49″O / 42.32833056, -8.11368611Coordenadas: 42°19′42″N 8°06′49″O / 42.32833056, -8.11368611 |
Poboación | 42 hab. (2011) |
Entidades de poboación | 1[1] |
[ editar datos en Wikidata ] |
Ano | 2000 | 2004 | 2008 | 2011 |
---|---|---|---|---|
Poboación | 45 | 45 | 44 | 42 |
Xeografía editar
A parroquia é a máis setentrional do concello. Linda ao norte coa parroquia homónima de Esposende (no veciño municipio de Cenlle), ao leste e sur coa parroquia de Santo André de Campo Redondo, e ao oeste dá co río Avia, que constitúe fronteira natural co concello de Beade.
Historia editar
Segundo o Diccionario geográfico-estadístico-histórico de España y sus posesiones de Ultramar de Pascual Madoz[2] (1842), Santiago de Esposende era unha freguesía do concello de Ribadavia no que vivían 84 persoas, das que só 19 tiñan o dereito de veciñanza. Os veciños vivían en unas veinte casas repartidas nos barrios de Eiroa, Quintas e Casas do Marco. Madoz dicía que de norte a sur a vila ocupaba 1/4 de legua (1,5 km aproximadamente). E de leste a oeste, outro tanto.
Destacábanse aspectos como que o cemiterio no ofende a la salud pública ou que os camiños son locales y generalmente en mal estado. O correo recibíase da capital do concello 3 veces á semana.
Era unha parroquia típica do rural da comarca. Producía trigo, millo, legumes, hortalizas, froitas de carabuña, liño e viño, do que xa Madoz nomea a súa calidade, chegando a dicir que saía viño desta parroquia cara a Santiago de Compostela, A Coruña e comarcas próximas de montaña.
Galería de imaxes editar
-
Fachada da igrexa.
-
Sartego na igrexa.
-
Parte posterior da igrexa.
-
Vista dende a igrexa.
-
Espadana da igrexa.
Notas editar
Lugares e parroquias editar
Lugares de Esposende editar
Lugares da parroquia de Esposende no concello de Ribadavia (Ourense) | |
---|---|