Pascual Madoz

Político e avogado español


Pascual Madoz Ibáñez, nado en Pamplona o 17 de maio de 1806[1] e finado en Xénova o 13 de decembro de 1870, foi un político español de tendencia liberal. Tivo diversos cargos como gobernador de Barcelona, ministro de Facenda, deputado e presidente da Xunta Provisional Revolucionaria durante a revolución de 1868. É moi coñecido pola súa obra Diccionario geográfico-estadístico-histórico de España y sus posesiones de Ultramar tamén coñecido como Dicionario Madoz.

Modelo:BiografíaPascual Madoz

Editar o valor en Wikidata
Biografía
Nacemento17 de maio de 1806 Editar o valor en Wikidata
Pamplona, España Editar o valor en Wikidata
Morte11 de decembro de 1870 Editar o valor en Wikidata (64 anos)
Xénova (Reino de Italia) Editar o valor en Wikidata
Lugar de sepulturaCamposanto de Montjuïc Editar o valor en Wikidata
Deputado no Congreso do Sexenio Democrático
5 de maio de 1869 – 11 de decembro de 1870
← Antonio Romero Ortiz
Circunscrición electoral: Alacant
Presidente do Consello de Ministros
30 de setembro de 1868 – 3 de outubro de 1868
← José Gutiérrez de la ConchaJoaquín Aguirre de la Peña (pt) Traducir →
Gobernador civil da provincia de Madrid
maio de 1868 – 19 de outubro de 1868 – Juan Moreno Benítez (pt) Traducir →
Deputado no Congreso dos Deputados
7 de decembro de 1858 – 13 de novembro de 1863
Circunscrición electoral: Barcelona
Ministro de Facenda
21 de xaneiro de 1855 – 6 de xuño de 1855
← Juan de Mata Sevillano y Fraile (en) TraducirJuan Faustino Bruil y Olliarburu (en) Traducir →
Gobernador civil da provincia de Barcelona
20 de agosto de 1854 – 22 de outubro de 1854
← José María Marchessi y Oleaga (en) TraducirCirilo Franquet (en) Traducir →
Deputado no Congreso dos Deputados
6 de novembro de 1850 – 2 de setembro de 1856
Circunscrición electoral: Tremp
Deputado no Congreso dos Deputados
11 de xaneiro de 1847 – 4 de agosto de 1850
Circunscrición electoral: Tremp
Deputado no Congreso dos Deputados
8 de novembro de 1836 – 10 de xullo de 1844
Circunscrición electoral: Lleida (en) Traducir
Editar o valor en Wikidata
Datos persoais
ResidenciaZaragoza (1821–)
Barbastro (1810–)
Pamplona (1805–1810)
Tours
París
Tulle
Madrid
Barcelona Editar o valor en Wikidata
EducaciónUniversidade de Zaragoza - dereito (1821–)
Colexio San Lourenzo das Escolas Pías (1810–) Editar o valor en Wikidata
Actividade
Lugar de traballo Madrid Editar o valor en Wikidata
Ocupaciónpolítico, estatístico, escritor, xornalista, avogado, xeógrafo Editar o valor en Wikidata
Partido políticoPartido Progresista Editar o valor en Wikidata
Obra
Obras destacables
Familia
IrmánsFernando Madoz Editar o valor en Wikidata
Cronoloxía
1854-1856confiscation of Madoz (en) Traducir
26 de agosto de 1837Abolition of the manorial system in Spain (en) Traducir Editar o valor en Wikidata
Premios

Descrito pola fonteEnsayo de un catálogo de periodistas españoles del siglo XIX (1903-1904), (sec:Madoz e Ibáñez (Pascual), p.246)
Meyers Konversations-Lexikon, 4ª edición (1885–1890)
Encyclopædia Britannica Editar o valor en Wikidata
Galiciana: 446650 BNE: XX995044 Dialnet: 1362959

Traxectoria

editar
 
Diccionario geográfico-estadístico-histórico de España y sus posesiones de Ultramar (Madrid, 1845).

Nado nunha familia humilde, en 1813 a súa familia trasládase a Barbastro (Huesca) onde comeza os estudos no Colexio San Lorenzo dos Pais das Escolas Pías (ou escolapios). Posteriormente, a partir de 1821 comeza os estudos de Dereito na Universidade de Zaragoza conseguindo, en 1825, o título de bacharel en Leis.[2]

Durante o segundo período absolutista do reinado de Fernando VII, a Década Ominosa, a defensa dos seus ideais liberais levarao a participar, en 1823, na Milicia Nacional, para a defensa de Zaragoza e de Monzón fronte os Cen Mil Fillos de San Luís, e onde será collido prisioneiro[3] e encarcerado. Máis tarde en 1831, tivo que se exiliar en Francia.[4] Alí, en París e en Tours adicouse ao estudo da Xeografía e da estatística.

En 1832, puido volver a España tras a amnistía decretada pola raíña María Cristina de Borbón, fixando a súa residencia en Barcelona, onde, a inicios de 1833, comeza a súa traxectoria profesional e política na que foi apoiado por liberais que despois formarían o Partido Progresista.

Traxectoria en Cataluña

editar

Consegue dirixir as oficinas do Diccionario geográfico universal (Barcelona, 1829–1834), que estaba a se publicar nesa cidade e onde chegou a dirixir de outubro a maio de 1835 o periódico "El Catalán". Tamén foi presidente da sociedade de Amigos Colaboradores, redactor da Colección de Causas Célebres, editou o seu primeiro libro titulado "Reseña sobre el Clero" e foi alcalde Maior de Barcelona, gobernador militar do Val de Arán e deputado en 1836.

Licenciado en Dereito en 1834, ese ano concibe xa un plano para crear un Diccionario geográfico-estadístico-histórico de España y sus posesiones de Ultramar, que lograría ver culminado en 1850.

En 1843, púxose á fronte dunha coalición progresista de oposición a Espartero. Tras a Vicalvarada de 1854, o 9 de agosto foi nomeado gobernador de Barcelona. Volveu logo ao seu escano de deputado; presidiu as Cortes, e o 21 de xaneiro de 1855 confióuselle o Ministerio de Facenda. Nesta ocasión, presentou o famoso proxecto de lei de Desamortización, que conseguiu ver aprobado e que se publicou o 1 de maio de 1855 na Gaceta de Madrid[1] e, posteriormente, o 31 de maio publicouse tamén a Instrución para levala a cabo.

Tras a revolución de 1868 (a «Gloriosa») foi gobernador de Madrid, cargo ao que tamén renunciou ao pouco tempo. Formou parte da oposición ao goberno provisional, e despois de votar a candidatura de Amadeu de Savoia para o vacante trono de España, formou parte da legación enviada a Florencia para ofrecerlle a ese príncipe a coroa, mais finou en Xénova repentinamente.


Predecesor:
Isabel II
(Raíña de España)

José Gutiérrez de la Concha
(Presidente do Consello de Ministros)
 Presidente da Xunta Provisional Revolucionaria 
1868
Sucesor:
Joaquín Aguirre de la Peña
  1. 1,0 1,1 Vázquez (2011); p. 17
  2. Artola (1987); p. 8
  3. "Madoz e Ibáñez, Pascual". Gran Enciclopedia Navarra. Arquivado dende o orixinal o 27-01-2018. Consultado o 26-01-2018. 
  4. Paredes (1982); p.24.

Véxase tamén

editar

Bibliografía

editar
  • Paredes Alonso, Francisco Javier (1982). Pascual Madoz (1805-1870): libertad y progreso monarquía isabelina. Barañáin (Navarra): Editorial Eunsa,Colección Histórica, nº 24. ISBN 9788431307608
  • Vázquez Guzmán, Juan Pedro (2011). La desamortización de Madoz en la provincia de Almería (1855-1936). Almería: Universidad de Almería. ISBN 978-84-8240-181-2. 
  • Artola Gallego, Miguel (marzo de 1987). "Pascual Madoz". Boletín Informativo de la Fundación March (Madrid). (Nº 168): pp. 3–14. ISSN 0210-4148

Outros artigos

editar

Ligazóns externas

editar