A amnistía (do grego ἀμνηστία amnestía, esquecemento) é unha causa de extinción da responsabilidade penal. É un acto xurídico, normalmente emanado do poder lexislativo, polo que unha pluralidade de individuos que foran declarados culpables dun delito pasan a considerarse inocentes por desaparición da figura delituosa.

Amnistía e indulto editar

A diferenza do indulto, que extingue a responsabilidade penal actuando sobre a pena derivada dun delito (a persoa segue sendo culpable, pero se lle perdoou o cumprimento da pena), a amnistía actúa sobre o delito mesmo. Por iso, a amnistía adoita ter efectos retroactivos e, entre outros, extingue toda responsabilidade penal ou civil e anula os antecedentes penais. Polo mesmo motivo, é xeral, dado que actúa sobre todos os que cometeron ese delito, e non sobre individuos concretos.

A amnistía adoita supor un novo xuízo de valor sobre a conveniencia de prohibir ou sancionar unha conduta. Por esa razón, as leis ou actos de amnistía son máis frecuentes en momentos de cambios sociais ou de réximes políticos e, en ocasións, asóciase ao perdón de presos políticos. Con todo, o seu emprego pode ser obxecto de polémica, pois pode provocar a impunidade de quen cometeron graves feitos durante un réxime anterior.

Véxase tamén editar

Outros artigos editar


 
 Este artigo sobre política é, polo de agora, só un bosquexo. Traballa nel para axudar a contribuír a que a Galipedia mellore e medre.
 Existen igualmente outros artigos relacionados con este tema nos que tamén podes contribuír.