Cen Mil Fillos de San Luís

O 7 de abril de 1823, Francia interveu militarmente en España, a solicitude do rei Fernando VII para apoialo fronte aos liberais e restablecer o absolutismo, en virtude dos acordos da Santa Alianza. O exército francés, denominado co nome dos Cen Mil Fillos de San Luís, foi encabezado polo duque de Angulema, fillo do futuro Carlos X de Francia.

Batalla nos montes de Santa Margarida, extra muros da cidade da Coruña, acontecida o 15 de xullo de 1823.

O obxectivo fundamental da intervención francesa era rematar cos liberais no goberno desde tres anos antes. As forzas españolas leais enfrontáronse cos franceses en Cataluña ao mando de Francisco Espoz y Mina, pero non houbo apenas reacción popular de apoio e deberon retirarse. O exército francés ocupou Madrid sen resistencia e seguiron cara a Andalucía en persecución dos liberais que se refuxiaran en Cádiz con Fernando VII como refén.

Cádiz foi cercada e bombardeada. A resistencia foi moi forte e os franceses non puideron tomar a cidade. A situación dos asediados era desesperada pois non chegaban reforzos de parte algunha. Ao final realizouse un pacto: Fernando VII sairía e prometería defender a liberdade alcanzada polos españois coa Constitución de 1812, e a cambio renderíase a praza.

Acordado cos franceses, Fernando VII saíu da cidade, pero de forma inmediata uniuse ao invasor, e o mesmo 1 de outubro decretou a abolición de cantas normas xurídicas foran aprobadas durante os tres anos anteriores dando fin o Trienio liberal.

  • Horitzó Història. Segundo de Bachillerato. Editorial Vicens Vives. Quinta reimpresión. (2008)

 
 Este artigo sobre historia é, polo de agora, só un bosquexo. Traballa nel para axudar a contribuír a que a Galipedia mellore e medre.
 Existen igualmente outros artigos relacionados con este tema nos que tamén podes contribuír.