Cemiterio de Montjuïc
O cemiterio de Montjuïc (en catalán: Cementiri de Montjuïc) é o maior do termo municipal de Barcelona, e ocupa a práctica totalidade da ladeira sur da montaña de Montjuïc. Ten unha superficie duns 567 934 metros cadrados e unhas 152 774 sepulturas. Abrangue practicamente toda a parte sur da montaña. Xa durante a Idade Media, na montaña había un cemiterio exclusivo para xudeus.[1]
Historia
editarO camposanto foi inaugurado en marzo de 1883. Esta obra foi posible debido á expansión demográfica unida á forza económica da burguesía barcelonesa. Este grande espazo viu suplir o problema que se suscitaba na cidade coa falta do mesmo nos pequenos camposantos de barrio repartidos pola cidade, que por unha parte xa non podían crecer debido á presión urbanística dos seus arredores, e que ademais agotaran xa a súa capacidade de inhumación. Camposantos históricos como os de Poblenou, Horta, Sant Gervasi, Les Corts, Sant Andreu, foran quedándose pequenos para a cidade, e Montjuïc era a solución momentánea a este problema. Posteriormente pasaría o mesmo co novo camposanto, pois a cidade seguía crecendo demograficamente e o espazo libre íase acabando. Houbo que abrir un novo camposanto fóra do termo municipal de Barcelona, que tivese un uso como camposanto metropolitano. Así naceu o Camposanto de Collserola, no termo de Cerdanyola del Vallès.
Hai unha placa conmemorativa facendo referencia ó día 17 de marzo de 1883, cando foi bendicido o recinto católico. Do deseño do camposanto encargouse o arquitecto municipal Leandre Albareda. O eclecticismo é o trazo arquitectónico máis característico neste camposanto: un eclecticismo mimético, por unha parte, combinado co carácter innovador que dará paso ó modernismo.
Personaxes ilustres
editar- Àngel Guimerà (1845-1924), escritor
- Santiago Rusiñol (1861-1931), pintor e escritor
- Isaac Albéniz (1860-1909), músico
- Joan Miró (1893-1983), pintor
- Ramon Casas (1866-1932), pintor
- Frederic Mompou (1893-1987), músico
- Apel.les Mestres (1854-1936), escritor, debuxante e músico
- Joan Salvat Papasseit (1894-1924), escritor
- Josep Maria de Sagarra (1894-1961), escritor
- Josep Carner (1884-1970), escritor
- Montserrat Roig (1946-1991), escritora
- Ricardo Zamora (1901-1978), futbolista
- Joaquín Blume (1933-1959), ximnasta
- Ildefons Cerdà (1815.1876), arquitecto e urbanista
- Salvador Puig Antich (1948-1974), mozo anarquista asasinado pola ditadura franquista.
- Buenaventura Durruti (1896-1936), anarcosindicalista
- Ángel Pestaña (1886-1937), anarcosindicalista
- Lluís Companys (1882-1940), Presidente da Generalitat de Cataluña asasinado pola ditadura franquista.
- Francesc Macià (1859-1933), Presidente da Generalitat de Cataluña
- Francesc Cambó (1876-1947), político
- Enric Prat de la Riba (1870-1917), político
- Josep Maria de Porcioles (1904-1993), alcalde de Barcelona
- Francesc Ferrer i Guàrdia (1859-1909), pedagogo
- Francisco Ascaso (1901-1936), anarcosindicalista
- Salvador Seguí (1887-1923), anarcosindicalista
Notas
editar- ↑ Montjuïc, la muntanya de la ciutat. Institut d'Estudis Catalans. 2000. p. 17. ISBN 8472834905.
Véxase tamén
editarA Galipedia ten un portal sobre: Barcelona |
Wikimedia Commons ten máis contidos multimedia na categoría: Cemiterio de Montjuïc |
Bibliografía
editar- Mapa-Guía dels personatges il·lustres del Cementiri de Montjuïc. Ed. Institut Municipal dels Serveis Funeraris DL (Ajuntament de Barcelona), 2006.
- Jaume Nolla i Margarita Puig. Morts il·lustres als cementiris de Barcelona: tot el que cal saber dels que ens han precedit, Ed. Angle, 2007, ISBN 978-84-96970-14-4
- Neus Aguado. Guia del Cementiri de Montjuïc, Ed. Institut Municipal dels Serveis Funeraris DL (Ajuntament de Barcelona), 1993.