Montjuïc, Barcelona
Montjuïc é unha montaña situada no suroeste da cidade de Barcelona, en Cataluña, cunha altitude máxima de 184,8 metros sobre o nivel do mar. Desde ela dominábanse o porto e a zona antiga da cidade. Antigamente había numerosas pedreiras que subministraban material á cidade. Atópase administrativamente no distrito de Sants-Montjuïc.
Tipo | montaña barrio administrativo de Barcelona | |||
---|---|---|---|---|
Localización | ||||
Continente | Europa | |||
División administrativa | Sants-Montjuïc, España | |||
| ||||
Cordilleira | Cordilleiras Costeiras Catalás | |||
Características | ||||
Altitude | 177,72 m | |||
Superficie | 458,5 ha | |||
Etimoloxía
editarTradicionalmente atribuíuse ao topónimo o significado de Monte dos xudeus, supostamente en catalán medieval, motivado pola existencia dun cemiterio xudeu na montaña, que foi confirmada polos documentos e arqueólogos. Outra teoría tamén aceptada é que sexa unha corrupción do latín Mons Jovicus (Monte de Xúpiter), nome mencionado por Pomponio Mela na súa Corografía:
«Inde ad Tarraconem parva sunt oppida Blande, Iluro, Baetulo, Barcino, Subur, Tolobi; parva flumina Baetulo, iuxta Iovis montem Rubricatum in Barcinonis litore, inter Subur et Tolobin Maius»
Desde aquí ata Tarraco hai as poboacións de Blande, Iluro, Baetulo, Barcino, Subur e Tolobi; os pequenos ríos Baetulo, el Rubricatus, xunto ao Monte de Xúpiter, na costa de Barcino, e o Maius, entre Subur e Tolobi.
Historia
editarAtopáronse restos dun poboado ibérico do século III e II a.C.
Sempre foi un lugar estratéxico desde o que defender a cidade, polo que desde a antigüidade houbo fortaleza no seu cumio. En 1751 construíuse o actual castelo, obra de Juan Martín Cermeño, que durante a Guerra da Independencia Española foi ocupado polos franceses.
Ademais dun punto estratéxico para a defensa da cidade, foi importante para mantela baixo control, xunto coa fortaleza da Ciutadella no outro extremo da cidade. En 1843 bombardeouse a cidade desde o castelo para pór fin á rebelión da jamancia, destruíndo ou danando 460 edificios.
O castelo tamén foi utilizado numerosas veces como prisión para presos políticos ata os tempos da ditadura de Franco, e lugar onde posteriormente eran fusilados e enterrados no camposanto do lado noroeste da montaña. Durante o século XIX fusiláronse varios anarquistas e en 1940 a Lluís Companys, presidente da Generalitat de Cataluña.
En 1928 foi o sitio elixido para acoller a Exposición Universal, motivo polo que se construíron os diferentes pavillóns que se alzan polas abas da montaña e a ambos lados do paseo que o leva ata a Plaça d'Espanya, no distrito de Sants-Montjuïc, e desde onde se pode gozar dunhas grandes vistas.
En 1969, 1971, 1973 e 1975 disputouse o Gran Premio de España de Fórmula 1 no circuíto de Montjuïc, nas súas rúas, pero debido a un accidente que custou a vida de dous espectadores en 1975, a FIA decidiu que Montjuïc era un lugar perigoso para disputar un gran premio de F1. Tamén acollía a celebración das 24 Hores Motociclistes de Monjuïc.
Actualidade
editarNa actualidade está intimamente relacionado co deporte, debido á gran cantidade de instalacións deportivas que acolle.
Na aba deste monte encóntranse as instalacións olímpicas que acolleron os Xogos Olímpicos de Barcelona 1992, como o Estadio Olímpico Lluís Companys (estando no seu recinto o Museo da Fundació Barcelona Olímpica), o Palau Sant Jordi, deseñado polo arquitecto xaponés Arata Isozaki, a Piscina de Saltos e as Piscinas Picornell, e o antigo Pazo dos Deportes da rúa Lleida, agora reconvertido no Barcelona Teatre Musical, que acolle espectáculos teatrais e musicais. A oferta de instalacións deportivas a completan o estadio de atletismo Joan Serrahima e o das instalacións do Instituto Nacional de Educación Física de Cataluña (INEF Cataluña).
En Montjuic hai tamén lugares de interese turístico como o Poble Espanyol, un recinto que recolle rúas, prazas e lugares característicos de toda España, podéndose apreciar na súa entrada as Torres de Ávila. Ademais, está poboado con restaurantes, bares, e lugares de lecer e espectáculo.
Está tamén en Montjuic a torre de telecomunicacións deseñada por Santiago Calatrava. Antigamente acolleu o famoso Parque de Atraccións de Montjuïc, agora reconvertido no xardín público Joan Brossa.
A montaña é sede tamén de importantes institucións culturais. Ademais do mencionado Barcelona Teatre Musical, encóntranse o Teatre Lliure, o Mercat de les Flors, o Teatre Grec, o Museo Joan Miró, o Museo CaixaFòrum, o Museu Nacional d'Art de Catalunya (MNAC), o Museo etnolóxico de Barcelona/Museu etnològic de Barcelona, o museo Militar e o museo do Castelo de Montjuic, así como o Xardín Botánico Histórico, que dispón dunha colección única de cactos, e o novo Xardín Botánico de Barcelona especializado na flora das zonas mediterráneas.
Na Avenida María Cristina, entrada principal á montaña desde a Praza de España, están os pavillóns da Fira Barcelona, construídos co gallo da Exposición Internacional de 1929, e que organiza algúns dos salóns, mostras e exposicións máis importantes de España. Fronte ós pavillóns da Fira están as famosas Fontes de Montjuïc, que os venres, sábados e domingos amosan un espectáculo único no mundo de luz, música e cor.
.
É tamén un lugar ideal para o descanso e o paseo, debido ás grandes extensións de xardíns, e as espectaculares vistas que ofrece da cidade de Barcelona. Desde 2006 estanse recuperando gran parte das escaleiras ornamentais e espazos orixinais da montaña durante a Exposición de 1929. Creouse unha oficina de información pública na "Font del Gat", xunto ós museos etnolóxico e arqueolóxico. Tamén se remodelou o antigo teleférico para poder subir ata o cumio da montaña e ver desde o castelo unha das vistas máis impresionantes de Barcelona.
Ocupando unha das ladeiras da montaña sitúase o Cemiterio de Montjuïc, o maior dentro do termo municipal de Barcelona.
Transporte
editarPódese acceder a Montjuïc con diferentes transportes:
- Funicular de Montjuïc
- Teleférico de Montjuïc
- Teleférico do Porto
- Metro de Barcelona: paradas Paral·lel (das liñas 2 e 3) e Espanya (liñas 1 e 3)
- Bus Montjuïc Turístic
- Autobuses de TMB: liñas 13, 23, 50, 55, 61, 107 e PM
- Desde a Plaça d'Espanya pódese acceder á montaña a pé facilmente polas escaleiras mecánicas.
Véxase tamén
editarWikimedia Commons ten máis contidos multimedia na categoría: Montjuïc, Barcelona |
A Galipedia ten un portal sobre: Barcelona |