Francesc Cambó
Francesc Cambó i Batlle, nado en Verges (provincia de Xirona) o 2 de setembro de 1876 e finado en Buenos Aires o 30 de abril de 1947, foi un político catalán, fundador e líder da Lliga Regionalista.
Francesc Cambó | |
---|---|
![]() | |
Nacemento | 2 de setembro de 1876 |
Lugar de nacemento | Verges |
Falecemento | 30 de abril de 1947 |
Lugar de falecemento | Buenos Aires |
Soterrado | Camposanto de Montjuïc |
Nacionalidade | España |
Relixión | catolicismo |
Alma máter | Universidade de Barcelona |
Ocupación | político, financeiro, avogado e xurista |
Cónxuxe | Mercè Mallol i Codina |
Fillos | Helena Cambó i Mallol |
Cargos | Deputado por Barcelona (1907 - 1910) |
Na rede | |
![]() | |
![]() | |
[ editar datos en Wikidata ] | |
Este artigo precisa de máis fontes ou referencias que aparezan nunha publicación acreditada que poidan verificar o seu contido, como libros ou outras publicacións especializadas no tema. Por favor, axude mellorando este artigo. |

Traxectoria editar
Formación editar
Estudou dereito e filosofía e letras na Universidade de Barcelona. En 1901 foi un dos fundadores da Lliga Regionalista e foi elixido concelleiro do concello de Barcelona. Deputado nas Cortes entre 1907 e 1910, na súa actividade política defendeu a adopción dun estatuto de autonomía para resolver o problema catalán, aínda que acabou aceptando a Mancomunidade catalá como solución de compromiso.
Tras a morte de Enric Prat de la Riba en 1917, Cambó converteuse no líder da Lliga e foi ministro en dous gobernos conservadores, en 1918 ministro de fomento e en 1921 ministro de finanzas, nos dous casos con Antonio Maura como presidente do goberno.
Nas eleccións de 1931 non conseguiu acceder ao Parlamento e marchou ao estranxeiro ata que en 1933 logrou unha acta de deputado, que non revalidou en 1936. Cando estoupou a Guerra civil española atopábase no estranxeiro e aínda que inicialmente non estaba a favor dos militares sublevados, rematou axudándoos por temor a que se establecese unha república prosoviética de gañaren os republicanos, e chegou a financiar con importantes sumas ao bando franquista.
Posguerra editar
Tras a guerra viviu en Suíza, os Estados Unidos e a Arxentina. Cambó fixo de mecenas de numerosas actividades artísticas e culturais. Destaca a creación en 1922 da Fundación Bernat Metge, que traduciu ao catalán numerosos textos clásicos gregos e latinos. Tamén escribiu algúns libros como Les Dictadures (1929) e Per la concòrdia en 1930.