Francisco Ascaso

Anarquista español (1901-1936)

Francisco Ascaso Abadía, nado en Almudévar, Huesca, o 1 de abril de 1901 e finado en Barcelona o 20 de xullo de 1936, foi un militante anarcosindicalista aragonés da CNT.

Francisco Ascaso
Nacemento1 de abril de 1901
Lugar de nacementoAlmudévar
Falecemento20 de xullo de 1936 e 21 de setembro de 1936
Lugar de falecementoBarcelona
SoterradoCamposanto de Montjuïc
NacionalidadeEspaña
Ocupaciónpanadeiro, anarcosindicalista, anarchist militiaman e terrorista anarquista
IrmánsDomingo Ascaso Abadía e Alejandro Ascaso Abadía
editar datos en Wikidata ]
Lápida na tumba de Francisco Ascaso no cemiterio de Montjuïc.

Traxectoria editar

Panadeiro e camareiro, vinculouse á Confederación Nacional do Traballo e integrou o grupo de acción chamado "Los Justicieros". Chega a Barcelona en 1922, onde o grupo, que tamén integraban Durruti, Ricardo Sanz, Antonio Ortiz, Juan García Oliver e Gregorio Jover, pasa a chamarse "Los Solidarios". O grupo enfrontouse en accións violentas ós pistoleiros pagados polas patronais, que asasinaban sindicalistas, e participou en varios asaltos a bancos.

En 1923, coa ditadura de Primo de Rivera, Ascaso e algúns dos seus compañeiros exílianse en Francia. Desde alí Ascaso e Durruti, perseguidos polas autoridades, continúan cara a América e participan noutras actividades violentas xunto con anarquistas arxentinos. De regreso a Francia logo dun par de anos, Ascaso e Durruti son detidos o 25 de xuño de 1926, acusados de preparar un atentado contra o rei de España, Afonso XIII que visitaba París; finalmente, ante a falta de probas, son expulsados, prohibíndoselles residir en Francia, Bélxica, Alemaña, Suíza e outros países europeos.

Ascaso permaneceu clandestinamente en Francia, ata que en 1931, apenas proclamada a II República, regresa a España e funda o grupo de acción "Nosotros", de corte máis radical que a FAI. Participou activamente nas insurreccións anarquistas dos primeiros anos da república, e en 1932 é novamente detido e deportado ás colonias españolas de África. En 1933 reaparece en Sevilla, onde é detido novamente. Ó comezar 1934 foi proclamado secretario xeral do Comité Rexional da CNT de Cataluña.

O estalido da guerra civil sorpréndeo en Barcelona, onde, á fronte dos militantes da CNT que saíron a combater o alzamento fascista, morre o 20 de xullo de 1936 durante o asalto ó cuartel das Atarazanas.

A vila alacantina de Sant Joan d'Alacant foi coñecido durante a guerra civil como "Vila Ascaso" aínda que este nome non chegou a aprobarse oficialmente.

Véxase tamén editar

Ligazóns externas editar