Isaac Albéniz

compositor e pianista español

Isaac Manuel Francisco Albéniz, nado en Camprodon (Xirona) o 29 de maio de 1860 e finado en Cambo-les-Bains (Pireneos Atlánticos, Francia) o 18 de maio de 1909, foi un pianista e compositor español, coñecido polas súas obras para piano baseadas na música popular española.

Isaac Albéniz
Isaac Albéniz
Nome completoIsaac Manuel Francisco Albéniz y Pascual
Nacemento29 de maio de 1860, 26 de maio de 1860, 1860 e 29 de maio de 1861
 Camprodon, Xirona,
Cataluña Cataluña
Falecemento18 de maio de 1909
 Cambo-les-Bains Aquitania, Francia
Causanefrite
SoterradoCamposanto de Montjuïc
NacionalidadeEspaña
Educado enReal Conservatorio Superior de Música de Madrid, Escola Superior de música e arte dramática Felix Mendelssohn Bartholdy, Conservatorio Real de Bruxelas e Conservatorio de París
Instrumento(s)piano
Composicións destacadas
  • Henry Clifford (1895)
  • Pepita Jiménez (1896)
  • Merlin (1898-1902)
  • Suite española
  • La vega (1896-1898)
  • Ibèria (1905-1908)
  • FillosAlfonso Albéniz Jordana e Laura Albéniz Jordana
    PremiosCabaleiro da Lexión de Honra
    Na rede
    IMDB: nm0017096 Allocine: 165254 Allmovie: p403024 IBDB: 375239
    Spotify: 4sbcjbyksdT4dJ5Lh0SvZp Musicbrainz: 0a46cf2a-61bd-447d-b8fd-a2b32eb20282 Discogs: 192322 IMSLP: Category:Albéniz,_Isaac Allmusic: mn0000759834 WikiTree: Albéniz-1 Find a Grave: 1553 Editar o valor em Wikidata
    editar datos en Wikidata ]

    Non soamente se dedicou á música para este instrumento: tamén escribiu obras para teatro, seis óperas (máis unha inacabada e tres esbozadas) e máis de dúas ducias de cancións, así como varios temas orquestrais e de música de cámara.

    Traxectoria Editar

    Neno prodixio, debuta como pianista con só catro anos nun recital en Barcelona, nesa cidade vai estudar piano, tenta entrar no conservatorio de París, sen éxito, en 1869 a súa familia trasládase a Madrid, en 1876 recibe unha bolsa de estudos de Afonso XII para estudar no conservatorio de Bruxelas, en 1879 regresa a España e en 1883 establécese en Barcelona, onde coñece a Felipe Pedrell quen o convence para escribir música española tal como a Suite Española, Op. 47, o quinto movemento, Asturias (Leyenda) é a máis famosa das obra dese tempo no mundo da guitarra clásica, aínda que orixinalmente fora composta para piano, e só máis tarde transcrita para guitarra por Francisco Tárrega.

    Entre 1889 e 1900 viviu en Londres e París e escribiu sobre todo obras teatrais. Iberia, composta entre 1905 e 1908, é a súa obra máis coñecida.