Francisco Tárrega
Francisco de Asís Tárrega Eixea, nado en Vila-real, Castelló o 21 de novembro de 1852, e finado en Barcelona o 15 de decembro de 1909, foi un compositor e guitarrista español.
Francisco Tárrega | |
---|---|
![]() | |
Nacemento | 21 de novembro de 1852 |
Lugar de nacemento | Vila-real |
Falecemento | 15 de decembro de 1909 |
Lugar de falecemento | Santalecina |
Nacionalidade | España |
Alma máter | Real Conservatorio Superior de Música de Madrid |
Ocupación | guitarrista, compositor, guitarrista clásico e pianista |
Coñecido por | Recuerdos de la Alhambra e Capricho árabe |
Na rede | |
![]() ![]() ![]() ![]() ![]() ![]() ![]() ![]() ![]() | |
[ editar datos en Wikidata ] | |
TraxectoriaEditar
Un accidente marcou a súa nenez cando, ó parecer, caeu a unha cal nun descoido da súa coidadora, e a súa vista quedou danada. O seu pai, por medo a que quedase cego, trasladouse a Castelló de la Plana para que asistise a clases de música e puidese gañarse a vida como músico.
Entrou no Conservatorio de Madrid en 1874, onde estudou composición con Emilio Arrieta. A finais de 1870 ensinaba guitarra (Emilio Pujol e Miguel Llobet foron alumnos seus) e daba concertos con regularidade. Virtuoso do seu instrumento, era coñecido como o Sarasate da guitarra. En 1880 deu recitais en París e Londres.
Durante o inverno de 1880, substituíu o seu amigo e guitarrista Luis de Soria nun concerto en Novelda (Alacant), cidade onde coñeceu a súa futura esposa, María Rizo.
Xiras e concertosEditar
En 1881, despois dun concerto en Lión, chegou a París, onde coñeceu os personaxes máis importantes da época. Actuou en varios teatros, e foi convidado a tocar para a raíña Isabel II de España. Logo de tocar en Londres, volveu a Novelda para contraer matrimonio coa súa prometida María Rizo.
Realizou frecuentes xiras: Perpiñán (Francia), Cádiz (España), Niza (Francia), Mallorca (España), París, Valencia e máis. En Valencia coñeceu a Conxa Martínez, rica viúva que o tomou baixo a súa protección artística e que lle ofreceu a el e á súa familia unha casa en Barcelona. Alí é onde compuxo a maior parte das súas máis famosas obras.
De volta dunha viaxe a Granada escribiu o trémolo Recuerdos de la Alhambra, e en Alxeria chegoulle a inspiración para compoñer Danza mora. Alí coñeceu a Camille Saint-Saëns e máis tarde, en Sevilla, escribiu a maior parte dos seus Estudios. Ó seu querido amigo e compositor Tomás Bretón dedicoulle o Capricho árabe.
Instalouse en 1885 en Barcelona, e alí morreu o 15 de decembro de 1909.
Véxase taménEditar
Wikimedia Commons ten máis contidos multimedia na categoría: Francisco Tárrega |
BibliografíaEditar
- Andia, Rafael: Francisco Tárrega, Collected guitar works, Reprints of early editions. Chanterelle 1001 e 1002. ISBN 3-89044-125-4