Matrimonio

unión entre dous cónxuxes cun recoñecemento social, cultural ou xurídico

O matrimonio (do latín: matrimonīum)[1] é unha antiga institución social, presente en gran cantidade de culturas, que establece un vínculo conxugal entre persoas naturais, recoñecido e consolidado por medio de prácticas comunitarias e normas legais, consuetudinarias, relixiosas ou morais, que ten por fin fundamentar a fundación dun grupo familiar aínda que tamén proporcionar un marco de protección mutua ou de protección da descendencia. A unión matrimonial establece entre os cónxuxes —e en moitos casos tamén entre as familias de orixe destes[2]— dereitos e obrigacións que varían considerablemente segundo as normas que o regulan en cada sociedade.[3] Pode ser motivado por intereses persoais, económicos, sentimentais, de protección da familia ou como medio para obter calquera tipo de vantaxe.

Os aneis, símbolo habitual do matrimonio.
Retrato do matrimonio Arnolfini, por Jan van Eyck.

As normas matrimoniais están vinculadas con aquelas que regulan as relacións sexuais (incesto, adulterio, exclusividade sexual, monogamia, poligamia), a reprodución e a filiación dos fillos, segundo as regras do sistema de parentesco vixente. O matrimonio adoita estar estreitamente relacionado coa familia e nalgúns casos constitúe o núcleo desta. As regras sobre finalización do matrimonio inclúen aquelas referidas ao divorcio.

Tradicionalmente o matrimonio concretábase sen ter en conta a vontade dos contraentes, mesmo contra a vontade destes ou pola forza, moitas veces lexitimando a posesión forzada das mulleres por parte dos homes. Nos últimos dous séculos universalizouse a esixencia do libre e pleno consentimento dos contraentes para contraer matrimonio, como un dos dereitos humanos fundamentais.[4]

Nas sociedades actuais existen dúas formas principais de matrimonio: civil ou relixioso e, dependendo da relixión ou do ordenamento xurídico, os dereitos, deberes e requisitos do matrimonio son distintos. Agora ben, non todas as sociedades establecen a distinción entre matrimonio civil e relixioso, válida só en Occidente. No primeiro caso son as leis do Estado as que establecen os dereitos, deberes e requisitos, mentres que no segundo caso son as normas ou costumes da relixión baixo a que se celebra. A coexistencia de ambas as formas e o recoñecemento da súa validez varían de acordo a cada sociedade.[5] Ata hai menos de dúas centurias só había matrimonio relixioso, ó que se consideraba mesmo un sacramento. Con respecto ao xénero dos contraentes, nos últimos anos o movemento LGBT obtivo en varios países o recoñecemento legal do matrimonio entre persoas do mesmo sexo, aínda que varias culturas rexistran antecedentes no mesmo sentido.

Etimoloxía

editar

A orixe etimolóxica da palabra matrimonio como denominación da institución baixo ese nome non é clara. Adóitase derivar da expresión "matris munium" proveniente de dúas palabras do latín: a primeira "matris", que significa "nai" e, a segunda, "munium", "gravame ou coidado", vindo significar "coidado da nai polo marido/pai", en tanto se consideraba que a nai era a que contribuía máis á formación e crianza dos fillos. Outra posible derivación proviría de "matreum muniens", significando a idea de defensa e protección da nai, implicando a obrigación do home cara á nai dos seus fillos.[6][7]

Para unha comprensión máis ampla da expresión "matrimonio" no seu aspecto etimolóxico en moitas das linguas romances débese ter en conta o concepto do contrato de matrimonio considerado polo dereito romano, que ten o seu fundamento na idea de que a posibilidade de ser nai, que a natureza dá á muller núbil, lévaa a procrear unha familia.

Unha lectura máis neutra -pola súa fidelidade á pura etimoloxía dos dous termos que compoñen a palabra- derívase do significado orixinario do segundo termo " monium", que se atopa tamén en patri-monium e merci-monium, e que alude a "axente" ou "acción"): segundo tales fontes,[8] o concepto de matrimonio remitiría a unha acción non mellor definida por parte da muller e que parece remontarse xenericamente ao rol preeminente (activo ou de condución) da muller nas sociedades matriarcais.

En contraste con ese concepto occidental pódese mencionar o caso da lingua árabe, no que é entendido como «contrato de coito» ou «contrato de penetración», segundo a tradución da expresión عَقْد نِكاح (`aqd nikāḩ) ao galego.[Cómpre referencia] Con todo, o termo máis usado en árabe para referirse a esta institución é زَواج (zawāý), que literalmente significa «unión, emparellamento».[9]

Historia do matrimonio en Europa

editar
Véxase tamén: Matrimonio na Antiga Roma.
 
Roupa dun matrimonio real sueco de 1766, Livrustkammaren en Estocolmo

Durante o terceiro século de nosa era produciuse, en Occidente, a pasaxe dunha sociedade na que o matrimonio non era de ningún modo unha institución creada para toda a sociedade, a unha sociedade na que se dá por sentado, como natural que o matrimonio é unha institución fundamental para todos.[10]

Nas sociedades non cristiás, xudías ou musulmás, o matrimonio non era a norma, o matrimonio era utilizado só polos poderosos, polas clases altas. Na antiga Roma a castidade non era unha virtude, non era necesario contraer matrimonio para ter relacións sexuais nin para ter fillos. Soamente cando un membro dunha clase social elevada desexaba transmitir o seu patrimonio aos seus descendentes directos, no canto de que o reciban outros membros da familia ou os seus amigos, decidía casar. Pero a maior parte das veces legábanse os bens a un amigo ou unha persoa moi querida, non aos fillos. Cando se carecía de patrimonio ou bens o matrimonio era un trámite prescindible, os escravos directamente carecían do dereito de facelo.[10]

O grego non ten unha palabra específica para designar o matrimonio, xa que existía un trámite nin civil nin relixioso. Con todo, a palabra pola que se adoita traducir matrimonio en grego koiné é γάμος (gámos), substantivo do grego γαμέω (gaméo), cuxo significado é «tomar muller, casar».[11] En Atenas, na Grecia clásica, para o acto mediante o cal un home se comprometia a unir a unha muller, utilizábase o vocábulo grego ἐγγύη (engúē) literalmente a garantía, a caución, é dicir, o acto polo cal o pai cabeza de familia entregaba a súa filla a outro home. A cidade non era testemuña nin rexistraba ningunha acta para este acontecemento privado entre dúas familias. Este contrato só se realizaba cando existía patrimonio para herdar. Os herdeiros da muller na Grecia antiga eran os fillos pero non o esposo.[12]

O dote que a familia da noiva proporcionaba non era propiedade do esposo. Cando a muller morría sen fillos ou no caso de divorcio, o dote volvía á familia da muller. O titor da muller (o seu pai ou o seu irmán) podían pedir o divorcio (aínda en contra do desexo da muller) pero ela non tiña dereito a solicitar a disolución do contrato. Tampouco tiña dereito a elixir o seu futuro esposo. En caso de divorcio non recibía ningunha parte dos bens do matrimonio senón, simplemente a devolución do dote que achegou.

O obxectivo da ἐγγύη (engúē) era dar nacemento a fillos lexítimos que puidesen herdar os bens paternos. Unha estrita fidelidade era requirida de parte da esposa, en caso de adulterio era devolta á casa paterna. Para o home, o adulterio, especialmente con escravas, escravos ou prostitutas, estáballe permitido.

En Esparta os homes non convivían coas súas mulleres pero o obxectivo era producir mozos fortes. O home reuníase coa súa muller na escuridade e despois de ter relacións con ela marchábase para reunirse no seu dormitorio co resto dos homes mozos.[12] Plutarco afirmaba que, así, os esposos «ignoran a saciedade e o declive do sentimento que entraña unha vida en común sen trabas».[13] Os homes, que xeralmente dobraban en idade ás súas mulleres, eran incitados a «prestar» as súas mulleres a mozos fortes. Plutarco menciona tamén que as mulleres tomaban ás veces un amante para que o seu fillo neno puidese herdar dous lotes de terra en lugar dun.

Na Europa do norte, durante a Idade Media, produciuse unha lenta substitución da lei xermánica -pola que o contrato matrimonial se establecía entre o noivo e o gardián da muller- polos códigos civís cristiáns -onde se requiría o consentimento da muller-. No século XII o principio legal do matrimonio por consentimento estaba establecido e os matrimonios impostos comezaban a quedar atrás. O proceso de urbanización tamén contribuíu ao devandito proceso xa que liberaba en parte á muller da tarefa de procreación.[14][15]

Características xerais

editar
 
Celebración dun matrimonio

A forma tradicional de matrimonio é entre un home e unha muller, coa finalidade de constituír unha familia. Esa definición ortodoxa foi cuestionada, dunha parte, porque se outorgou recoñecemento ás unións entre un home e unha muller con finalidades practicamente idénticas ao matrimonio, pero que adoptan formas e denominacións distintas (v. infra as sociedades de convivencia). Doutra banda, o desenvolvemento de novos modelos de familia desvincularon a función reprodutiva do matrimonio: parellas non casadas con fillos ou matrimonios sen fillos (sendo a causa máis común disto a esterilidade dun dos membros, e non tanto o nivel socioeconómico,[Cómpre referencia]) nais e pais solteiros ou nais e pais cunha parella do seu mesmo sexo. Finalmente, en varios países e estados produciuse unha ampliación de dereitos que deu recoñecemento ao matrimonio entre persoas do mesmo sexo.

 
Noivos na súa voda.

Neses casos o matrimonio realízase, xeralmente, pola forma civil ou de Estado, porque as normas de moitas relixións non permiten este tipo de unións no seu seo.

Con todo, en distintos tempos e lugares recoñecéronse outras variedades de matrimonio.[16]

A monogamia é a práctica máis común.

O matrimonio considérase unha institución importante porque contribúe a definir a estrutura da sociedade, ao crear un lazo de parentesco entre persoas (xeralmente) non próximas en liña de sangue (respecto diso, lembremos que tamén hai comunidades nas que se afai o matrimonio entre curmáns ou entre parentes de distintos graos; véxanse as entradas acerca da endogamia e o incesto). Unha das súas funcións amplamente recoñecidas é a procreación e socialización dos fillos (aínda que non é absolutamente necesario casar para ter fillos, nin todos os matrimonios heterosexuais téñenos), así como a de regular o nexo entre os individuos e a descendencia que resulta no parentesco, rol social e status.

Nas sociedades de influencia occidental adoita distinguirse entre matrimonio relixioso e matrimonio civil, sendo o primeiro unha institución cultural derivada dos preceptos dunha relixión, e o segundo unha forma xurídica que implica un recoñecemento e un conxunto de deberes e dereitos legal e culturalmente definidos.

Dereito e matrimonio

editar

As características xerais da institución do matrimonio incluídas nalgúns ordenamentos xurídicos son a dualidade, a heterosexualidade e o contido en canto a dereitos e deberes. A partir do século XX, nas sociedades de influencia occidental e procedente do liberalismo recóllese tamén o principio de igualdade, cun peso crecente nas regulacións derivadas.

  • A dualidade do matrimonio é o principio polo que a institución está prevista, en principio, para unir a dúas persoas e vinculalas para a súa convivencia e procreación. Nalgúns ordenamentos (en especial os de base islámica) recoñécese a posibilidade de que un home contraia matrimonio con máis dunha muller. Pero mesmo neste caso a institución vincula a unha persoa con outra, pois as diversas mulleres que un musulmán poida ter non están unidas, en principio, por ningún nexo matrimonial nin teñen dereitos e obrigacións entre si.
  • Tradicionalmente o matrimonio esixe a pertenza de cada contraente a un de ambos os sexos, de maneira que un home e unha muller son os únicos que, en principio, poden contraer matrimonio. Este principio está a ser modificado nalgúns países en favor do principio de igualdade, a fin de recoñecer a paridade de dereitos e obrigacións entre home e muller e estender os beneficios que implica a institución do matrimonio a parellas formadas por persoas do mesmo sexo.
  • O contido en canto a dereitos e deberes dos cónxuxes varía en función do ordenamento xurídico de cada país, pero polo xeral todos lles impoñen a obrigación de vivir xuntos e gardarse fidelidade, de socorrerse mutuamente, de contribuír ao levantamento das cargas familiares e de exercer conxuntamente a potestade doméstica e a patria potestade sobre os fillos, que se presumen comúns salvo proba en contrario. As singularidades do contido do matrimonio en canto a dereitos e deberes dos cónxuxes derivan en cada país da súa propia concepción cultural da institución, que deu forma a esta na súa lexislación positiva e na súa práctica xurídica.
Véxase tamén: Ius connubii e Affectio maritalis.

Efectos xurídicos

editar

O matrimonio produce unha serie de efectos xurídicos entre os cónxuxes e fronte a terceiras persoas, dos cales os fundamentais son os deberes ou obrigacións conxugais, o parentesco, a adquisición de dereitos sucesorais entre os cónxuxes e o réxime económico do matrimonio, que ten distintas modalidades nos diferentes países. Ademais, en varios países produce o dereito a emancipación do contraente menor de idade, co cal este queda libre da patria potestade dos seus pais e poderá en diante actuar coma se fose maior, aínda que posteriormente se divorcie.[17]

Divorcio e anulación

editar

Na maioría das sociedades, a morte dun membro da parella remata o matrimonio, e nas sociedades monógamas permítese que o outro volva casar, aínda que en ocasións tras un período de loito. Nalgunhas sociedades, o matrimonio pode ser anulado cando unha autoridade declara que o matrimonio nunca aconteceu. A xurisprudencia adoita indicar os motivos dos matrimonios nulos ou anulables.

Un matrimonio tamén pode rematar en divorcio. Algúns estados legalizaron en tempos relativamente recentes o divorcio, como Italia (1970), Portugal (1975), o Brasil (1977), España (1981), a Arxentina (1987), Paraguai (1991), Colombia (1991), Irlanda (1996), Chile (2004) e Malta (2011). Tralo divorcio, un cónxuxe pode ter que pagar unha pensión. As leis de divorcio varían enormemente arredor do mundo. Tras un divorcio ou anulación, os cónxuxes son libres para casar. A mediados do século XX establecéronse leis que permiten o divorcio se ambos os cónxuxes consenten nel.

Sexo e procreación

editar
Artigo principal: Dereito sexual.
 
Cultura inca - a muller e o home para seren lapidados por adulterio. por Huamán Poma.

Moitas das principais relixións do mundo xulgan desfavorablemente as relacións sexuais fóra do matrimonio.[18] Para moitas destas relixións, as relacións sexuais dunha persoa casada con outra que non sexa o seu cónxuxe é chamado adulterio e é considerado un pecado, o que segue sendo, na maioría dos países, motivo de divorcio.

Nalgúns países, como na Arabia Saudita, Paquistán,[19] Afganistán,[20][21] Irán,[21] Kuwait,[22] Maldivas,[23] Marrocos,[24] l'Omán,[25] Mauritania,[26] els Emiratos Árabes Unidos,[27][28] Sudán,[29] Iemen,[30] calquera forma de actividade sexual fóra do matrimonio é ilegal. Nalgúns destes países castígase coa lapidación. En moitas culturas, especialmente na musulmán, as mulleres e as nenas que son acusadas de ter relacións sexuais fóra do matrimonio son vítimas mediante crimes de honra.

Evolución histórica do matrimonio

editar

Costume matrimonial na antiga Grecia

editar

O matrimonio, na Antiga Grecia, é sobre todo a unión de dúas persoas nun mesmo culto doméstico, terán uns fillos lexítimos como continuadores deste culto. En segundo termo, é unha asociación de home e muller para compartir as penas e as bondades da vida, coa muller ocupando un sitio sempre secundario.[31][32] O fillo varón debe ofrecer, despois da morte do seu pai, as comidas fúnebres que deben asegurar o repouso e o benestar dos antepasados.

O matrimonio ten, pois, unha importancia especial, porque o fillo ha de perpetuar necesariamente o culto doméstico, e debe ser en todo caso lexítimo. A muller ten unha representatividade escasa como continuadora do oikos (propiedades, casa, gando ...). Isto fai imprescindible a procura de fillos homes, dedicados non só á administración do patrimonio familiar, senón tamén a fornecer os soldados necesarios na defensa da polis.

A actividade propia do home era a administración do oikos e a transmisión desta herdanza, a muller quedaba relegada ao mantemento do fogar e a procreación, non podía herdar pero si gozar da herdanza a través dos fillos. En Grecia a morte dun home sen descendencia implicaba que o patrimonio se dividía entre os parentes máis próximos. Este feito era unha desgraza política e relixiosa: Politicamente porque significaba unha diminución do oikos e no plano relixioso perdíase unha unidade de culto aos antepasados.

Dado que segundo os códigos gregos a muller non podía herdar estableceuse a figura do epíklera ou herdeiro feminino: Cando o cidadán morría deixando só unha filla, esta recibía os bens do pai, pero tiña que casar co parente máis próximo da liña paterna para que administrase o patrimonio pois ela non podía facelo. O parente próximo e marido, que adoitaba ser o irmán máis vello do pai, en ningún momento herdaba o patrimonio; cando nacía un fillo home, este convertíase herdeiro do avó.[33]

A institución do epíklera funcionou na Grecia clásica, con pequenas variantes e denominacións, ata pouco antes da expansión helenística; O establecemento da monarquía e o individualismo romperon as liñas de parentesco e, aos poucos, converteuse en innecesario. Cara ao século IV a.C. xa era unha institución en crise.[34]

O matrimonio en Roma

editar

O matrimonio, en Roma, caracterízase por dous aspectos: en primeiro lugar, circunscríbese á clase social dos patricios, aos que máis tarde se engaden outros poboadores que adquiren a cidadanía romana e, en segundo lugar, responde a unha serie de cambios producidos a longo prazo e que afectan á súa existencia.

O matrimonio romano é, quizais, a institución que máis se transforma ao longo da súa historia: oscila do matrimonio da época pagá ao matrimonio cristián; non só son diferentes en canto a concepción social e moral, senón tamén en canto a estrutura xurídica,[35] dentro da historia de Roma ata o século II a.C. cando aparece un sistema matrimonial parecido ao grego en canto á esencia: Na súa orixe confundíase co dereito sacro patricio: era unha unión santa, que establecía entre o home e a muller unha sociedade completa de vida (consortium omnis vitae), constituía, como Grecia, unha comunidade de culto e un lugar de procreación do herdeiro (heres sacrorum), que debía perpetuar o culto aos antepasados.[36][37]

 
Aneis de voda

A formación da parella contratábase mediante unha convención, un contrato solemne e ritualizado chamado sponsio (del derívase sponsalia: esponsai) levada a cabo polo pai da muller e o futuro marido, como noivado. Había un intercambio de aneis e unha serie de pactos económicos, entre eles a pecunia que o pai daba á filla. A celebración posterior do matrimonio era de carácter familiar e relixioso, e non requiría ningún acto xurídico formal. Había ofrendas aos deuses, intercambio de consentimentos mutuos ante os membros da familia e polo menos dez testemuñas. Finalmente, a comida de celebración.[38][39]

Con posterioridade ao século II a.C., do dereito clásico e da República, establecéronse diferentes tipos de unión matrimonial: o matrimonio regular entre cidadáns romanos (iustae nuptiae), o matrimonio inferior ou concubinato, dos que non poden ou non queren contratar as iustae nuptiae, as unións entre cidadáns non libres e as unións entre escravos.

As nupcias -iustae nuptiae, iustum matrimonium- son establecidas segundo a normativa do dereito, crean unha comunidade de vida entre os esposos, e a muller adquire a situación de materfamilias, a esperanza dunha descendencia e o rango social do marido. Esta unión distínguese do stuprum, ou unión pasaxeira, e do concubinato.

O concubinato é considerado unha unión honorable, aínda que non recoñecida polo dereito. En principio, pois, non ten efectos xurídicos. A distinción entre matrimonio e concubinato en Roma é difícil de separar na práctica. Ambos son consensuados entre home e muller, teñen a unión e a vida común, pero, ao non estar definido xuridicamente, o fillo resultante é da nai, e esta pode ser tratada como esposa, pero non de acordo cos títulos do home.

A finais da república e durante o Alto Imperio, entre os séculos I a.C. e II d.C., os costumes matrimoniais evolucionan novamente. A práctica das iustae nuptiae era anteriormente relegada ás clases patricias e os cidadáns que tiñan bens a transmitir. As clases urbanas ou rurais sen cidadanía nin bens, parece que practicaban o concubinato. Finalmente, os escravos tiñan as unións que podían e coa forma que podían de acordo co habitual contubernium. Todo isto cambia. No século II d.C. Tertuliano explica que o matrimonio das escravas é un feito habitual[40] feito que parece indicar unha profunda variación na moral romana.[41]

Esta variación é entendida, por un bo número de estudosos, como unha consecuencia da expansión do cristianismo en Roma. Aínda que parte destes estudosos, como Paul Veyne, indican que o cambio moral aparece nas clases patricias romanas desde Cicerón, e que é recollida, e aumenta, en obras de autores como Séneca, Plutarco e Quintiliano, no que o ton moralizante é constante; e por último, ten unha boa representación nas ideas estoicas de Epicteto e Marco Aurelio, antes de ser retomadas pola moral cristiá.[42]

No Baixo Imperio (séculos III-V d.C.), a lexislación sobre o matrimonio é dominada polo réxime imperial e pola preocupación moral cristiá. Quere garantir a estabilidade da unión, asegurar a comunidade e reciprocidade de obrigacións entre esposos e protexer os intereses da viúva e os fillos. O matrimonio convértese na creación dunha comunidade conxugal, máis que o tratado entre dúas familias. E constátase a progresiva desaparición do concubinato, substituído por un matrimonio regular.

A estabilidade da unión é tratada a nivel de esponsais, co que se pretende garantir a promesa de matrimonio respectando a palabra dada desde as prescricións cristiás. De Constantino adiante a ruptura inxustificada da promesa matrimonial recibe unha sanción legal.

Nun longo proceso histórico -trece séculos de vida romana-, o matrimonio pasa a ser a unión entre parellas duns cuantos habitantes privilexiados dunha pequena cidade da Península Itálica, a constituír a unión de parellas nunha extensa área xeográfica europea.

Os esponsais, como contratacións prematrimoniais, readaptanse en base aos intereses familiares: Primeiramente, o poder dos pais aparece nítido á hora de establecer os fillos. Máis tarde, este poder refúxiase detrás do consentimento mutuo entre noivos, que forza e concreta a unión. O culto dos primeiros tempos aos antepasados da familia do marido pasa, na etapa final do matrimonio romano, o culto común cristián. A suxeición e asimilación da muller na familia do marido, que se establece na concepción primixenia do matrimonio, convértese, co paso do tempo, nunha sociedade que busca o amor e o respecto recíprocos.[41]

Do inicio do Cristianismo ao Decreto de Graciano. O dereito antigo (séculos II-XII)

editar

Neste período, dáse unha etapa formadora e ordenadora da institución matrimonial que será realizado pola Igrexa que, no seu rol de ordenadora social, acaba asumindo unha serie de aspectos que nun principio lle eran alleos, pero que, en asociarse co poder do Estado, toma dentro da súa responsabilidade e os que desenvolve ata crear un corpo xurídico. Deste xeito, utilizando unha maioría de principios xurídicos romanos, a Igrexa enxerta formas de entender o dereito e o costume doutros pobos. Todo isto vén dado pola obrigatoriedade de dar resposta aos problemas sociais básicos. E chega un momento na alta Idade Media que se fai necesaria a regulación do matrimonio debido a que se converte nun problema social de obrigada resolución.[43]

Mentres a Igrexa viuse enfrontada ao poder civil romano esta antepoñía o celibato a calquera outra condición civil dos seus membros. Esta anteposición derivábase das palabras do Evanxeo de San Mateu, que profetizaban a segunda chegada de Cristo e a proximidade do fin do mundo.[44] Non había que casar, porque a procreación da especie era xa innecesaria.[43] Escritos cristiáns posteriores presentan pareceres diferentes: Clemente de Alexandría no terceiro libro de Stromata[45] mostrase favorable ao matrimonio, pola contra Tertuliano opina que o matrimonio foi necesario ao principio da creación para poboar a terra, pero nese momento -século II d.C.-, sendo inminente o fin do mundo, só se xustifica para evitar a fornicación.[46]

Como as xeracións sucedianse e o fin do mundo non chegaba, o discurso foi variando. O matrimonio deixou de ser algo soamente profano e acabou tratado -no campo relixioso- a nivel teolóxico desde a análise dos textos sacros xudeus e cristiáns. Deste xeito, os capítulos segundo e terceiro do Xénese, coa creación de Adán e Eva, as normas sobre divorcio de San Mateu, as vodas de Caná no evanxeo de San Xoán e sobre todo o capítulo 5 da carta aos Efesios de San Paulo, foron os puntos de partida da doutrina teolóxica e canónica posterior.[47]

A partir do ano 313, tras a vitoria de Constantino sobre Maxencio, a Igrexa sae definitivamente da clandestinidade co edicto imperial de tolerancia, e doce anos despois, o 325, convoca o gran Concilio de Nicea que constitúe o punto de inflexión entre unha Igrexa perseguida a unha Igrexa próxima ao poder.

Despois disto, as tensións entre celibato e matrimonio amainan. O matrimonio acomódase sobre a lexislación civil romana e a moral cristiá sobre a vida conxugal. Só quedan tensións en contra do matrimonio no seo da Igrexa despois de que se priorizase a virxindade e a continencia como superior ao estado matrimonial.[47]

A inxerencia da Igrexa na ordenación do matrimonio é lenta, no século IV aínda se mantén a separación entre a lexislación civil e a doutrina cristiá. San Xerome escribía unhas son as leis dos Césares e as doutrinas do papa e outras as de Cristo e Deus.[48] A sociedade funciona, no matrimonial, sobre unhas leis pagás que o cristianismo aos poucos irá cambiando. Non é ata os séculos VII e VIII que empeza a lexislar contra actuacións matrimoniais concretas, como o rapto, as segundas nupcias da muller, a forma de celebrar o rito matrimonial ou os impedimentos sobre consanguinidade ou sobre a idade para casar.[47]

Segundo a lexislación romana, as categorías da muller xuntada ao home pola vía matrimonial eran dúas: sponsa e uxor. As dúas categorías eran resultado dunha forma matrimonial que se iniciaba cos esponsais e acababan coa condución da muller a casa do marido. Os termos sponsus, sponsa, proceden da palabra Sponde, prometeu. O uxor, de unxir, fai referencia a muller que na antigüidade, ao chegar o cortexo que a acompañaba a casa do marido, antes de entrar adornaba o lintel con grilandas de la e ela era unxida. O matrimonio tiña, pois, dúas fases, unha de negociación entre familias, que terminaba nunha promesa de unión, e a outra de cumprimento da promesa. Esta fórmula mantívose ata que a influencia do cristianismo introduciu o termo desponsatio, un termo diferente do empregado para designar os esponsais romanos. A orixe do novo termo sucede da dificultade que atoparon os primeiros pais da Igrexa en xurdir as preocupacións para determinar se María foi virxe ou non o concibir o seu fillo, así como ao tratar de explicar en termos romanos os usos e costumes da lei matrimonial mosaica entre María e Xosé.

Nas traducións dos Evanxeos e na literatura interpretativa os primeiros autores cristiáns non encaixaban as fórmulas romanas de sponsa e de uxor. O sponsa establecera unha promesa de matrimonio, non sendo aínda casada. Á súa vez, o noivado xudaico constituía o inicio do matrimonio; a lei mosaica ignoraba o matrimonio que se practicaba en Roma.[49] A preparación limitábase a pactar o réxime da voda: o dote, a herdanza dos futuros fillos e en todo caso as indemnizacións en caso de repudio. Os costumes xudeus tampouco daban gran valor relixioso á virxindade, excepto en seitas como os esenios.

Deste xeito, cando tiñan que explicar o réxime matrimonial da Virxe, adaptouse o termo desponsatio, coas súas variacións, para indicar que esta estaba casada pero aínda non consumara o matrimonio: a virxe podía ser desponsata pero non nupta (Tertuliano).[50] Trasladado isto á nova formulación matrimonial da influencia cristián, fixo que aparecesen as tradicións sobre as unións corporais para dar paso ao recoñecemento do estado de casado, como as bendicións da noite de vodas, o acompañamento ata cama dos noivos por parte dos parentes, o encamamento dos noivos impúberes, etc.

Desponsatio foi empregado na tradución dos evanxeos e en explicacións teolóxicas epistolares, en sermóns, etc. que desde este campo pasou a formar parte do incipiente dereito canónico. Das diferentes utilizacións destaca a interpretación feita nos tratados legais xermanos: desponsatio aparece ligado coa noción de matrimonio por etapas que teñen estes pobos, en que as vodas, do inicio á consumación, pasan por dúas fases. Esta interpretación impoñerase posteriormente. No século IX, os capitulares de Carlomagno distinguen sponsa e desponsare, segundo o lexislador siga a tradición xurídica romana ou a xermánica. Graciano, no século XII, tentará harmonizar criterios co matrimonio intre e o matrimonio consumado e coas fórmulas consensuais ratificadas pola cópula carnal como fixación definitiva do estado matrimonial.[51]

Dentro do mundo feudal, as familias, e aínda máis os apelidos, trazan a complexa trama do matrimonio a través da liberdade de costumes e a imprecisión do dereito. Este baséase no sistema da desponsatio, que o principio era un termo adoptado para a explicación do matrimonio da Virxe, transfórmase nunha mestura de costumes e dereitos xermanos e de antigo dereito romano. Esta adaptación está con razón nas dúas etapas que teñen as vodas xermánicas: a Verlobung, como contrato que liga tanto o futuro esposo como o que ten a autoridade de casar a futura muller, e a Trauung ou entrega da moza ao marido. Esta imprecisión manterase ata a recuperación do antigo dereito romano pola escola de Boloña, a través de Graciano e dos seus seguidores, os cales depurarán estes conceptos.[52]

Froito desta falta de orde en que o costume axuda a rexer os actos humanos, só hai un acto que poida dar forza e ratificar os apelidos e as familias dos noivos que crearon un vínculo entre eles: este acto é a cópula carnal como consumación da Trauung. A unión sexual é a percepción comprensible para todos e dá firmeza a conceptos xurídicos de toda clase. Por iso moita iconografía da Baixa Idade Media contén a escena na que levan os noivos na cama: ao redor da parella deitada, pódense observar os familiares e ata algunha autoridade eclesiástica que de pé contemplan os noivos.[53] O dereito canónico posterior cuestionará sempre máis, nos casos de separación ou disolución matrimonial, a existencia de relacións sexuais para poder fallar nun sentido ou noutro.

O Dereito Novo: Desde o Decreto de Graciano ata o Concilio de Trento (Séculos XII-XVI)

editar

Se a etapa anterior caracterízase por unha falta de regulación desde o Decreto de Graciano aprecia outra actitude por parte da xerarquía eclesiástica. Hai bastantes indicios para establecer a hipótese de que, desde o momento que os xuristas do século XII recuperan o dereito romano, os esponsais convertidos en matrimonio de futuro poden satisfacer os intereses de familia na voda dos fillos. Establécese unha unión que non está chea e salvagarda a posterior vontade dos impúberes e as conveniencias de pais e titores. O resultado supuxo unha retardación da práctica da voda de nenos polo costume, e gañaron forza as directrices matrimoniais ditadas pola Igrexa.

Desde o século XII, o pontífice romano -a súa cúria- é quen regula as normas canónicas. Isto elimina a vaguedade xurídica anterior, que xurdía dos canons ditados polos concilios rexionais ou dos decretos dos bispos, e agora a normativa pasa de localista a continental. Esta é a culminación dun proceso lento que se iniciou coa reforma gregoriana a finais do século XI e que continúa co predominio do espiritual sobre o temporal, coa independencia e forza que os papas logran ante os emperadores alemáns.

O dereito canónico imponse, a regulación deste é tamén de construción lenta: Iníciase co Decreto de Graciano aparecido en torno ao ano 1140 ao que se engaden as Quinque Compilationes Antiquae, que se forman do Breviarium de Bernat de Circa aparecido en 1190, que recolle as glosas dos papas Alexandre III, Lucio III, Urbano III , Clemente III, Celestino IV e os mandatos dos concilios lateranenses; a colección segunda de glosas de Xoán de Gales glosadas e aparecidas en 1.202; a colección terceira, que recolle decretos ata Inocencio III, recompilados por Bernardo de Compostela e Pedro de Benevento; a cuarta colección recollida e glosada por Xoán o Teutonico; e, finalmente, a quinta colección de glosas é recollidas polo papa Honorio III que eran do monxe Tancredo.

En 1230 aparecen os Decretos de Gregorio IX, recollidos por san Raimundo de Peñafort, que constitúen a base do Corpus Iuris Canonici, que reúne os textos depurados anteriores, máis as normas establecidas entre as glosas e Gregorio IX. O libro dividiuse en cinco decretos; no cuarto decreto acumúlase toda a lexislación sobre o matrimonio.[54]

A aparición do Dereito Novo, cunha forte regulación do matrimonio desde o principio e ata a celebración, levou o matrimonio desde unha cuestión de orde privada a unha de orde pública: e dunha expresión da vontade sinxela entre as familias a un asunto impulsado pola Igrexa.[55]

Despois da unificación do dereito canónico, o único xeito de casar con menores era o da dispensa. A dispensa da idade para casar contempla a posibilidade de poder establecer matrimonios para nenos por motivos de carácter moi urxente ou para levar a paz. Esta dispensa ten un punto de partida no decreto de Gregorio IX, núm.II, De Desponsatione Impuberum. O texto establece primeiro a prohibición do matrimonio antes da maioría de idade, o que se engade:[56]

(en latín)[...]nisi forte aliqua urgentissima necessitate interveniente, ut pote bono pacis
(en galego)[...]a menos que necesiten unha intervención urxente que pode promover a paz
Pithoeo1687: II, 104

A nova lei: desde o Concilio de Trento ata a publicación do Código do Dereito Canónico de 1917

editar

Nesta etapa concrétase unha nova sensibilidade sobre a voda e caracterízase pola consolidación do modelo matrimonial eclesiástico, que se impón na cultura occidental, introducindo un eixo do matrimonio ao redor das disposicións teolóxicas e canónicas. Unha vez imposto este eixo, o matrimonio concrétase como un sacramento da igrexa, a que fará valer a súa autoridade para reconducir definitivamente cara a unha orde a área dos esponsais e os matrimonios. Os desposorios terán agora unha validez parcial, en tanto que, cando unha das partes non queira dar o paso o matrimonio, aquelas serán anuladas polos tribunais eclesiásticos. Só planeará sobre eles a vontade dos contraentes.

Por outra banda, o matrimonio infantil complicarase coa obtención de dispensas, tanto na comprobación da puberdade antes da idade legal, como nas razóns de paz entre familias. No século XVIII, impoñeranse as comprobacións sobre a madurez intelectual dos nenos. O Dereito canónico final cambiará as idades para casar e atrasaraas os 16 e os 14 anos para os mozos e as mozas, respectivamente.

Por outra banda, os cambios sociais, as novas ideas do Renacemento e a Ilustración, as melloras na educación, o feito dun enriquecemento xeral e dunha mellora sanitaria, que se producirán lentamente, farán que desapareza a urxencia de establecer alianzas entre familias mediante matrimonios de futuro. E a finais do século XIX e no século XX, os casos de matrimonio infantil perderán a manipulación paterna por razóns económicas, e reaparecerán, nos poucos exemplos que hai, como cobertura das formas sociais por razón de embarazos prematuros. O matrimonio infantil verase á súa vez reducido a casos anecdóticos.[57]

O Concilio de Trento (1545-1563) declara como dogma da Igrexa que o matrimonio é un sacramento antes que un contrato e, por outra banda, discútense os casos do matrimonio clandestino e o divorcio en caso de adulterio. Co Decreto Tametsi, aprobado na sesión XXIV do día 11 de novembro de 1563 e vixente ata a Pascua do ano 1908, a voda queda rexistrada e polo tanto normalizada no mundo católico: deste xeito pasa a ter unha mecánica uniforme e unha normativa sen moitas fracturas.

O capítulo I do Decretum de Reformatione Matrimonii (ou Decreto Tametsi) trata da forma de celebrar o matrimonio; o capítulo II trata da cognición espiritual; o capítulo III precisa quen quedan afectados pola pública honestidade; o capítulo IV contempla a afinidade, os graos de parentesco e a súa dispensa; o capítulo VI analiza os raptos; o VII, a bigamia; o VIII, o concubinato e as súas penas; o capítulo IX fala das interdicións contra quen coartan a liberdade matrimonial; finalmente, o capítulo X fala das prohibicións matrimoniais en épocas determinadas do ano.[58]

Hai que engadir isto para o efecto global da Contrarreforma, que sitúa aos fieis da Igrexa católica lonxe da comodidade e distensión na práctica relixiosa tida ata entón. Despois de Trento, tal como pasou posteriormente á reforma luterana, abandonou unha relixión disoluta, perdida na simonía e na distensión, e pasouse a unha relixión meticulosamente ordenada. De modo que, tanto no sector protestante como no católico, xorde unha tendencia nunha relixión tensa e legalista como quedou establecida no século XVI.[59]

O monopolio que tiña a Igrexa católica desde había séculos sobre o matrimonio foi roto pouco antes do Concilio de Trento pola separación da Igrexa de Inglaterra e as reformas luterana e calvinista. Como ningunha delas non estivo de acordo cos mandatos do Concilio de Trento, o matrimonio non foi considerado un sacramento, senón un contrato laico; por tanto, as actuacións sobre a constitución, separación ou divorcio, pasaron a ser competencia dos tribunais civís e non competencia xurídica eclesiástica, excepto no caso do anglicanismo, que ao comezo tratou nos tribunais das dioceses estes casos.[60]

En Europa os últimos douscentos anos foron de cambios, desde a utilidade constatada do Código de Napoleón e a influencia das escolas xurídicas alemás. Europa dedicouse a lexislar sobre todas as parcelas que podía do comportamento humano e social.

O matrimonio, ao pasar paulatinamente a xurisdición laica, tamén entra nesta dinámica, que ata entón, no Antigo Réxime, só recibira atención legal na parcela que correspondía a salvagardar a aceptación e a vontade paterna , así como en cuestións de dotes ou de ámbito económico; é dicir, as soamente contractuais.[61]

Cando as ideas renovadoras sociais entraron na percepción das clases dirixentes de cada país, establécese no continente europeo un principio de diverxencia legal importante en canto ás idades mínimas para casar. Así no século XIX observanse diferenzas importantes: Austria, 14 anos cumpridos tanto para o home como para a muller; Italia, Bélxica e Romanía, 20 anos cumpridos para o home e 15 para a muller; Alemaña, 21 anos cumpridos para o home e para mulleres a partir dos 16 anos cumpridos. Nos Países Baixos, Suíza, Rusia e Hungría permiten o matrimonio a partir dos 22 anos no home e 16 na muller, todos completos; coa condición de que a zona caucasiana rusa tiña establecidos 15 e 13 anos cumpridos. Dinamarca tiña establecidos os 20 e 16 anos cumpridos. España, Reino Unido, Portugal e Grecia conservaban as idades canónicas con 16 e 14 anos cumpridos.[62]

Matrimonio e saúde

editar

O matrimonio, como outras relacións próximas, exerce considerable influencia na saúde.[63] A xente casada experimenta menor enfermidade e mortalidade en diversas doenzas como o cancro, os ataques ao corazón ou a cirurxía.[64] A investigación da relación entre o matrimonio e a saúde é parte dun estudo máis amplo dos beneficios das relacións sociais.

As ligazóns socais proporciánanlles ás persoas un sentido de identidade, pertenza e apoio.[65]

O efecto protector da saúde é máis forte para os homes que para as mulleres.[64][66] O simple feito de estar casado confire máis beneficios de saúde aos homes que ás mulleres.[64]

A saúde da muller está máis influída que a do varón pola satisfacción ou polos conflitos maritais, polo que as mulleres infelizmente casadas nos gozan de mellor saúde cás solteiras.[64][66][67] A maioría dos estudos sobre o matrimonio e a saúde centráronse en parellas heterosexuais, polo que se precisa máis traballo para aclarar o impacto na saúde nos matrimonios entre persoas do mesmo sexo.[63]

  1. Definicións no Dicionario da Real Academia Galega e no Portal das Palabras para matrimonio.
  2. Haviland, William A.; Prins, Harald E.L.; McBride, Bunny; Walrath, Dana (2011). Cengage Learning, ed. Cultural Anthropology: The Human Challenge (en inglés) (13th ed.). ISBN 978-0-495-81178-7. Unha definición non matrimonial de matrimonio é unha unión sancionada culturalmente entre dúas ou máis persoas que establece certos dereitos e obrigas entre as persoas, entre elas e os seus fillos e entre elas e os seus sogros. 
  3. Haviland, William A.; Prins, Harald E. L.; McBride, Bunny; Walrath, Dana (2011). Cengage Learning, ed. Cultural Anthropology: The Human Challenge (13th ed.). ISBN 978-0-495-81178-7.  "Unha definición non alocentrista do matrimonio é unha unión culturalmente sancionada entre dúas ou máis persoas que establece certos dereitos e obrigacións entre as persoas, entre eles e os seus fillos, e entre eles e os seus sogros.."
  4. Pacto Internacional de Dereitos Civís e Políticos. Artigo 23:... "3. O matrimonio non poderá celebrarse sen o libre e pleno consentimento dos contraentes".
  5. Esta distinción só pode existir naqueles contextos onde o Estado atraeu o recoñecemento do matrimonio como unha das súas atribucións. As primeiras leis do matrimonio civil aparecen nos Países Baixos en 1580 e en Inglaterra en 1653. Catalá Louro, Santiago; Martí, José María; García-Pardo, David (2002). Judaísmo, Sefarad, Israel: actas del II Encuentro sobre Minorías Religiosas (en castelán). Univ de Castela A Mancha. p. 206. ISBN 9788484272168. Consultado o 7 de febreiro do 2018.  Nalgúns países occidentais o matrimonio civil non foi recoñecido ata datas relativamente recentes. Por exemplo, Chile recoñéceo desde 1884. ( Salinas Araneda, 2009: 7.) Arxentina, faino desde 1888, en virtude da Lei 2393. Algúns estados que adoptaron o matrimonio civil non recoñecen as unións conxugais realizadas baixo as normas relixiosas, outros recoñecenas como opción con validez xurídica equivalente ao matrimonio civil. En contraparte, as relixións non adoitan recoñecer o matrimonio civil como unha forma de unión conxugal acorde cos seus preceptos.
  6. Ramos Pazos, René (1998). Derecho de familia. Editorial Jurídica de Chile. p. 31. ISBN 9789561012158. 
  7. Briseño, Ramón (1870). Derecho natural, o Filosofía del derecho. Impr. del Mercurio de Tornero y Letelier. p. 144. 
  8. Pianigiani, Ottorino (1993). Il vocabolario etimologico. 
  9. Babylon Arabic-English. Babylon Ltd. 2007. 
  10. 10,0 10,1 Veyne, Paul (1984). "Familia e amor durante o alto Imperio Romano". Amor, familia, sexualidade. Barcelona, editorial Argot. ISBN 978-848-586-009-8. 
  11. "γαμέω". Diccionario Manual Griego: griego clásico - español. Vox: Spes. 1996. p. 115. 
  12. 12,0 12,1 Mossé, Claude (1990). La mujer en la Grecia Clásica. Madrid, Nerea. ISBN 84-86763-29-0. 
  13. Plutarco, Vida de Licurgo, xv, 10
  14. Manuel de Landa, Mil años de historia no lineal, Gedisa, 2011, ISBN 978-84-9784-292-1, pax. 149
  15. Edith Ennen, The Medieval Woman, Oxford, Basil Blackwell, 1989, pág. 267
  16. Macionis, John (1999). Sociología. Madrid: Prentice Hall. p. 462. ISBN 84-8322-152-7. 
  17. Fuentes, Marisol. "Tomar la decisión de divorciarse". Arquivado dende o orixinal o 21 de febreiro de 2016. Consultado o 27 de marzo de 2016. 
  18. Human sexuality and gender topics. Topics of concern to many faith groups. Arquivado 19 de agosto de 2018 en Wayback Machine. (en inglés)
  19. Eyeontheun.org (ed.). "Human Rights Voices – Pakistan, August 21, 2008". Arquivado dende o orixinal o 21 de xaneiro de 2013. Consultado o 2012-11-09. 
  20. AIDSPortal (ed.). "Home". Arquivado dende o orixinal o 26 de outubro de 2008. Consultado o 2012-11-09. 
  21. 21,0 21,1 Travel.state.gov (ed.). "Iran". Arquivado dende o orixinal o 08 de abril de 2012. Consultado o 2012-11-09. 
  22. Unhchr.ch (ed.). "United Nations Human Rights Website – Treaty Bodies Database – Document – Summary Record – Kuwait". Consultado o 2012-11-09. 
  23. Everyculture.com (ed.). "Culture of Maldives – history, people, clothing, women, beliefs, food, customs, family, social". Consultado o 2012-11-09. 
  24. Fakim, Nora (2012-08-09). BBC, ed. "BBC News – Morocco: Should pre-marital sex be legal?". Consultado o 2012-11-09. 
  25. Interpol (ed.). "Legislation of Interpol member states on sexual offences against children – Oman" (PDF). Arquivado dende o orixinal (PDF) o 15 de decembro de 2007. Consultado o 2012-11-09. 
  26. State.gov, ed. (2011-04-08). "2010 Human Rights Report: Mauritania". Consultado o 2012-11-09. 
  27. Dubai FAQs. Dubaifaqs.com, ed. "Education in Dubai". Consultado o 2012-11-09. 
  28. Judd, Terri (2008-07-10). "Briton faces jail for sex on Dubai beach – Middle East – World". The Independent. Consultado o 2012-11-09. 
  29. "Sudan must rewrite rape laws to protect victims". Reuters. 2007-06-28. Arquivado dende o orixinal o 16 de outubro de 2015. Consultado o 2012-11-09. 
  30. United Nations High Commissioner for Refugees. UNHCR, ed. "Refworld | Women's Rights in the Middle East and North Africa – Yemen". Consultado o 2012-11-09. 
  31. COLLIGNON, Max (1926): “Matrimonium”, en: DAREMBERG, Ch. e SAGLIO, E. (ed.): Dictionnaire des antiquites grecques et romaines d'après les textes et les monuments, Paris, Librairie Hachette, 5 vols.
  32. de Llobet Masachs, Santiago (outubro 2005). El matrimoni infantil a Catalunya i Europa (PDF). Volum 31 de Col·lecció Estudis (en catalán). Barcelona: Pagès Editors, SL. p. 354. ISBN 978-84-9779-324-7. Arquivado dende o orixinal (pdf) o 03 de marzo de 2016. Consultado o 3 de xuño do 2018. 
  33. TÉBAR MEGÍAS, Estíbaliz i TÉBAR MEGÍAS, Ricardo Miguel (1998): “El epiclerato en la Grecia clásica”, dins: ALFARO GINER, Carmen i NOGUERA BOREL, Alejandro (ed.): Actas del Primer Seminario de estudios sobre la mujer en la antigüedad (Valencia, 24-25 abril, 1997), Valencia, Sema.
  34. Llobet 2005: p.41-46
  35. Llobet 2005: p.56
  36. WESTRUP, Carl W. (1943): Recherches sur les formes antiques de mariage dans l'ancien droit romain, Kobenhavn, Ejnar Munksgaard
  37. Llobet 2005: p.57
  38. GAUDEMET, Jean (1962): Cours de Droit Romain et d'ancien Droit Français, París, Les Cours de Droit.
  39. Llobet 2005: p.58
  40. Tertul·lià: Ad uxorem, II, 8, 1
  41. 41,0 41,1 Llobet 2005: p.58-61
  42. VEYNE, Paul (1978): La famille et l'amour sous le Haut-Empire romain, dins: Annales Economies, Sociétés, Civilisations, Janvier-Febrier 1978, p. 35-61.
  43. 43,0 43,1 Llobet 2005: p.71
  44. Mateu, 24: 3-51
  45. Clemente de Alexandría: III Stromata, XII, 84, 2
  46. Tertul·lià, Ad Uxorem, I, II, 2-3 i I, III, 3-6
  47. 47,0 47,1 47,2 Llobet 2005: p.72
  48. Jeroni, 1962: Epístola, 87
  49. GAUDEMET, Jean (1954): Originalité et destin du mariage romain, dins: L'Europa e il Diritto Romano. Studi in memoria di Paolo Koschaker, Milano, Dottore Antonio Giuffrè-Editore, 2 vols
  50. Llobet 2005: p.75 i p.76
  51. Llobet 2005: p.76
  52. Llobet 2005: p.84
  53. Llobet 2005: p.85
  54. Llobet 2005: p.87
  55. Llobet 2005: p.96
  56. Llobet 2005: p.95
  57. Llobet 2005: p.121
  58. Llobet 2005: p.123
  59. Llobet 2005: p.123
  60. Llobet 2005: p.138
  61. Llobet 2005: p.140
  62. Llobet 2005: p.139
  63. 63,0 63,1 Robles, T., Slatcher, R., Trombello, J., & McGinn, M. (2013). Marital Quality and Health: A Meta-Analytic Review. Psychological bulletin. Consultado en http://psycnet.apa.org/psycinfo/2013-09831-001/
  64. 64,0 64,1 64,2 64,3 Kiecolt-Glaser, JK; Newton, TL (2001). "Marriage and health: His and hers". Psychological Bulletin 127 (4): 472–503. PMID 11439708. doi:10.1037/0033-2909.127.4.472. 
  65. Thoits, P. A. (2011). "Mechanisms Linking Social Ties and Support to Physical and Mental Health". Journal of Health and Social Behavior 52 (2): 145–61. PMID 21673143. doi:10.1177/0022146510395592. 
  66. 66,0 66,1 Wanic, R.; Kulik, J. (2011). "Toward an understanding of gender differences in the impact of marital conflict on health". Sex Roles 65 (5–6): 297–312. doi:10.1007/s11199-011-9968-6. 
  67. Saxbe, DE; Repetti, RL; Nishina, A (2008). "Marital satisfaction, recovery from work, and diurnal cortisol among men and women" (PDF). Health Psychology 27 (1): 15–25. PMID 18230009. doi:10.1037/0278-6133.27.1.15. Arquivado dende o orixinal (PDF) o 19 de agosto de 2018. Consultado o 07 de decembro de 2017. 

Véxase tamén

editar

Bibliografía

editar
  • Bernárdez Cantón: Compendio de derecho matrimonial canónico. Madrid
  • Bologne, Jean-Claude: Histoire du mariage en Occident. Lattès, 1995
  • Boswell, John: Same-sex unions in pre-modern Europe: Villard Books, Nova York, Estats Units, 1994
  • Boswell, John: Les unions du même sexe dans l'Europe antique et médiévale. Fayard, 1996
  • Camarero Suárez, V.: Derecho y conflictividad matrimonial. Datos básicos para una sociología jurídica en la provincia de Castellón (1981-1991). Castelló de la Plana, 1997
  • Fernández- Coronado González, Ana: El proceso de secularización del matrimonio. Madrid, 2004
  • Gutiérrez del Moral: María Jesús: El matrimonio en los Estados de la Unión Europea y la eficacia civil del matrimonio religioso. Barcelona, 2003
  • Lacruz Berdejo; Sancho Rebullida; Luna Serrano; Rivero Hernández: Elementos de derecho civil IV. Derecho de familia. 3a edició. Barcelona, 1990
  • Llamazares Fernández, Dionisio: El sistema matrimonial español: matrimonio civil, matrimonio religioso y matrimonio de hecho. Madrid, 1995
  • Llobet i Masachs, Santiago de: El matrimoni infantil a Catalunya i Europa Arquivado 03 de marzo de 2016 en Wayback Machine.. pp. 355. Fundació Noguera. Col·lecció Estudis, 31. Barcelona, 2005
  • Martínez Vázquez de Castro, Luis El concepto de matrimonio en el Código Civil, Aranzadi, 2008 ISBN 978-84-470-2929-7
  • San Román, Teresa e González Echevarría, Aurora (1994): Las relaciones de parentesco, Universitat Autònoma de Barcelona, Bellaterra.
  • Salinas Araneda, Carlos (2009) El matrimonio religioso ante el derecho chileno, Pontificia Universidade Católica de Valparaíso.
  • Varios autores (2008). El matrimonio: ¿contrato basura o bien social?. Thomson Aranzadi. ISBN 978-84-8355-741-9. 
  • Viladrich, Pedro-Juan (2001). El modelo antropológico del matrimonio. Volumen 31 de Documentos del Instituto de Ciencias para la Familia. Ediciones Rialp. ISBN 9788432133756. Arquivado dende o orixinal o 29 de abril de 2014. Consultado o 07 de febreiro de 2018. 

Outros artigos

editar

Ligazóns externas

editar