O noivado é a relación entre noivos[1] ou mozos,[2] é dicir, unha relación amorosa mantida entre dúas persoas coa posíbel intención de matrimonio.[3] É un proceso polo que dúas persoas desenvolven unha asociación íntima máis alá da amizade.

"Dous amantes baixo un paraugas na neve", de Suzuki Harunobu, 1767.

Encádrase na categoría de cortexo, consistente en actos sociais realizados pola parella ben soa ou con outras persoas. Os protocolos e prácticas das citas e os termos utilizados para describilas varían moito entre culturas, sociedades e períodos de tempo. As citas tamén poden implicar persoas que xa decidiron compartir sentimentos románticos ou sexuais entre si. Aínda que foi un tabú en moitas partes do mundo durante gran parte da historia, o sexo prematrimonial tornouse cada vez máis común no último século, comezando co inicio da revolución sexual. A través dunha maior representación no cinema, na televisión e música, o sexo dentro do noivado aceptouse cada vez máis como unha progresión natural da relación.

Notas editar