O tabú[1] era, orixinalmente, unha institución de fundamento relixioso que atribuía carácter sagrado a determinados seres, obxectos ou lugares, prohibindo calquera contacto con eles. Posteriormente, o termo pasou a designar calquera tipo de prohibición.[2]

Etimoloxía editar

A palabra é de orixe polinesia. Deriva do tabu tongano e do tapi maorí, termos que se refiren á prohibición dun determinado acto, baseado na crenza de que tal acto invadiría o campo do sagrado, o que implica perigo ou maldición para os individuos comúns.

O termo foi rexistrado por primeira vez polo capitán James Cook durante a súa visita a Tonga en 1771. Despois introduciuse no idioma inglés e posteriormente estendeuse a outros idiomas. Aínda que os tabús foron asociados inicialmente con culturas polinesias no Pacífico Sur, os tabús están ou estiveron presentes en practicamente todas as sociedades.

 
Gravado representando mulleres de Tonga ao redor de 1800. Tonga foi o primeiro lugar onde foi rexistrado o uso do termo "tabú".

Interpretación do concepto editar

Segundo Sigmund Freud, o tabú é a base da "Idolatrí­a" e a violación dese interdito provocaría un castigo divino, unha "Maldición", unha "Herdanza Maldita", que incidiría sobre o individuo culpado ou sobre todo o grupo social. Para Freud e Levi-Strauss, expresaría un sentimento colectivo sobre un determinado comportamento ou asunto, dividindo un ambiente entre "amigos" dun lado e "inimigos" do outro lado. Segundo Sigmund Freud, o incesto e o parricidio serían os únicos tabús universais a nivel individual, constituíndo a base da civilización.[3] Porén, aínda que o canibalismo, o asasinato dentro do mesmo grupo de parentesco e o incesto sexan tabú na maiorí­a das sociedades, procuras posteriores encontraron excepcións para todos eles: por tanto, non se coñece ningún tabú que sexa universal.[4][5][6][7][8][9][10]

Tabú lingüístico editar

En lingüística, é a imposición dunha prohibición de dicir nomes de certas cousas ou persoas. Normalmente, para escapar aos tabús, utilízanse eufemismos ou disfemismos.[11]

Os tabús da linguaxe divídense en tres grupos, de acordo co uso ou a motivación psicolóxica: uns son debido ao medo, outros a un sentimento de delicadeza e outros, aínda, a un sentido de decencia e decoro. Os tabú de medo teñen que ver co pavor en relación aos seres sobrenaturais, que impuxeron tabú sobre os seus nomes, como, por exemplo, o demo. As criaturas e as cousas vulgares dotadas de calidades sobrenaturais poden tornarse albo de terror e tabú. Os nomes dos obxectos inanimados poden tamén ser afectados por unha prohibición. Os de delicadeza derivan da tendencia a evitar referencias directas a asuntos desagradabades, tales como a doenza, a morte ou defectos físicos e mentais. Os de decencia son xeralmente asociados a sexo e/ou moral. Chámanse tabuismos as palabras, locucións ou acepcións tabú, consideradas groseiras ou ofensivas demais na maiorí­a dos contextos.[12]

Notas editar

  1. Definicións no Dicionario da Real Academia Galega e no Portal das Palabras para tabú.
  2. FERREIRA, A. B. H. Novo Dicionário da Língua Portuguesa. 2ª edição. Rio de Janeiro. Nova Fronteira. 1986. p. 1 638.
  3. FREUD, Sigmund (1913). Totem et Tabu .
  4. Jones, Ashley. "Incest in Ancient Egypt" (PDF). cnersundergraduatejournal.files.wordpress.com (en inglés). Consultado o 10 de abril de 2021. 
  5. Strong, Anise K. (2005). "Incest Laws and Absent Taboos in Roman Egypt". Ancient History Bulletin (en inglés) (Calgary) 19 (1-2): 31–41. ISSN 0835-3638. 
  6. Lewis, N. (1983). Life in Egypt under Roman Rule. ISBN 0-19-814848-8. 
  7. Frier, Bruce W. (1994). The Demography of Roman Egypt. Cambridge, UK. ISBN 0-521-46123-5. 
  8. Shaw, Brent D. (1992). "Explaining Incest: Brother-Sister Marriage in Graeco-Roman Egypt". Man, New Series (en inglés) (Royal Anthropological Institute of Great Britain and Ireland) 27 (2): 267–299. ISSN 0025-1496. JSTOR 2804054. doi:10.2307/2804054. 
  9. Hopkins, Keith (1980). "Brother-Sister Marriage in Roman Egypt" (PDF). Comparative Studies in Society and History (en inglés) 22 (3): 303–354. doi:10.1017/S0010417500009385. Arquivado dende o orixinal (PDF) o 03 de marzo de 2016. Consultado o 09 de abril de 2021. 
  10. Remijsen, Sofie; Clarysse, Willy (2008). Society for the Promotion of Roman Studies, ed. "Incest or Adoption? Brother-Sister Marriage in Roman Egypt Revisited". 0075-4358 (Cambridge University Press) 98 (98): 53–61. ISSN 0075-4358. doi:10.3815/007543508786239355. 
  11. Tabus linguísticos do português do Brasil. Por Alfredo Maceira Rodríguez.
  12. Priberam Dicionário. Dispoñíbel en http://www.priberam.pt/dlpo/tabu%C3%ADsmo. Consultado o 15 de xaneiro de 2016.

Véxase tamén editar

Outros artigos editar