Este artigo trata sobre o tecido, para o artigo sobre a nota musical véxase La, e para o do elemento químico de símbolo La véxase Lantano. Para outros significados véxase La (homónimos).

A la (do latín lana) obtense da extracción do pelo ondulado da ovella ou doutros animais. Da la obtéñense moitos produtos téxtiles, como sacas, luvas ou pezas de roupa.

Imaxe dun feixe de la.

O seu uso é maior nas zonas máis frías, xa que este produto ten propiedades illantes. A la era amplamente usada ata o espallamento do uso do algodón, máis barato de producir (xa que vén dunha planta), e máis doado de fiar nas máquinas tecedoras a partir da revolución industrial.

Obtención editar

As las mais valiosas son as que proceden de ovellas de tres a seis anos. Unha ovella produce ao ano dun a tres quilos de la fina ou de dous a seis quilos de la grosa, segundo se trate dunha raza ou outra.

As partes illadas do vélaro mostran grandes diferenzas en canto a finura e estado de limpeza, segundo a parte do corpo de que procedan. A clasificación do vélaro ten a súa importancia, se se aspira a lograr certa uniformidade no fiado.