Roca
Unha roca, máquina de fiar, torno de fiar ou fiadeira é un instrumento para fiar manualmente fibras téxtiles. Supuxo un avance na tecnoloxía dos tecidos desenvolvido en China ou na India entre os anos 500 e 1000 d.C.
A roca permite unha maior velocidade de fiado e produce un fío máis homoxéneo e resistente. Válese dunha roda accionada de diversas maneiras (movida en última instancia coa man ou co pé) que fai xirar o equivalente do fuso a moita velocidade e imprímelle unha torsión ao fío. Anteriormente á súa invención, a persoa que fiaba tiña que xuntar as fibras, facelas un nobelo e ademais transmitirlle ao tecido a torsión utilizando o fuso.
As fiandeiras de Velázquez.
Isabel de Hungría fiando para os pobres nunha roca tipo castelo.
Muller nepalí usando unha roca chamada Charkha.
Véxase taménEditar
Wikimedia Commons ten máis contidos multimedia na categoría: Roca |