Nepal

estado do sur da Asia

Coordenadas: 28°10′N 84°15′L / 28.167, -84.250

O Nepal, cuxo nome oficial é República Federal Democrática do Nepal (en nepalés: सङ्घीय लोकतान्त्रिक गणतन्त्र नेपाल), é un país do sur de Asia, con fronteiras coa China (Tíbet) ao norte e a India ao sur. A súa capital e Katmandú; a lingua oficial é o nepalés e a moeda é a rupia nepalesa. O país foi unha monarquía ata 2008, sendo Gyanendra o seu derradeiro rei.

República Federal Democrática do Nepal
संघीय लोकतान्त्रिक गणतन्त्र नेपाल
Sanghiya Loktāntrik Ganatantra Nepāl
Bandeira do Nepal
Bandeira do Nepal
Bandeira
Lema: जननी जन्मभूमिश्च स्वर्गादपी गरीयसी
(devanágari: Nai e Patria son máis grandes que os ceos)
Himno: Sayaun Thunga Phool Ka
Capital
 Poboación
Katmandú
1 442 271 (2019)
Linguas oficiaisNepalés
Forma de gobernoRepública federal
Bidhya Devi Bhandari
Pushpa Kamal Dahal
 • Reino
 • Estado
 • República
21 de decembro de 1768
15 de xaneiro de 2007
28 de maio de 2008
SuperficiePosto 93º
 • Total147 181 km²
 • % auga2,80
Fronteiras2 926 km
Costas0 km
PoboaciónPosto 49º
 • Total (2018)28 087 871[1] hab.
 • Densidade207 hab./km²
PIB (nominal)Posto 108º
 • Total (2009)12 615 millóns US$
 • per cápita452 US$
PIB (PPA)Posto 98º
 • Total (2009)31 582 millóns US$
 • per cápita1 205 US$
MoedaRupia (रू, NPR)
IDH (2018)0,579 (147º) – Medio
XentilicioNepalés, nepalesa[2]
Fuso horarioUTC +5:45
 • Horario de veránNon aplica
Dominio de Internet.np
.नेपाल
Prefixo telefónico+977
Prefixo radiofónico9NA-9NZ
Código ISO524 NPL NP
Membro de: ONU, SAARC

Xeografía editar

Nepal ten, máis ou menos, a forma dun trapecio irregular, formando un pequeno país que de leste a oeste ten unha lonxitude duns 800 km e de norte e sur unha anchura máxima duns 200 km, cubrindo unha área de 147.181 km².

Desde unha perspectiva fisiográfica, Nepal pode ser dividido en tres zonas, que dun xeito groseiro, están orientadas de leste a oeste: a zona montañosa, a zona dos outeiros e a rexión do Terai. Estas tres zonas están irrigadas polos maiores cursos de auga do país. A altitude varía desde os 60 metros no Terai, até os 8.848 metros na cima do Everest. Este gradiente tan enorme entraña unha diversidade de climas e de terras.

Climas editar

A grandes trazos hai tres variedades climáticas básicas:

  • subtropical nas chairas do Terai, que bordean no sur do país á India, e por onde corren os tres ríos principais, Kosi, Narayani e Karnali, que pertencen á marxe norte da grande chaira indo-ganxética. Caracterízase por unha estación chuviosa, entre xuño e setembro, causada polo monzón, e outra estación, seca, que cobre o resto do ano;
  • temperado na rexión central, de montañas medianas e outeiros;
  • frío e seco na rexión das altas montañas do Himalaia.

Soamente un 20 % da superficie total do país é cultivábel, de xeito que as necesidades acrecentadas unha poboación que medra, tanto en combustíbel como en arroz, o alimento básico, arrastran a unha deforestación preocupante.

Terremoto de 2015 editar

O 25 de abril de 2015 produciuse o devastador terremoto de magnitude 7,8 na escala de Richter. O terremoto rexistrouse ás 06:11 GMT, e o seu epicentro localizouse no distrito de Lamjung, a 81 quilómetros ao noroeste da capital, Katmandú, e a unha profundidade de 15 quilómetros. O número de mortos superou os 8.700 e o total de feridos foi de 20.000, sen incluír o total de desaparecidos, que ascendeu a 273 persoas, entre elas 80 estranxeiros. A maioría dos falecidos concentráronse nos distritos de Sindhupalchowk, ao norte da capital nepalesa, e no distrito administrativo de Katmandú, mentres que outras persoas morreron en Nuwakot.

O Centro Nacional de Operacións de Emerxencia de Nepal indicou que o terremoto destruíu totalmente 10.744 edificios e causou danos parciais en 14.741. As vivendas irrecuperables superan as 191.000, mentres que outras 175.000 sufriron graves danos. O Goberno considerou que se necesitarían uns 2.000 millóns de dólares para a reconstrución. O terremoto causou unha destrución xeneralizada en todo o país e cuantiosos danos materiais. Unha parte importante dos edificios máis emblemáticos e históricos do chamado Val de Katmandú, declarado Patrimonio da Humanidade, quedaron reducidos a cascallos.

Economía editar

Artigo principal: Economía do Nepal.

Zonas editar

  Nepal divídese en 14 zonas
 

Demografía editar

Relixión editar

Segundo o censo do ano 2001, o 80,6 % dos habitantes do Nepal son hinduístas. Os budistas constitúen o 10,7 %, os musulmáns o 4,2 % e outras relixións o 3,5 %, tamén existen minorías de ateos e cristiáns.

Linguas editar

Segundo o censo do 2001, fálanse 92 linguas no Nepal. As principais (porcentaxes como lingua nai) son: nepalés (49%), maithili (12%), bhojpuri (8%), Tharu (6%), Tamang (5%), Newari/Nepal Bhasa (4%), Magar (3%), awadhi (2%), Bantawa (2%), Limbu (1%), e Bajjika (1%). As restantes 81 son faladas por menos do 1%.

 
Evolución da demografía entre 1960 e 2010 (cifra da FAO, 2012). Poboación en milleiros de habitantes.


Notas editar

  1. "Population, total - Nepal (National Report)". The World Bank. Consultado o 26 de xuño de 2020. 
  2. Definicións no Dicionario da Real Academia Galega e no Portal das Palabras para nepalés.

Véxase tamén editar

Outros artigos editar