Katmandú
Katmandú[1] (en nepalés: काठमांडौ) é a capital e a maior cidade do Nepal. É a única cidade do país co status administrativo de Mahanagar (cidade metropolitana). Katmandú é o núcleo da meirande aglomeración urbana do Nepal, localizada no Val de Katmandú, e que está formada por Lalitpur, Kirtipur, Madhyapur Thimi, Bhaktapur e un gran número de pequenas comunidades. Segundo o censo de 2011, a cidade metropolitana de Katmandú tiña unha poboación de 1 003 285 e unha área de 49,45 km².
काठमांडौ (hi) | |||||
Localización | |||||
---|---|---|---|---|---|
| |||||
Estado sen litoral | Nepal | ||||
Províncias (pt) | Bagmati Province (en) | ||||
Distrito (pt) | Katmandu (pt) | ||||
Capital de | |||||
Poboación | |||||
Poboación | 845.767 (2021) (17.103,48 hab./km²) | ||||
Xeografía | |||||
Superficie | 49.450.000 m² | ||||
Bañado por | Bisnumati River (en) e Rio Bagmati (pt) | ||||
Altitude | 1.400 m | ||||
Organización política | |||||
• Alcalde | Balendra Shah (pt) (2022–) | ||||
Membro de | |||||
Identificador descritivo | |||||
Fuso horario | |||||
Prefixo telefónico | 01 | ||||
Outro | |||||
Irmandado con | |||||
Páxina web | kathmandu.gov.np | ||||
Xeografía
editarLocalízase no val de Katmandú no Nepal central, próxima ao río Vishnumati, a 1370 metros de altitude[2]. Está rodeada por catro grandes montañas: Shivapuri, Phulchoki, Nagarjun e Chandragiri. O val de Katmandú forma parte de tres distritos (Katmandú, Lalitpur e Bhaktapur).
A súa poboación medra de xeito rápido, máis que duplicándose nas estatísticas entre 2011 e 2019. Ten a maior densidade de poboación do país, sendo o fogar dunha doceava parte dos habitantes.
Historia
editarFoi fundada en 723 polos newares. A cidade antiga é característica pola gran cantidade de templos e palacios budistas e Hindús, a maioría deles do século XVII. Moitos destes monumentos foron estragados desafortunadamente por terremotos e a contaminación. No val de Katmandú hai sete sitios clasificados pola UNESCO como Patrimonio da Humanidade.
Katmandú converteuse nun sitio moi visitado polos turistas desde os anos 1960 a raíz do movemento hippie.
Cidades irmás
editarGalería de imaxes
editar-
Katmandú no ano 2013.
-
Escultura de pedra nunha rúa de Kathmandú.
-
tHashish-shop 1973.
-
Thamel 2007.
-
Pequena celebración en Katmandú.
-
Mahavishnu 2015.
-
Hanuman Dhoka 2015.
-
Hanuman Dhoka 2013.
Notas
editar- ↑ Definicións no Dicionario da Real Academia Galega e no Portal das Palabras para katmanduano.
- ↑ "Kathmandu Metropolitan City Office – Introduction". Kathmandu Metropolitan City Office. Arquivado dende o orixinal o 23 de xuño de 2012. Consultado o 14 de agosto de 2014.
Véxase tamén
editarLigazóns externas
editar- Kathmandu - Wikivoyage (en)
- Kathmandu Metropolitan City
- The Kathmandu Post Arquivado 04 de abril de 2023 en Wayback Machine.