O Tihar (nepalés: तिहार), Swanti (newari: स्वन्ति), ou Deepawali (devanágari: दीपावली) é un festival hindú de cinco días de duración que se celebra no Nepal pouco despois do Dashain. É semellante ó Deepawali celebrado na India pero con variacións rexionais. No Nepal, tódolos grupos étnicos hindús celebran este festival coas súas propias variacións culturais. Entre os newari, é coñecido popularmente como Deepawali ou Swanti.[1] O festival celébrase dende Trayodashi de Kartik Krishna até Kartik Shukla Dwitiya cada ano. Tihar é polo xeral o festival das luces, onde diyas son acesas dentro e fóra das casas para iluminar a noite. Este festival de cinco días de duración é de grande importancia e amosa o respecto non só polas persoas e polos deuses, senón tamén por animais como vacas, corvos e cans, que manteñen unha estreita relación cos humanos. A xente fai debuxos de patróns no chan das habitacións empregando materiais como arroz de cores, area ou pétalos de flores fóra das casas, que se chama Rangoli e é unha forma sagrada de dar a benvida ós deuses do hinduísmo.[2]

Lámpadas e candeas do Diwali.
Un can sendo venerado no Kukur tihar do Nepal.

NotasEditar

  1. Toffin, Gerrard (2007). Social Science Baha, ed. The Mwahni (Dasai) Festival and the Caste System. p. 316. ISBN 978 99933 43 95 0. 
  2. Selvamony 2006, pp. 172

Véxase taménEditar

Ligazóns externasEditar