Organización Mundial do Comercio
A Organización Mundial do Comercio, coñecida tamén polo acrónimo OMC, é unha organización internacional que supervisa un gran número de acordos sobre as "regras do comercio" entre os seus estados-membros. A OMC non forma parte do sistema das Nacións Unidas, e tampouco dos organismos de Bretton Woods como o Banco Mundial ou o FMI.[Nota 1]
Organización Mundial do Comercio | |
---|---|
Acrónimo | OMC, OMC e WTO |
Tipo | organización internacional |
Campo de traballo | trade regulation |
Área de operación | mundial |
Data de fundación | 1 de xaneiro de 1995 e 1995 |
Presidente/a | Ngozi Okonjo-Iweala (2021-) |
Nº de membros | 164 |
Nº de empregados | 640 (2018) |
Orzamento | 197200000 Franco suízos |
Organización subsidiaria | WTO General Council |
Sede | Centre William Rappard e Xenebra |
País | Suíza |
46°07′N 6°05′L / 46.12, 6.09 | |
Na rede | |
https://www.wto.org/ | |
[ editar datos en Wikidata ] |
A OMC comezou oficialmente o 1 de xaneiro de 1995 despois do acordo de Marrakesh, asinado por 123 nacións o 15 de abril de 1994, e que substituía o Acordo Xeral de Tarifas e Comercio (GATT), que comezara en 1948. É a maior organización económica do mundo.[1][2]
O corpo principal de decisións da OMC é a Conferencia Ministerial, que adoita reunirse cada dous anos.[3] Reúne todo os membros da OMC e pode tomar decisións sobre calquera asunto baixo algún dos acordos de comercio. Algunhas das conferencias, como a inaugural de Singapur (1996) e a de Cancún (2003)[4] provocaron discusións entre economías desenvolvidas e subdesenvolvidas, mentres outras, como a de Seattle (1999) deron lugar a grandes manifestacións.
Historia
editarAntecendentes
editarEn agosto de 1942, os Estados Unidos convidaron os seus aliados na guerra a iniciar negociacións a fin de crearen un acordo bipolar para a redución recíproca das tarifas de comercio de bens. Para realizar este obxectivo, tentouse crear a Organización Internacional do Comércio (en inglés, International Trade Organization - ITO). Iniciouse un comité preparatorio en febreiro de 1946, que traballou ata novembro de 1947. En marzo de 1943, as negociacións sobre a Carta da Organización Internacional do Comercio non se completaran con éxito na Habana. Esta Carta tentaba establecer efectivamente a OIC e designar as principais regras para o comercio internacional e outros assuntos económicos. A Carta nunca entrou en vigor; foi enviada varias veces ao Congreso dos Estados Unidos que nunca a aprobou.
En febreiro de 1946 alcanzouse un acordo, o Acordo Xeral de Tarifas e Comercio (GATT). Finalmente, o 29 de novembro de 1949, 148 países asinaron o “Protocolo de Provisión de Aplicación do Acordo Xeral de Tarifas e Comercio” co obxectivo de evitar a onda proteccionista que marcou os anos 40. Nesa época os países tomaron unha serie de medidas para protexeren os produtos nacionais e evitaren a entrada de produtos doutros países, como por medio de baixos impostos para a exportación.
Na ausencia dunha organización internacional real para o comercio, o GATT supriu esa demanda, como unha institución provisional. O GATT foi o único instrumento multilateral a tratar do comercio internacional de 1947 ata 1994. A pesar das tentativas de se crear algún mecanismo institucionalizado para tratar do comercio internacional, o GATT continuou a operar durante case medio século como un mecanismo semiinstitucionalizado.
Creación
editarTras unha serie de negociacións frustradas, na Ronda do Uruguai creouse a OMC, de carácter permanente, substituíndo o GATT. Cómpre salientar que calquera dos seus membros pode retirarse dela, despois do transcurso de seis meses da súa comunicación, a través de correspondencia destinada ao diretor-xeral da organización.
A OMC entrou en funcionamento o 1 de xaneiro de 1995.[5] A súa sede localízase en Xenebra, Suíza.
Os membros da OMC son obrigados a concederse entre si o estatuto de nación máis favorecida.
No final dos anos 90, a OMC transformouse no albo principal dos protestas do movemento anti-globalización.
Organización
editarMembros e observadores
editarA OMC agrupa 164 membros e 22 gobernos observadores.[6][7] Liberia converteuse no membro 163 o 14 de xullo de 2016 e Afganistán no 164 o 29 de xullo de 2016.[8][9] Ademais dos estados, a Unión Europea e cada un dos países que a compoñen son membros de dereito.[10]
Os membros da OMC non teñen que ser estados completamente independentes, senón que abonda que sexan territorios aduaneiros con total autonomía en canto ás súas relacións comerciais exteriores. Así, Hong Kong é membro dende 1995 (dende 1997 como "Hong Kong, China"), antes da China, que se uniu en 2001 tras 15 anos de negociacións. A República da China (Taiwán) ingresou en 2002 como "Territorios aduaneiros separados de Taiwán, Penghu, Kinmen e Matsu", a pesar do seu status.[11] A secretaría da OMC omite os títulos oficiais dos membros da misión permanente deste territorio na OMC, excepto os de representante permanente e vicerrepresentante permanente.[12]
Sede
editarA sede da OMC está localizada en Xenebra (Suíza).[Nota 2] O órgano superior é a Conferencia Ministerial, que se reúne periodicamente. O principal órgano permanente é o Consello Xeral, no que están representados todos os membros. Del dependen numerosos Consellos e Comités. A Secretaría conta cuns 640 funcionarios, encabezados polo Director Xeral. Dende 2013 o titular deste posto é o brasileiro Roberto Azevedo. A OMC tivo en 2011 un orzamento de 196 millones de francos suízos.[6]
Acordos: o «todo único»
editarA OMC administra 160 acuerdos.[13]
O sistema organizado na OMC impón a todos os seus membros a adhesión á totalidade dos seus acordos, e os países non poden optar por aceptar só algúns.[Nota 3] Isto explica a enorme complexidade das negociacións sobre a súa modificación, porque involucran forzosamente todos os acirdos. As vantaxes que cada país obtén ou os prexuízos que sofre poden compensarse en temas diferentes, e a negociación ten que buscar un consenso xeral con equilibrios de extrema complexidade.
Despacho do director xeral
editarO procedemento para o nomeamento do director xeral foi publicado en xaneiro de 2003.[14] Ademais, en 2013, había catro subdirectores xerais: Yi Xiaozhun da China, Karl-Ernst Brauner de Alemaña, Yonov Frederick Agah de Nixeria e David Shark dos Estados Unidos.[15]
Listaxe de directores xerais
editarFonte: Páxina oficial[16]
- Brasil Roberto Azevêdo, 2013–
- Francia Pascal Lamy, 2005–13
- Tailandia Supachai Panitchpakdi, 2002–05
- Nova Zelandia Mike Moore, 1999–2002
- Italia Renato Ruggiero, 1995–99
- Irlanda Peter Sutherland, 1995
(Xefes da organización predecesora, GATT):
- Irlanda Peter Sutherland, 1993–95
- Suíza Arthur Dunkel, 1980–93
- Suíza Olivier Long, 1968–80
- Reino Unido Eric Wyndham White, 1948–68
Notas
editar- ↑ [1]
- ↑ World Trade Organization – UNDERSTANDING THE WTO: BASICS
- ↑ [2]
- ↑ "Five Years of China WTO Membership. EU and US Perspectives about China's Compliance with Transparency Commitments and the Transitional Review Mechanism". Papers.ssrn.com. SSRN 916768. Falta a
|url=
(Axuda); - ↑ "WTO - What is the WTO? - Who we are" (en inglés). Consultado o 11/10/2011.
- ↑ "Members and Observers". World Trade Organization. 24-8-2012.
- ↑ Miembros y Observadores.
- ↑ "Liberia clears last hurdle to WTO accession | International Centre for Trade and Sustainable Development". www.ictsd.org. Arquivado dende o orixinal o 24-06-2016. Consultado o 25-6-2016.
- ↑ "Afghanistan to become 164th WTO member on 29 July 2016". Consultado o 1-7-2016.
- ↑ "The European Union and the WTO". World Trade Organization. Consultado o 2-8-2016.
- ↑ Jackson, J. H. Sovereignty, 109
- ↑ ROC Government Publication
- ↑ [3]
- ↑ "WT/L/509". WTO. Consultado o 18-2-2013.
- ↑ "Director-General Elect Azevêdo announces his four Deputy Directors-General". 17-8-2013. Consultado o 2-9-2013.
- ↑ "Previous GATT and WTO Directors-General". WTO. Consultado o 21-5-2011.
- Referencias
- ↑ A OMC ten acordos co Banco Mundial e o FMI. Foron concertados en cumprimento dunha "Decisión sobre o logro dunha maior coherencia na formulación da política económica a escala mundial", incluída na Acta Final da Ronda Uruguai.
- ↑ O edificio que lle serve de sede, o "Centro William Rappard", ten importancia histórica. Foi a primeira sede da Oficina Internacional do Traballo dende 1926. Dende 2008 foi obxecto de importantes obras de ampliación e renovación.
- ↑ A OMC tamén administra algúns acordos cualificados como "acordos plurilaterais" que escapan a esta regra. Só participan neles os países interesados en facelo. Os principais refírense ao comercio de aeronaves civís ([4]) e á contratación pública ([5]).
Véxase tamén
editarWikimedia Commons ten máis contidos multimedia na categoría: Organización Mundial do Comercio |