Organización internacional

asociación conformada por suxeitos de Dereito Internacional Público

Un organismo internacional ou organización intergobernamental (OIG)[1] é aquel que ten como membros Estados soberanos ou outras organizacións intergobernamentais. Tamén se pode empregar o termo organización internacional, con todo, este termo pode aludir xenericamente a calquera organización (incluídas aquelas privadas) con membros, obxectivos ou presenza internacional, mentres que o que se designa como organismo internacional sempre é de natureza pública. Para evitar posibles confusións, algunhas veces empréganse os termos organismo internacional gobernamental ou organismo internacional público.

Natureza xurídica

editar

Unha organización intergobernamental está suxeita ao dereito público internacional, con personalidade xurídica e plena capacidade de obrar, formada por acordo de distintos estados para trataren aspectos que lles son comúns.

Dentro do seu seo e a través de procedementos de complexidade variable, procura elaborar unha vontade xurídica distinta á dos seus estados membros, destinada a realizar as competencias que lles foron atribuídas. Esta vontade pódese manifestar a través de actos unilaterais ou por medio da concertación de tratados con outros suxeitos de dereito internacional.

Establecemento

editar

Falando naturalmente, unha organización internacional débese establecer mediante un tratado que provén dela con recoñecemento legal. As organizacións internacionais así establecidas están suxeitas ao dereito internacional e son capaces de entraren en acordos entre si mesmas ou cos estados. Así as organizacións internacionais nun sentido legal son distinguidas dos simples agrupamentos de estados, tales como o G-8 e o G-77, porque ningún dos dous casos anteriores foron fundados por un tratado, aínda que tamén en contextos non legais ás veces se alude a eles como organizacións internacionais. As organizacións internacionais deben tamén ser distinguidas como tratados; mentres que todas as organizacións internacionais son fundadas por un tratado (por exemplo 'O Libre Tratado de Comercio' "TLCAN" de Norteamérica (Canadá, Estados Unidos e México).

Clasificación

editar

Os organismos internacionais poden ser de moi diversos tipos. Unha clasificación sobre os mesmos establece as diferenzas:

  • En función da súa duración:
    • Permanentes, que son creados sen fixar un prazo para a finalización do seu mandato. (ONU)
    • Non permanentes, que son aqueles aos que se establece un cometido específico para unha duración determinada no tempo, transcorrido o cal deixan de existir.
  • Polas súas competencias:
    • Plenos, que son aqueles que teñen plena capacidade de acción sobre as materias delegadas polos Estados que os crearon e que poden adoptar resolucións a cuxo cumprimento están obrigadas as partes. (Unión Europea)
    • Semiplenos que son aqueles que, aínda tendo plena capacidade, requiren para adoptar resolucións vencellantes, a decisión preceptiva previa a cada acto dos membros que o compoñen. (OPEP)
    • De consulta, cuxas resolucións non son vencellantes e que pertencen ao ámbito do estudo reflexión. (OCDE)
  • Por razón da materia, segundo sexan as cuestións que traten: económicas, culturais, e outras. (CAACI)
  • Pola súa composición:
    • Puros, os integrados só por Estados soberanos. (Tribunal Penal Internacional)
    • Mestos, nos que, ademais dos Estados, con voz e, nalgúns casos voto, intégranse outras institucións públicas (concellos, provincias, Comunidades Autónomas, Estados Federados etc). (Unesco)
    • Integrados, nos que participan Estados e outros organismos internacionais. (FMI)
    • Autónomos, só compostos por organismos internacionais previamente existentes.

Organizacións rexionais

editar

África

América

Asia

Europa:

  1. Forma que emprega a ONU [1]

Véxase tamén

editar

Ligazóns externas

editar