Consello de Cooperación do Golfo

O Consello de Cooperación para os Estados Árabes do Golfo (en árabe: مجلس التعاون لدول الخليج العربي), coñecido orixinalmente (e aínda coloquialmente) como o Consello de Cooperación do Golfo (CCG, مجلس التعاون الخليجي), é unha unión rexional política e económica intergobernamental de todos os estados árabes do golfo Pérsico (Bahrein, Kuwait, Omán, Qatar, Arabia Saudita e os Emiratos Árabes Unidos), agás Iraq.[1][2] A Carta do CCG asinouse o 25 de maio de 1981, establecendo formalmente a institución.[3]

Modelo:Xeografía políticaConsello de Cooperación do Golfo
Imaxe

Localización
Editar o valor em Wikidata
Poboación
Lingua oficialárabe Editar o valor em Wikidata
Creación1981 Editar o valor em Wikidata
Organización política
Membro de

Páxina webgcc-sg.org… Editar o valor em Wikidata
Twitter: gccsg Instagram: gccprotocol Editar o valor em Wikidata

Todos os estados membros actuais son monarquías: tres monarquías constitucionais (Qatar, Kuwait e Bahrein),[4][5] dúas monarquías absolutas (Arabia Saudita e Omán) e unha monarquía federal (os Emiratos Árabes Unidos, composta por sete estados membros, cada un dos cales é unha monarquía absoluta co seu propio emir). Houbo discusións sobre a futura adhesión de Xordania, Marrocos e o Iemen.[6][7]

Arabia Saudita presentou unha proposta en 2011 para transformar o CCG nunha "Unión do Golfo" cunha coordinación económica, política e militar máis estreita, un movemento destinado a contrarrestar a influencia iraniana na rexión.[8][9] Outros países presentaron obxeccións contra a proposta.[10][11] En 2014, o primeiro ministro de Bahrein, Khalifa bin Salman Al Khalifa, dixo que os sucesos actuais na rexión destacaban a importancia da proposta..[12] O Escudo da Península, brazo militar do GCC, formouse en 1984.

Para reducir a súa futura dependencia do petróleo, os estados do CCG están a levar a cabo unha reforma estrutural económica sen precedentes.[13]

Fundación editar

A unión orixinal de 2 673 110 km2 comprendía Bahrein, Kuwait, Omán, Qatar, Arabia Saudita e os Emiratos Árabes Unidos. O acordo económico unificado entre os países do Consello de Cooperación do Golfo asinouse o 11 de novembro de 1981 en Abu Dhabi. Estes países adoitan denominarse "estados do CCG" ou "países do Golfo".

Obxectivos editar

En 2001, o Consello Supremo do CCG estableceu os seguintes obxectivos:

Omán anunciou en decembro de 2006 que non sería capaz de cumprir a data prevista de 2010 para unha moeda común. Tralo anuncio de que o banco central da unión monetaria estaría situado en Riad (Arabia Saudita) e non nos Emiratos Árabes Unidos, estes anunciaron a súa retirada do proxecto de unión monetaria en maio de 2009. Propúxose o nome khaleeji para esta moeda. De realizarse, a unión monetaria do CCG sería a segunda unión monetaria supranacional máis grande do mundo, medida polo PIB da área de moeda común.[15]

Outros obxectivos declarados inclúen:

  • Formular regulacións similares en campos como a relixión, as finanzas, o comercio, as aduanas, o turismo, a lexislación e a administración
  • Fomento do progreso científico e técnico na industria, na minaría, na agricultura, na auga e nos recursos animais
  • Establecemento de centros de investigación científica
  • Creación de empresas conxuntas
  • Exército unificado (Escudo da Península)
  • Fomento da cooperación do sector privado
  • Fortalecemento dos lazos entre os pobos

Esta área ten algunhas das economías de máis rápido crecemento do mundo, principalmente debido a un boom dos ingresos polo petróleo e polo gas natural xunto cun boom da construción e do investimento apoiado por décadas de ingresos aforrados do petróleo. Nun esforzo por construír unha base impoñible e unha base económica antes de que se esgoten as reservas, as ramas de investimento dos Emiratos Árabes Unidos, incluída a Autoridade de Investimento de Abu Dhabi, conservan máis de 900 000 millóns de dólares en activos. Outros fondos rexionais tamén teñen varios centos de miles de millóns de dólares en activos xestionados.

A rexión é un punto emerxente de eventos, incluídos os Xogos Asiáticos de 2006 en Doha, Qatar. Doha tamén presentou unha solicitude sen éxito para os Xogos Olímpicos de verán de 2016. Posteriormente, Qatar foi elixido para organizar a Copa Mundial da FIFA 2022.

Notas editar

  1. Hamdan, Sara (4 de xaneiro de 2012). "A Call for Private Investment in Gulf Health Care". The New York Times. Consultado o 8 de xullo de 2013. 
  2. "U.A.E. Quits Gulf Monetary Union". Wall Street Journal. 21 de maio de 2009. Consultado o 8 de xullo de 2013. 
  3. "Charter of the Gulf Cooperation Council (GCC)" (PDF). International Relations and Security Network. Consultado o 2 de marzo de 2017. 
  4. "US State Dept's Country Political Profile - Qatar" (PDF). 
  5. "US State Dept's Country Political Profile - Bahrain" (PDF). 
  6. Asma Alsharif (10 de maio de 2011). "1-Gulf bloc to consider Jordan, Morocco membership". Reuters. Arquivado dende o orixinal o 13 de maio de 2011. Consultado o 10 de maio de 2011. 
  7. "Yemen to join GCC by 2015". Arabian Business. Consultado o 15 de abril de 2015. 
  8. "GCC Members Consider Future of Union - Al-Monitor: the Pulse of the Middle East". Al-Monitor. 14 de xaneiro de 2013. Consultado o 15 de abril de 2015. 
  9. Andrew Hammond (17 de maio de 2012). "Analysis: Saudi Gulf union plan stumbles as wary leaders seek detail". Reuters. Arquivado dende o orixinal o 16 de marzo de 2015. Consultado o 13 de febreiro de 2021. 
  10. "Saudi Arabia Seeks Union of Monarchies in Region." The New York Times, 14 de maio de 2012.
  11. "Gulf Union on agenda at annual GCC summit". Al Arabiya News. english.alarabiya.net. 10 de decembro de 2013. Consultado o 20 de agosto de 2014. 
  12. "Gulf Union 'crucial for stability'". Gulf Digital News. 12 de agosto de 2014. Arquivado dende o orixinal o 17 de outubro de 2015. Consultado o 20 de agosto de 2014. 
  13. "A Return to Reform in the Gulf Cooperation Council". Stratfor. 24 de xaneiro de 2017. Consultado o 20 de febreiro de 2017. 
  14. Khan, Mohsin S. (abril de 2009). The GCC Monetary Union: Choice of Exchange Rate Regime (PDF). Washington DC: Peterson Institute for International Economics. Arquivado dende o orixinal (PDF) o 21 de maio de 2009. Consultado o 13 de febreiro de 2021. 
  15. 15,0 15,1 Sturm, Michael; Siegfried, Nikolaus (xuño de 2005). "Regional Monetary Integration in the Member States of the Gulf Cooperation Council" (PDF). Occasional Paper Series (Frankfurt am Main, Germany: European Central Bank). ISSN 1725-6534. Occasional Paper Series, No. 31. Consultado o 11 de maio de 2009. 
  16. Abed, George T.; Erbas, S. Nuri; Guerami, Behrouz (1 de abril de 2003). "The GCC Monetary Union: Some Considerations for the Exchange Rate Regime" (PDF). Imf Working Paper (Washington DC, USA: International Monetary Fund (IMF)). ISSN 1934-7073. Working Paper No. 03/66. Consultado o 11 de maio de 2009. 
  17. "Gulf Currency". Arquivado dende o orixinal o 23 de xaneiro de 2015. Consultado o 15 de abril de 2015. 

Véxase tamén editar

Bibliografía editar

Ligazóns externas editar