Golfo Pérsico
O Golfo Pérsico (الخليج الفارسي , خليج فارس) é un golfo localizado no Medio Oriente, como un brazo do Mar de Arabia, entre a Península da Arabia e o Irán.
Golfo Pérsico | |
---|---|
خليج فارس | |
![]() | |
Localización administrativa | |
Estado | ![]() ![]() ![]() ![]() ![]() ![]() ![]() ![]() |
Localización xeográfica | |
Océano / Mar | Océano Índico |
Continente | Asia |
Xeografía | |
Mares contiguos | Golfo de Omán |
Illas interiores | Qeshm (1491 km²) e Lavan (76 km²) (IRN) Bahrein (678 km²) (BHR) |
Afluentes | Río Shatt al-Arab |
Accidentes | |
Penínsulas | Península Arábiga |
Estreitos | Estreito de Ormuz (co golfo de Omán (mar Arábigo)) |
Características | |
Superficie | 233 000 km² |
Lonxitude máxima | 990 km |
Anchura máxima | 200-300 km |
Anchura mínima | 56 km |
Profundiade máxima | 90 m |
Profundidade media | 50 m |
Mapa | |
Localización do golfo Pérsico | |
![]() Vista satélite | |

Localización e características editar
Trátase dun mar interior con preto de 233 000 km2, ligado ao Mar da Arabia ao leste polo Estreito de Ormuz e polo Golfo de Omán, e co seu límite a oeste marcado polo delta de Shatt al-Arab, chamado Arvand-Rood polos iranianos, onde desaugan os ríos Éufrates e Tigris.
Países con litoral bañado polo Golfo Pérsico, en orde horaria, son: Irán, Arabia Saudita, Qatar (que ocupa unha península avanzada sobre o golfo), Bahrein (unha illa no golfo), Kuwait, Iraq, e Irán. O Golfo Pérsico e as súas áreas costeiras son a máis rica e máis usada fonte de petróleo; as industrias derivadas da extracción e refino dominan a rexión. Existen diversas illas no golfo, algunhas das cales son contestadas por estados veciños.
Nomenclatura editar
O nome Golfo Pérsico foi emprestado de numerosas linguas antigas (inclusive o grego), sendo utilizado amplamente desde a Antigüidade, en razón de ter existido alí a nación-estado da Persia (onde hoxe é o Irán). A mediados da década de 1960, co xurdimento do nacionalismo árabe, os países da rexión pasaron a chamalo "Golfo de Persia". O Irán, entón, enviou dúas peticións para as Nacións Unidas (en 1971 e 1984) esixindo o recoñecemento oficial da rexión como Golfo Pérsico. A maioría dos países denomina a rexión Golfo Pérsico, pero algúns países árabes usan o termo Golfo de Persia ou simplemente o Golfo.
Véxase tamén editar
Wikimedia Commons ten máis contidos multimedia na categoría: Golfo Pérsico |